1 00:00:36,666 --> 00:00:37,875 Listas, mozas? 2 00:00:38,625 --> 00:00:43,541 Vamos, familia Kelly, que nos pasa o día. Está clareando. Perfecto para navegar. 3 00:00:43,625 --> 00:00:45,000 Colliches os refrescos? 4 00:00:45,083 --> 00:00:46,166 Ti que cres? 5 00:00:47,125 --> 00:00:49,541 Poñede o chaleco antes de subir ao barco. 6 00:00:49,625 --> 00:00:53,250 - Temos que ir todas as findes? - Non sabes a sorte que tes. 7 00:00:53,333 --> 00:00:55,375 Cantas amigas túas teñen barco? 8 00:00:55,458 --> 00:00:56,833 Nin sequera ten motor. 9 00:00:56,916 --> 00:00:59,208 - Catherine Alexis. - Agora son Lexy. 10 00:00:59,291 --> 00:01:00,416 Claro. 11 00:01:00,500 --> 00:01:01,833 Subide ao barco. 12 00:01:03,833 --> 00:01:05,875 Pódoche dar un consello? 13 00:01:05,958 --> 00:01:07,625 Non sei, Andrea. Podes? 14 00:01:08,291 --> 00:01:10,125 Vixía o que fas contigo mesma. 15 00:01:10,208 --> 00:01:11,583 Iso non é un consello. 16 00:01:12,250 --> 00:01:16,708 E, non sei, igual podías escoller mellor. 17 00:01:19,291 --> 00:01:20,500 E… 18 00:01:21,666 --> 00:01:23,333 non comas tanta porcallada. 19 00:01:23,916 --> 00:01:25,166 Vas envorcar o barco. 20 00:01:28,750 --> 00:01:30,875 Cóllesme o inhalador no mesado? 21 00:01:33,250 --> 00:01:35,625 Catherine! Veña, rula! 22 00:02:04,666 --> 00:02:07,333 Miña nai dicía que, se vas facer algo, 23 00:02:07,416 --> 00:02:09,375 é mellor facelo ben. 24 00:02:12,458 --> 00:02:17,416 E, coma case todo na vida, canto máis fas algo, máis doado resulta. 25 00:02:21,291 --> 00:02:23,125 - Colliches o inhalador? - Si. 26 00:02:23,208 --> 00:02:25,958 Supoño que esta regra tamén vale 27 00:02:26,541 --> 00:02:28,000 para matar xente. 28 00:02:33,833 --> 00:02:34,833 Andrea? 29 00:02:35,708 --> 00:02:36,791 Andrea, cariño? 30 00:02:37,500 --> 00:02:39,000 - Rick! - Ai, Deus! 31 00:02:39,083 --> 00:02:41,666 - Onde vai o inhalador? - Catherine, axúdalle! 32 00:02:41,750 --> 00:02:43,541 Cálmate! Respira, cariño. 33 00:02:44,750 --> 00:02:45,583 Axuda! 34 00:02:45,666 --> 00:02:48,625 Non! 35 00:03:03,666 --> 00:03:07,708 Jack, son eu. Tes que vir aquí canto antes. 36 00:03:07,791 --> 00:03:10,458 - Mandeiche a localización. Mira… - Morreu. 37 00:03:10,541 --> 00:03:13,708 Deus. Miña irmá… Morreu miña irmá. 38 00:03:13,791 --> 00:03:15,166 Que? Como? 39 00:03:15,708 --> 00:03:17,125 Matárona. 40 00:03:19,583 --> 00:03:22,125 E eu dixéralle que non lle pasaría nada. 41 00:03:22,208 --> 00:03:24,333 - Ai, Deus, Jack. - Díxenllo… 42 00:03:24,416 --> 00:03:27,541 Mira, eu sei quen a matou. Foi Lexy Jones. 43 00:03:27,625 --> 00:03:30,750 Tamén matou a Rachel e Helen. Richard debeu colaborar. 44 00:03:30,833 --> 00:03:32,083 Con quen falas? 45 00:03:35,791 --> 00:03:36,750 Quen é? 46 00:03:37,250 --> 00:03:38,958 Hostia. Quen é? 47 00:03:39,041 --> 00:03:41,541 Xa vou, Anna! 48 00:03:42,125 --> 00:03:43,125 Anna! 49 00:03:43,875 --> 00:03:44,833 Anna! 50 00:03:46,000 --> 00:03:47,333 Anna, xa vou, vale? 51 00:03:47,416 --> 00:03:49,208 Xa vou, Anna. Óesme? 