1 00:00:13,221 --> 00:00:16,307 El é Ranma, da escola Saotome de artes marciais de estilo libre. 2 00:00:17,392 --> 00:00:19,769 Ela é Akane, do dojo Tendô. 3 00:00:20,895 --> 00:00:23,857 Os seus pais decidiron comprometelos. 4 00:00:23,940 --> 00:00:26,317 - Ti en min non mandas. - Que fastío. 5 00:00:26,401 --> 00:00:29,362 E Ranma ten un problema. 6 00:00:32,741 --> 00:00:34,075 Ti que raio fas? 7 00:00:34,159 --> 00:00:37,662 Transfórmase en rapaza cando lle tiran auga enriba. 8 00:02:09,045 --> 00:02:10,171 A CARTA DE AMOR PERFECTA 9 00:02:10,255 --> 00:02:11,381 - Bo día. - Oíchelo? 10 00:02:11,464 --> 00:02:12,757 O rumor sobre Ranma. 11 00:02:12,841 --> 00:02:15,760 Que? Que ten outra prometida? 12 00:02:15,844 --> 00:02:17,846 Contra, fala todo o mundo do tema. 13 00:02:18,805 --> 00:02:20,306 Que amable. 14 00:02:20,390 --> 00:02:21,724 Dáme unha! 15 00:02:21,808 --> 00:02:23,560 Pensas que é fácil? 16 00:02:23,643 --> 00:02:25,436 O meu corpo non aguanta. 17 00:02:25,520 --> 00:02:28,731 Xa estou bastante ocupado coa miña prometida pesada. 18 00:02:29,983 --> 00:02:33,361 Daquela por que non casas coa outra? 19 00:02:36,698 --> 00:02:38,867 Ryôga, canto tempo. 20 00:02:38,950 --> 00:02:42,078 Toma, un recordo de Okinawa. 21 00:02:42,662 --> 00:02:44,831 Non foras á prefectura de Shiga? 22 00:02:45,415 --> 00:02:47,834 Akane, oín o rumor. 23 00:02:48,418 --> 00:02:51,504 Cal? O da outra prometida? 24 00:02:51,588 --> 00:02:55,341 Non pasa nada, dáme igual con quen saia Ranma. 25 00:02:55,425 --> 00:02:57,802 - Iso di. - É inaceptable! 26 00:02:58,386 --> 00:03:00,889 Dá igual quen sexa a outra, 27 00:03:00,972 --> 00:03:05,727 serche infiel é un gran insulto cara a ti, Akane! 28 00:03:07,145 --> 00:03:09,439 E que? Non o decidín eu! 29 00:03:13,026 --> 00:03:15,278 - Non ía dicir nada… - Soa a… 30 00:03:15,361 --> 00:03:17,864 …pero quéixaste do matrimonio doutros. 31 00:03:18,489 --> 00:03:20,241 Voute esnaquizar! 32 00:03:24,662 --> 00:03:26,414 Nunca te vira, 33 00:03:26,497 --> 00:03:30,501 pero non podo deixar vivir a ninguén que estea da parte de Ranma! 34 00:03:30,585 --> 00:03:33,504 Para, Ryôga! É unha rapaza! 35 00:03:33,588 --> 00:03:34,589 Unha rapaza? 36 00:03:38,551 --> 00:03:41,429 Si, claro, non hai dúbida, es un home! 37 00:03:41,512 --> 00:03:44,766 A quen chamas home? Bomba de fariña! 38 00:03:45,475 --> 00:03:46,476 Estás acabado. 39 00:03:54,859 --> 00:03:56,986 O golpe final! 40 00:03:57,070 --> 00:03:58,905 Para, Ryôga! 41 00:04:00,657 --> 00:04:03,117 Mira ben, Ucchan é unha rapaza. 42 00:04:03,618 --> 00:04:04,869 Baixaches a garda! 43 00:04:09,874 --> 00:04:11,960 A ver, non te axudei? 44 00:04:12,043 --> 00:04:15,213 - Ensinando o peito da túa prometida? - Que non o es. 45 00:04:15,296 --> 00:04:17,840 - Había máis solucións. - Decidiuno o calvo. 