52 00:03:49,291 --> 00:03:51,541 - Xa vou. - Quero falar con vostede. 53 00:03:51,625 --> 00:03:53,416 - Que fas aquí? - Que pasou? 54 00:03:53,500 --> 00:03:56,000 Anna está en perigo, no lago Zwerner. 55 00:03:56,083 --> 00:03:58,000 Lexy Jones é a asasina. Richard axúdaa. 56 00:03:58,083 --> 00:03:59,333 - Lexy Jones? - Si. 57 00:03:59,416 --> 00:04:02,083 - Teño que falar con vostede. - Ven comigo. 58 00:04:02,166 --> 00:04:04,333 Alto. Alto aí. 59 00:04:04,875 --> 00:04:05,708 Alto. 60 00:04:06,333 --> 00:04:08,458 - Toleaches, cona? - Temos que falar. 61 00:04:08,541 --> 00:04:10,583 Apúntasme cunha arma, Priya? 62 00:04:10,666 --> 00:04:13,708 Por que foi ao depósito por un anel que non perdera? 63 00:04:13,791 --> 00:04:15,291 Anna está en perigo. 64 00:04:15,375 --> 00:04:17,125 - Non teño tempo! - Alto. 65 00:04:17,208 --> 00:04:18,416 Temos que falar. 66 00:04:18,500 --> 00:04:20,500 - Ei! - Está bañado en sangue! 67 00:04:20,583 --> 00:04:22,333 Baixa a puta arma! 68 00:04:22,416 --> 00:04:25,666 Entregou ADN contaminado. Mandábame centrarme en Clyde. 69 00:04:25,750 --> 00:04:27,875 - Cancelou os datos do teléfono. - Báixaa! 70 00:04:27,958 --> 00:04:30,458 - Ten que falar comigo. - Baixa a puta arma! 71 00:04:30,541 --> 00:04:31,708 - Baixa… - Alto! 72 00:04:31,791 --> 00:04:32,958 - Deus. - Alto aí! 73 00:04:33,041 --> 00:04:36,875 Que vas facer, dispararme? Vasme disparar, Priya? 74 00:04:36,958 --> 00:04:40,625 Non imos a ningures ata que me responda. 75 00:04:40,708 --> 00:04:41,666 Merda. 76 00:04:41,750 --> 00:04:45,833 Son a detective Patel! Preciso apoio na casa do detective Harper xa! 77 00:04:46,916 --> 00:04:47,916 Ala… 78 00:04:48,958 --> 00:04:50,708 Sodes uns putos cabróns! 79 00:04:51,875 --> 00:04:53,333 Quen, Richard? 80 00:04:53,416 --> 00:04:55,416 Os ricos e privilexiados, 81 00:04:55,916 --> 00:04:58,666 putos manipuladores de merda. 82 00:04:58,750 --> 00:05:00,208 Ah, eses. 83 00:05:00,291 --> 00:05:03,708 Pensades que podedes facer e dicir o que vos peta, 84 00:05:03,791 --> 00:05:07,000 durmir con quen vos peta sen pagar as consecuencias. 85 00:05:07,083 --> 00:05:08,916 Ti sabes que eu non son así. 86 00:05:09,000 --> 00:05:10,541 Ti es exactamente así. 87 00:05:10,625 --> 00:05:13,666 Igual non te decataches de con quen estás casado. 88 00:05:13,750 --> 00:05:16,916 - Alto! Esperamos aquí! - Priya… 89 00:05:17,000 --> 00:05:20,000 - Priya, espera. Quero que penses, vale? 90 00:05:20,083 --> 00:05:22,750 Pensa. Son eu, vale? 91 00:05:22,833 --> 00:05:24,458 Tes que confiar en min. 92 00:05:25,041 --> 00:05:26,958 Son Jack. O teu amigo Jack. 93 00:05:27,041 --> 00:05:28,083 Nada máis, vale? 94 00:05:28,166 --> 00:05:30,416 Prometo que todo ten explicación. 95 00:05:30,500 --> 00:05:31,666 Prométocho. 96 00:05:34,208 --> 00:05:35,041 Hostia. 97 00:05:37,375 --> 00:05:40,583 Richard, non tes que seguir con isto. 98 00:05:40,666 --> 00:05:42,583 Non tes que axudarlle. 