46 00:04:17,924 --> 00:04:19,801 - Ukyô non era un home? - Ryôga… 47 00:04:19,884 --> 00:04:22,303 ENFERMARÍA 48 00:04:25,139 --> 00:04:27,517 Grazas a Deus. Estás esperto? 49 00:04:28,393 --> 00:04:32,730 Ryôga, síntoo moito, fixéronche dano por culpa miña. 50 00:04:32,814 --> 00:04:35,650 Non, fíxeno porque quixen. 51 00:04:36,234 --> 00:04:38,653 Pero grazas. 52 00:04:43,366 --> 00:04:44,701 Akane! 53 00:04:50,790 --> 00:04:52,959 En que raio estabas pensando? 54 00:04:53,042 --> 00:04:54,585 Por favor. 55 00:04:55,795 --> 00:04:57,714 En fin, Ryôga. 56 00:04:57,797 --> 00:05:01,718 Non te preocupes por nós, habemos de estar ben. 57 00:05:02,302 --> 00:05:04,345 Vale. 58 00:05:10,310 --> 00:05:11,728 Que queres dicir… 59 00:05:12,937 --> 00:05:15,064 con nós? 60 00:05:15,148 --> 00:05:16,274 Oes! 61 00:05:16,357 --> 00:05:18,818 E os meus sentimentos, que? 62 00:05:20,278 --> 00:05:22,071 Por que te pos así de triste? 63 00:05:23,489 --> 00:05:25,908 Gústache Akane, non? 64 00:05:25,992 --> 00:05:27,618 Cabrón! 65 00:05:28,119 --> 00:05:30,288 Estou do teu lado, vale? 66 00:05:30,872 --> 00:05:32,790 Déixame volver presentarme. 67 00:05:32,874 --> 00:05:35,001 Son Ukyô, cociñeira de okonomiyaki. 68 00:05:35,084 --> 00:05:37,670 A prometida superriquiña de Ranma. 69 00:05:39,547 --> 00:05:41,215 OKONOMIYAKI - UCCHAN 70 00:05:42,258 --> 00:05:44,344 Akane e eu de cita? 71 00:05:44,844 --> 00:05:46,804 Organizareino eu todo. 72 00:05:48,097 --> 00:05:49,766 Seguro que di que non. 73 00:05:50,600 --> 00:05:51,934 Covarde. 74 00:05:52,018 --> 00:05:53,227 Desgraciada! 75 00:05:54,437 --> 00:05:55,646 A prancha arde! 76 00:05:56,356 --> 00:05:57,648 Ti fíate de min. 77 00:05:58,149 --> 00:06:00,902 Asegurareime de que vaia a esa cita. 78 00:06:03,029 --> 00:06:05,406 Tes xeito de obrigala a que acepte? 79 00:06:07,158 --> 00:06:11,371 Conseguirei que a súa cita sexa todo un éxito. 80 00:06:12,038 --> 00:06:13,790 Se os dous se namoran, 81 00:06:13,873 --> 00:06:17,001 serei a única prometida de Ranma. 82 00:06:17,085 --> 00:06:19,087 AKANE, VÉMONOS MAÑÁ ÁS 14:00. RYÔGA 83 00:06:19,170 --> 00:06:20,963 Unha carta de amor perfecta! 84 00:06:21,047 --> 00:06:22,924 Como? Amor? 85 00:06:23,007 --> 00:06:25,468 Agora voulle levar isto. 86 00:06:25,551 --> 00:06:27,261 Agora? 87 00:06:27,345 --> 00:06:30,473 Teño que aproveitar o momento. Mañá é o teu gran día. 88 00:06:33,184 --> 00:06:36,312 Deberías ir á casa e prepararte para a cita. 89 00:06:45,071 --> 00:06:46,948 Akane! 90 00:06:47,657 --> 00:06:48,699 Esa voz é… 91 00:06:51,661 --> 00:06:52,787 Ukyô. 92 00:06:52,870 --> 00:06:54,789 Perdón por interromperche a cea. 93 00:06:55,289 --> 00:06:57,041 Es amiga de Akane? 94 00:06:57,125 --> 00:06:58,292 Papá. 95 00:06:58,376 --> 00:06:59,752 Preséntocha. 96 00:07:00,253 --> 00:07:03,798 Ela é a prometida riquiña de Ranma, Ukyô Kuonji. 