99 00:05:42,666 --> 00:05:43,666 Axudarlle a que? 100 00:05:46,625 --> 00:05:48,208 A matar esas mulleres? 101 00:05:48,750 --> 00:05:52,583 Esa é a noticia coa que vas revivir a túa carreiriña? 102 00:05:52,666 --> 00:05:55,250 Dás puta mágoa, Anna. 103 00:05:55,833 --> 00:05:56,958 - Si? - Si. 104 00:06:03,083 --> 00:06:04,000 Cago na hostia! 105 00:06:05,000 --> 00:06:06,166 Para! 106 00:06:07,083 --> 00:06:08,958 Cago na puta hostia! 107 00:06:13,833 --> 00:06:16,458 Tes que aprender a usar esa puta arma! 108 00:06:17,666 --> 00:06:20,083 Espera, non! Abre a porta, hostia! 109 00:06:22,125 --> 00:06:23,208 Hostia! 110 00:06:23,291 --> 00:06:25,541 Ei! Ten tino con ela! 111 00:06:27,750 --> 00:06:29,375 Anna, contesta! 112 00:06:30,708 --> 00:06:31,791 Veña! 113 00:06:33,208 --> 00:06:34,958 Contesta, carallo! 114 00:06:38,208 --> 00:06:39,666 - Mirade dentro! - Vale. 115 00:06:39,750 --> 00:06:41,833 Detective Patel, está ben? 116 00:06:42,916 --> 00:06:44,041 Si. 117 00:06:45,541 --> 00:06:47,708 Cariño! 118 00:06:48,541 --> 00:06:49,666 - Cariño! - Richard! 119 00:06:52,000 --> 00:06:53,000 Richard! 120 00:06:53,875 --> 00:06:54,791 Psicópata! 121 00:06:54,875 --> 00:06:56,750 - Estás tarada! - Eu? 122 00:06:56,833 --> 00:06:59,250 Canto tempo levas planeando traerme aquí? 123 00:06:59,333 --> 00:07:02,208 Ti leváchesme ao monte hai 20 anos! 124 00:07:02,291 --> 00:07:04,208 Eu non sabía que ían facer! 125 00:07:04,291 --> 00:07:06,583 Puta mentireira! Es unha mentireira! 126 00:07:06,666 --> 00:07:09,250 Sempre fuches mentireira! Rícheste de min! 127 00:07:09,833 --> 00:07:11,750 "Senta connosco, Catherine!" 128 00:07:11,833 --> 00:07:14,375 "Ven ao meu aniversario, Catherine!" 129 00:07:14,458 --> 00:07:16,708 Non penso beber máis mexo! 130 00:07:16,791 --> 00:07:19,000 Non! 131 00:07:19,583 --> 00:07:20,750 Para! 132 00:07:24,041 --> 00:07:25,333 Non! 133 00:07:25,875 --> 00:07:26,708 Cariño! 134 00:07:51,083 --> 00:07:53,041 Patel, que pasa na casa de Jack? 135 00:07:53,125 --> 00:07:54,708 Zoe Harper está morta. 136 00:07:54,791 --> 00:07:55,833 Que? Hostia! 137 00:07:55,916 --> 00:07:58,500 Estou na de Duffie. Está co seu avogado. 138 00:07:58,583 --> 00:08:01,041 Di que a súa muller e Helen Wang 139 00:08:01,125 --> 00:08:04,125 quixeron chantaxear a Lexy Jones. Levou labazadas. 140 00:08:04,208 --> 00:08:07,125 Rachel Hopkins quixo chantaxear a Lexy Jones? 141 00:08:07,208 --> 00:08:09,125 - Por que? - A morte de súa irmá. 142 00:08:09,208 --> 00:08:13,833 A irmá de Lexy Jones? Rachel Hopkins coñecía a Lexy Jones? 143 00:08:13,916 --> 00:08:15,625 Foron xuntas a St. Hilary. 144 00:08:15,708 --> 00:08:19,250 Segundo Clyde, Lexy cometeu o erro de confiarllo a Rachel. 145 00:08:19,333 --> 00:08:21,208 Como se chama a irmá morta? 146 00:08:21,291 --> 00:08:23,333 Andrea Kelly. 147 00:08:23,416 --> 00:08:25,666 - A irmá de Catherine Kelly? - Claro. 148 00:08:25,750 --> 00:08:28,791 Catherine Kelly é Lexy Jones. 