97 00:07:04,799 --> 00:07:05,883 A prometida de… 98 00:07:05,967 --> 00:07:07,427 Boa noite, señor. 99 00:07:08,302 --> 00:07:13,099 Fuches ti quen decidiches unilateralmente que Ukyô fose a miña prometida. 100 00:07:13,182 --> 00:07:14,225 Responsabilízate. 101 00:07:14,809 --> 00:07:17,687 Se o pai de Akane o descobre… 102 00:07:19,856 --> 00:07:21,607 Imperdoable. 103 00:07:24,527 --> 00:07:26,487 Por que viñeches verme? 104 00:07:27,071 --> 00:07:30,116 Akane, non te levas ben con Ranma, non? 105 00:07:30,199 --> 00:07:31,284 Que? 106 00:07:31,367 --> 00:07:34,871 Ou sexa, que podes deixar de ser a súa prometida. 107 00:07:34,954 --> 00:07:36,080 Xa, é que… 108 00:07:36,164 --> 00:07:38,374 Ou gústache Ranma? 109 00:07:39,000 --> 00:07:42,587 Non me digas que estades profundamente namorados…. 110 00:07:42,670 --> 00:07:44,088 Claro que si. 111 00:07:44,172 --> 00:07:47,133 Non! Desa muller tan brava? Nunca! 112 00:07:50,553 --> 00:07:52,889 - Non vos levades ben. - Tes razón. 113 00:07:53,973 --> 00:07:57,935 Sabes que pasará se deixas a Akane, 114 00:07:58,895 --> 00:08:00,813 non? 115 00:08:02,690 --> 00:08:07,320 Por que non solucionamos isto dunha vez por todas? Estarei esperando. 116 00:08:07,403 --> 00:08:08,613 MAÑÁ ÁS 14:00, RYÔGA 117 00:08:09,113 --> 00:08:10,698 É unha carta? 118 00:08:14,035 --> 00:08:15,495 "Para Akane Tendô. 119 00:08:15,578 --> 00:08:19,290 Espérote mañá ás 14:00 en Okonomiyaki Ucchan." 120 00:08:19,916 --> 00:08:21,000 Será un reto? 121 00:08:22,668 --> 00:08:26,297 Como? Planeaches unha cita para Akane e Ryôga? 122 00:08:26,380 --> 00:08:29,258 Si, acabo de darlle a carta de amor. 123 00:08:29,342 --> 00:08:32,136 Akane non vai ir, nin de broma. 124 00:08:33,012 --> 00:08:34,680 Pareces moi confiado. 125 00:08:36,057 --> 00:08:37,642 Akane ten… 126 00:08:37,725 --> 00:08:41,229 a personalidade máis desagradable de todo Xapón. 127 00:08:43,856 --> 00:08:45,942 Pedíronme unha cita! 128 00:08:46,025 --> 00:08:48,653 Teño que ir guapísima. 129 00:08:50,196 --> 00:08:53,115 Ante a mínima posibilidade de que vaia, 130 00:08:53,616 --> 00:08:57,036 darei cen voltas á cidade correndo vestido de muller. 131 00:08:57,119 --> 00:09:02,833 Non me creo que haxa unha rapaza tan desagradable no mundo. 132 00:09:04,835 --> 00:09:08,130 Que rabia, non contaba con iso. 133 00:09:09,966 --> 00:09:12,885 Pero, aínda así, Ryôga… 134 00:09:12,969 --> 00:09:16,347 non ten nin o valor de pedirllo el, que ridículo. 135 00:09:21,394 --> 00:09:24,814 Ou sexa, que podes deixar de ser a súa prometida. 136 00:09:25,314 --> 00:09:28,901 Que queres dicir? Se fuches ti a que saíu da nada! 137 00:09:29,527 --> 00:09:31,946 Acepto o teu reto con gusto. 138 00:09:33,531 --> 00:09:34,615 Que pasa, Ranma? 139 00:09:34,699 --> 00:09:37,702 Xa é case a hora. Non tes que ir prepararte? 140 00:09:37,785 --> 00:09:38,911 Métete no teu. 141 00:09:39,662 --> 00:09:41,038 En fin, Ranma. 142 00:09:41,122 --> 00:09:44,125 Máis che vale non interpoñerte entre nós. 143 00:09:44,208 --> 00:09:46,627 Quen? Que? 144 00:09:46,711 --> 00:09:48,296 Nós? 145 00:09:49,714 --> 00:09:52,133 Non me digas que vas ir en serio. 146 00:09:52,216 --> 00:09:55,094 Non teño forma de negarme, non? 147 00:09:56,429 --> 00:09:58,347 Ei… 148 00:09:58,431 --> 00:10:00,308 Teño moita gana de ir! 149 00:10:01,601 --> 00:10:03,477 Cando te convertiches nunha… 150 00:10:05,521 --> 00:10:06,939 Vouche dicir unha cousa. 151 00:10:07,523 --> 00:10:11,110 Non me interesa ser a túa prometida, entendes? 152 00:10:12,987 --> 00:10:15,990 Non son tan desvergonzada como para ir só por iso. 153 00:10:22,496 --> 00:10:24,290 Por min non hai fallo. 154 00:10:26,125 --> 00:10:28,461 Telo merecido, Ranma. 155 00:10:28,544 --> 00:10:31,297 Non te interpoñas entre nós, vale? 156 00:10:31,797 --> 00:10:35,593 Nin se che ocorra pensar que vai ser tan fácil! 157 00:10:38,220 --> 00:10:39,472 Aquí estou! 158 00:10:39,555 --> 00:10:40,890 Akane! 159 00:10:41,599 --> 00:10:43,893 Que alegría, viñeches! 160 00:10:43,976 --> 00:10:45,227 Claro. 161 00:10:45,311 --> 00:10:48,606 Iso quere dicir que non queres saír con el? 162 00:10:48,689 --> 00:10:50,733 Espera, que dis? 163 00:10:53,277 --> 00:10:54,528 Conseguino. 164 00:10:55,446 --> 00:10:56,739 Ryôga? 165 00:10:57,448 --> 00:11:00,201 - Perdón, perdinme… - O restaurante de okonomiyaki? 166 00:11:00,785 --> 00:11:03,204 - …de camiño. - Onde está? 167 00:11:03,287 --> 00:11:06,082 Non é un reto? 168 00:11:06,165 --> 00:11:07,291 Que reto? 169 00:11:10,336 --> 00:11:12,004 Compreinas cando saín. 170 00:11:12,713 --> 00:11:14,590 Grazas. 171 00:11:14,674 --> 00:11:17,051 Que lle pasaría de camiño? 172 00:11:17,134 --> 00:11:18,469 PARABÉNS 173 00:11:18,552 --> 00:11:20,888 Para desexarvos unha boa primeira cita, 174 00:11:20,971 --> 00:11:22,973 convida a casa. 175 00:11:23,057 --> 00:11:24,475 Primeira cita? 176 00:11:26,185 --> 00:11:27,561 Entendo. 177 00:11:27,645 --> 00:11:32,233 Intenta que deixe de ser a prometida de Ranma buscándome outro mozo. 178 00:11:32,733 --> 00:11:35,820 Non sei como meteu nisto ao cachiño de pan de Ryôga. 179 00:11:47,957 --> 00:11:48,958 Está bo, non? 180 00:11:53,546 --> 00:11:56,215 Vou deter a súa cita, voume interpoñer! 181 00:11:56,298 --> 00:11:57,883 Voume interpoñer! 182 00:12:01,011 --> 00:12:02,179 RESERVA PRIVADA 183 00:12:02,263 --> 00:12:04,765 Vale, eu marcho! 184 00:12:04,849 --> 00:12:05,850 Que? Ei! 185 00:12:05,933 --> 00:12:08,144 Espera, onde vas? 186 00:12:08,227 --> 00:12:09,812 A carabina marcha. 