149 00:08:28,875 --> 00:08:32,375 Vaia á casa de Kelly, vémonos alí. Mándolle o enderezo. 150 00:08:32,458 --> 00:08:34,416 Vamos! 151 00:08:36,916 --> 00:08:38,791 Deus! 152 00:08:49,916 --> 00:08:52,375 Contesta, Anna. Colle o teléfono, hostia! 153 00:09:17,625 --> 00:09:19,500 - Anna! - Jack. 154 00:09:20,250 --> 00:09:21,958 - Jack. - Anna! 155 00:09:23,875 --> 00:09:24,875 Anna! 156 00:09:32,833 --> 00:09:33,958 Cariño! 157 00:09:36,958 --> 00:09:38,041 Anna! 158 00:09:38,875 --> 00:09:40,958 Anna! Ei! 159 00:09:41,041 --> 00:09:42,125 Anna! 160 00:09:42,208 --> 00:09:43,208 Anna! 161 00:10:43,291 --> 00:10:44,250 Estás ben? 162 00:10:45,041 --> 00:10:46,125 Si. 163 00:10:52,875 --> 00:10:55,291 Sinto moito o de Zoe, Jack. 164 00:11:00,416 --> 00:11:02,375 Non sei que lle vou dicir a Meg. 165 00:11:12,583 --> 00:11:13,750 Igual podo axudar. 166 00:11:15,833 --> 00:11:16,875 Igual si. 167 00:11:22,791 --> 00:11:24,750 Que pasaba entre vós? 168 00:11:25,500 --> 00:11:27,291 Entre ti, miña irmá e Lexy. 169 00:11:28,833 --> 00:11:30,333 De que vai todo isto? 170 00:11:43,958 --> 00:11:45,541 Rachel era a… 171 00:11:47,416 --> 00:11:48,625 xefa do grupo. 172 00:11:51,250 --> 00:11:52,750 Pero Helen e… 173 00:11:54,583 --> 00:11:56,125 Zoe tamén o sabían. 174 00:12:02,500 --> 00:12:03,916 Colleron… 175 00:12:06,041 --> 00:12:10,208 e leváronnos a Lexy… vaia, a Catherine e a min ao monte. 176 00:12:12,666 --> 00:12:14,458 O día que fixen 16 anos. 177 00:12:17,833 --> 00:12:19,833 Dixeron que habería unha festa. 178 00:12:19,916 --> 00:12:21,166 E… 179 00:12:22,541 --> 00:12:23,958 apareceron uns tipos. 180 00:12:28,166 --> 00:12:31,125 Uns tipos aos que Rachel 181 00:12:33,000 --> 00:12:35,083 lles mandara fotos nosas. 182 00:12:41,333 --> 00:12:42,625 Estes tíos… 183 00:12:44,916 --> 00:12:47,125 agrediron a Catherine. 184 00:12:53,083 --> 00:12:57,375 E Rachel, Helen e túa irmá miraron. 185 00:13:09,125 --> 00:13:11,375 Queríacho dicir… 186 00:13:12,541 --> 00:13:16,625 Tenteino un cento de veces, pero… 187 00:13:18,166 --> 00:13:20,583 non dei. Pensei que igual… 188 00:13:24,375 --> 00:13:26,625 non debía por Zoe. 189 00:13:26,708 --> 00:13:28,416 A verdade, Jack, é que… 190 00:13:36,000 --> 00:13:38,458 nunca me atrevín a dicirllo a ninguén. 191 00:13:41,750 --> 00:13:45,708 Non sei. Pensei que igual podía facer que non pasara. 192 00:13:47,250 --> 00:13:49,625 - E iso é o que fixen. - Si. 193 00:13:53,166 --> 00:13:55,541 - Síntoo. - Non, tranquila. 194 00:13:57,000 --> 00:13:58,750 - Debincho dicir. - Ei… 195 00:14:03,708 --> 00:14:06,875 Carallo. Síntoo moito. 196 00:14:13,708 --> 00:14:14,875 Síntoo. 197 00:14:43,500 --> 00:14:45,000 Deus bendito. 198 00:14:49,708 --> 00:14:54,125 Lembro cando morreu Andrea Kelly, a irmá máis vella desta. 199 00:14:55,208 --> 00:14:56,458 Dun ataque de asma. 200 00:14:56,958 --> 00:15:00,000 Estaban navegando no lago, manda truco. 201 00:15:01,000 --> 00:15:04,833 Pobre nena, asfixiouse antes de chegar á beira. 