187 00:12:09,895 --> 00:12:12,606 Vas marchar e deixarme só con ela? 188 00:12:12,690 --> 00:12:15,151 Que é unha cita! 189 00:12:15,234 --> 00:12:17,820 Daquela que fago? 190 00:12:17,903 --> 00:12:23,367 Entendo. Supoño que obrigou a Ryôga a estar comigo hoxe. 191 00:12:23,451 --> 00:12:25,161 Se che gusta, mocea con ela! 192 00:12:25,244 --> 00:12:28,414 Toleaches? Non confirmei o que sente por min. 193 00:12:28,497 --> 00:12:31,417 Se es un home! Ti faino! 194 00:12:32,126 --> 00:12:35,212 Non marches! Queda comigo! 195 00:12:35,296 --> 00:12:37,214 - Suplícocho! - Es pesadísimo. 196 00:12:37,298 --> 00:12:38,299 Vale. 197 00:12:38,382 --> 00:12:42,595 Xa que Ryôga ten tan pouca gana de estar aquí, é mellor… 198 00:12:43,220 --> 00:12:44,638 - Non é iso! - Gústame! 199 00:12:44,722 --> 00:12:47,808 Akane, os meus sentimentos por ti sempre… 200 00:12:47,892 --> 00:12:49,018 Si? A ver… 201 00:12:52,438 --> 00:12:55,107 Ryôga, infiel! 202 00:12:56,025 --> 00:12:57,276 Que? 203 00:12:57,359 --> 00:12:59,487 Como te atreves a descoidarme 204 00:13:00,571 --> 00:13:03,073 e saír con outra muller? 205 00:13:03,824 --> 00:13:06,202 Bordeino con este disfrace, é perfecto. 206 00:13:07,828 --> 00:13:11,832 É un malentendido, Akane. Non teño nin idea de quen é esta muller! 207 00:13:11,916 --> 00:13:13,292 Quen es? 208 00:13:14,418 --> 00:13:15,461 Son… 209 00:13:16,086 --> 00:13:20,341 a prometida de Ryôga! 210 00:13:23,511 --> 00:13:24,804 Prometida? 211 00:13:24,887 --> 00:13:29,517 Non sabía que tiña unha prometida. 212 00:13:30,226 --> 00:13:32,394 Non me sorprende que non o saibas, 213 00:13:32,478 --> 00:13:36,315 foron nosos pais os que nos comprometeron. 214 00:13:37,525 --> 00:13:39,777 Que fas? Bruta! 215 00:13:39,860 --> 00:13:41,779 Que pensas? 216 00:13:41,862 --> 00:13:43,447 Que debo facer? 217 00:13:43,531 --> 00:13:45,574 Por que dubidas? 218 00:13:45,658 --> 00:13:50,329 Deixarás que unha prometida insolente saia da nada e che diga que tes que facer? 219 00:13:51,247 --> 00:13:54,291 Ten razón, non teño por que dubidar. 220 00:13:55,000 --> 00:13:58,254 Quérote, Akane! 221 00:13:59,547 --> 00:14:01,131 - Akane! - Si? 222 00:14:01,632 --> 00:14:03,217 Gústasme… 223 00:14:04,969 --> 00:14:07,054 Que fas? 224 00:14:07,680 --> 00:14:09,723 Se me deixas… 225 00:14:12,560 --> 00:14:14,144 Fareiche isto! 226 00:14:17,690 --> 00:14:19,108 Para xa! 227 00:14:25,614 --> 00:14:29,785 Atrevida! Akane e Ryôga estaban a piques de confirmar o seu amor. 228 00:14:29,869 --> 00:14:33,289 - Oes. - Vaste interpoñer? 229 00:14:38,377 --> 00:14:40,379 Imos escapar os dous! 230 00:14:40,880 --> 00:14:41,922 Ei! 231 00:14:44,633 --> 00:14:47,303 Onde foi esa muller? 232 00:14:49,430 --> 00:14:52,892 Por que teño que agocharme como unha rata? 233 00:14:52,975 --> 00:14:53,976 COIDEN O PARQUE 234 00:14:54,059 --> 00:14:56,478 Escoita, gústame alguén… 235 00:14:56,562 --> 00:14:59,106 Iso xa o sei, P-chan. 236 00:14:59,899 --> 00:15:02,318 Como o sabes? 237 00:15:02,401 --> 00:15:04,653 - É parvo. - Quen cho dixo? 238 00:15:04,737 --> 00:15:07,406 - Non se decatou aínda? - Quen? Como o sabes? 239 00:15:07,489 --> 00:15:08,657 Que diversión. 240 00:15:09,158 --> 00:15:11,577 É porque son a túa prometida. 241 00:15:12,286 --> 00:15:15,289 Seino todo do home que amo. 242 00:15:17,541 --> 00:15:18,959 Sabíalo e, aínda así… 243 00:15:21,378 --> 00:15:24,048 - quéresme. - Que? 244 00:15:25,925 --> 00:15:28,552 Non o tomes tan en serio. 245 00:15:30,387 --> 00:15:31,388 Que alegría! 246 00:15:31,472 --> 00:15:33,599 Sabes quen son de verdade? 247 00:15:34,099 --> 00:15:36,143 Non es a miña prometida? 248 00:15:38,437 --> 00:15:40,648 METE O LIXO NA PAPELEIRA 249 00:15:40,731 --> 00:15:43,609 Que fas? Desgraciado! Sóltame! 250 00:15:44,902 --> 00:15:46,570 Case. 251 00:15:47,613 --> 00:15:49,073 - Non! - Ryôga! 252 00:15:50,199 --> 00:15:53,869 Pobre Ryôga, sinto moito que te meteran nisto. 253 00:15:58,082 --> 00:16:01,043 Teslle rancor a Ryôga? 254 00:16:02,127 --> 00:16:05,255 Que pena que a túa cita fose un desastre. 255 00:16:08,258 --> 00:16:11,136 Ranma, puxécheste celoso? 256 00:16:11,637 --> 00:16:15,182 Non te creas tan importante, facilona! 257 00:16:15,766 --> 00:16:17,643 Facilona? 258 00:16:18,268 --> 00:16:21,605 Se moceabas como unha tola con el por unha carta de nada. 259 00:16:25,025 --> 00:16:27,444 O único que mocea como un tolo 260 00:16:28,278 --> 00:16:30,614 es ti, imbécil! 261 00:16:33,450 --> 00:16:36,620 Eu non sabía nin que era unha cita. 262 00:16:37,246 --> 00:16:41,000 Vale, se vas pensar iso de min… 263 00:16:41,709 --> 00:16:42,710 O DÍA SEGUINTE 264 00:16:42,793 --> 00:16:43,877 CAFETERÍA 265 00:16:44,753 --> 00:16:47,798 Perdón por pedirche que estiveses comigo hoxe. 266 00:16:48,549 --> 00:16:49,842 Moléstoche? 267 00:16:49,925 --> 00:16:52,344 Non, para nada. 268 00:16:56,724 --> 00:16:58,142 Debe ser un soño. 269 00:16:58,892 --> 00:17:01,812 Non o creo, pediume ela para saír! 270 00:17:02,646 --> 00:17:04,815 Algo tan marabilloso… 271 00:17:06,358 --> 00:17:09,695 non pode ser real! 272 00:17:09,778 --> 00:17:11,697 Señor! 273 00:17:13,365 --> 00:17:14,575 Estou ben. 274 00:17:15,159 --> 00:17:16,618 Sabía que era un soño. 275 00:17:18,996 --> 00:17:20,873 Ryôga? 276 00:17:22,791 --> 00:17:24,877 Doeume un pouco. 277 00:17:24,960 --> 00:17:26,170 Non é un soño. 278 00:17:26,253 --> 00:17:27,838 Imos a outro lado? 279 00:17:28,422 --> 00:17:29,840 Parece que o pasan ben. 280 00:17:33,469 --> 00:17:36,430 Veña, vamos dar un paseo en barco. 281 00:17:37,014 --> 00:17:40,559 Non sería horrible que caeses no lago, P…? 282 00:17:44,813 --> 00:17:46,774 Non nos sigades, desgraciados! 283 00:17:46,857 --> 00:17:48,650 PROHIBIDO PESCAR 284 00:17:48,734 --> 00:17:53,655 Pasade e ignorádenos, estou de cita con Ranma! 285 00:17:55,115 --> 00:17:58,160 Despois de estragar así a miña cita? 286 00:17:58,744 --> 00:18:01,038 Agora ides vós de cita? 287 00:18:05,417 --> 00:18:06,418 Ranma! 288 00:18:07,419 --> 00:18:08,670 Un infiel coma ti 289 00:18:08,754 --> 00:18:12,174 non ten dereito a dicir que Akane é a súa prometida. 290 00:18:15,886 --> 00:18:21,225 Ryôga, infiel! 291 00:18:21,809 --> 00:18:26,522 Descoidar a túa prometida… 292 00:18:26,605 --> 00:18:30,984 Cando me abrazaches o outro día, 293 00:18:31,610 --> 00:18:34,947 finxías que me amabas? 294 00:18:38,283 --> 00:18:41,995 A min non me importa que sexas un porco. 295 00:18:44,081 --> 00:18:46,917 Se cadra non coñezo nunca máis outra muller 296 00:18:47,000 --> 00:18:50,212 que me volva dicir iso en toda a vida. 297 00:18:51,296 --> 00:18:54,967 Esta muller cantas veces se vai entremeter no meu camiño? 298 00:18:56,593 --> 00:18:58,595 Ti es o único para min. 299 00:18:58,679 --> 00:19:00,180 Dilo de verdade? 300 00:19:02,266 --> 00:19:04,810 Deberías escapar, Ranma. 301 00:19:05,352 --> 00:19:08,272 Quen é ese tal Ranma? 302 00:19:09,022 --> 00:19:11,066 Es ti! 303 00:19:11,567 --> 00:19:13,402 Ranma! 304 00:19:13,485 --> 00:19:16,238 - Non te enfades, Ryôga. - Ranma? 305 00:19:16,822 --> 00:19:18,323 Voute matar! 306 00:19:22,536 --> 00:19:25,414 Non vou caer ao lago! 307 00:19:31,628 --> 00:19:33,380 Dá igual quen fose, 308 00:19:33,463 --> 00:19:36,717 o meu corazón traizoou brevemente a Akane. 309 00:19:39,219 --> 00:19:42,014 É imposible, non dou creto. 310 00:19:42,097 --> 00:19:44,558 Que ten de divertido molestar a Ryôga? 311 00:19:45,058 --> 00:19:47,853 Síntoo, Ryôga, o parvo de Ranma… 312 00:19:47,936 --> 00:19:50,856 Adeus, Akane. 313 00:19:51,398 --> 00:19:53,317 Non nos volveremos ver. 314 00:19:56,153 --> 00:19:57,196 Ryôga. 315 00:19:57,279 --> 00:20:00,908 Perdín o dereito de amar a Akane! 316 00:20:04,077 --> 00:20:06,747 - Ryôga! - Foi todo culpa de Ranma. 317 00:20:09,708 --> 00:20:12,044 Non pensei que lle faría tanto dano. 318 00:20:20,928 --> 00:20:23,722 P-chan? Que fas aquí? 319 00:20:25,515 --> 00:20:28,060 P-chan! Ei! 320 00:20:34,816 --> 00:20:35,817 Ven aquí. 321 00:20:40,781 --> 00:20:43,158 Ryôga marchou? 322 00:20:43,242 --> 00:20:46,703 O de despedirte era mentira, non, Ryôga? 323 00:20:46,787 --> 00:20:49,748 Este porco non é incriblemente parvo? 324 00:20:55,045 --> 00:20:59,549 Ranma, descúlpate como é debido con Ryôga cando volva. 325 00:21:00,342 --> 00:21:03,470 Creo que xa se sente mellor. 326 00:21:11,853 --> 00:21:14,815 Contra, que divertido! 327 00:21:15,315 --> 00:21:17,526 Non te cansaches xa? 328 00:21:17,609 --> 00:21:20,862 Que dis? Aínda non. 329 00:21:22,656 --> 00:21:23,824 Outra vez! 330 00:22:56,917 --> 00:23:01,922 Subtítulos: Ainoa Antelo Pérez