202 00:15:06,875 --> 00:15:09,625 Fomos todos ao funeral. Foi tristísimo. 203 00:15:12,666 --> 00:15:13,791 E estraño. 204 00:15:15,625 --> 00:15:16,833 Que tiña de estraño? 205 00:15:17,666 --> 00:15:20,666 Nunca vin chorar a ninguén coma Catherine Kelly. 206 00:15:20,750 --> 00:15:23,750 Choraba tanto que pensei que ía vomitar. 207 00:15:24,333 --> 00:15:25,750 Morrera súa irmá. 208 00:15:26,250 --> 00:15:30,833 Fun ao soto do tanatorio buscar un café e un dónut. 209 00:15:31,416 --> 00:15:36,083 Alí estaba Catherine Kelly, comendo dónuts e… sorrindo. 210 00:15:36,833 --> 00:15:39,458 Coma se estivese de celebración. 211 00:15:40,916 --> 00:15:42,166 Shériff. 212 00:15:44,708 --> 00:15:45,708 Que demo é isto? 213 00:15:47,083 --> 00:15:48,333 Arre demo! 214 00:15:49,166 --> 00:15:52,625 - As uñas de Rachel Hopkins? - Espero que si. 215 00:15:52,708 --> 00:15:53,791 Shériff. 216 00:15:55,500 --> 00:15:56,708 Temos un coitelo. 217 00:15:59,000 --> 00:16:00,458 Non me toques, hostia! 218 00:16:00,541 --> 00:16:02,583 Por que cona me detedes? 219 00:16:02,666 --> 00:16:04,958 Non fixen nada, hostia! A miña muller… 220 00:16:05,041 --> 00:16:07,500 Queredes sospeitosos? Aí tedes esa puta! 221 00:16:07,583 --> 00:16:10,791 Ela está coma unha puta cabra! Eu non fixen nada, cona! 222 00:16:10,875 --> 00:16:14,041 - Cálmese, señor. - Ide tomar polo cu! 223 00:16:14,125 --> 00:16:16,166 - Señor! - Eu non fixen nada, cona! 224 00:16:16,250 --> 00:16:17,458 Non serve para nada. 225 00:16:17,541 --> 00:16:19,250 Tes que facer o teu traballo. 226 00:16:19,958 --> 00:16:21,583 Si, supoño. 227 00:16:21,666 --> 00:16:24,083 Queres arranxarte un pouco antes? 228 00:16:24,166 --> 00:16:25,208 Non fai falta. 229 00:16:25,708 --> 00:16:26,541 Vale. 230 00:16:27,416 --> 00:16:29,375 Hai cousas que nunca cambian. 231 00:16:29,458 --> 00:16:32,333 AMBULANCIA 232 00:16:43,958 --> 00:16:45,000 Señora Andrews! 233 00:16:45,083 --> 00:16:45,958 Sra. Andrews! 234 00:16:46,458 --> 00:16:49,625 Como afecta isto á seguridade do condado? 235 00:16:49,708 --> 00:16:52,250 Investigaba a familia Kelly? 236 00:16:52,750 --> 00:16:54,666 Anna, que cres que pasa? 237 00:17:02,541 --> 00:17:04,125 - Ei. - Ei. 238 00:17:13,000 --> 00:17:15,375 Sinto moito o de Zoe, Jack. 239 00:17:16,125 --> 00:17:16,958 Xa. 240 00:17:23,833 --> 00:17:25,458 Cre que non me pasará nada? 241 00:17:30,250 --> 00:17:31,333 Creo. 242 00:17:33,708 --> 00:17:36,375 - Malia non estar cargada a súa arma? - Si. 243 00:17:37,583 --> 00:17:39,208 Non te preocupes, Boston. 244 00:17:41,916 --> 00:17:43,208 Isto é Dahlonega. 245 00:17:55,041 --> 00:17:55,958 Por último… 246 00:17:56,041 --> 00:17:57,083 UN ANO DESPOIS 247 00:17:57,166 --> 00:18:01,125 Hai que darlle os parabéns a Jiwoo Park, de Atlanta. 248 00:18:01,208 --> 00:18:06,375 Jiwoo, de só 13 anos, acadou a final do Concurso Nacional de Ortografía. 249 00:18:06,458 --> 00:18:07,875 - Só 13? - Só 13. 250 00:18:07,958 --> 00:18:09,666 - Unha nena brillante. - Si. 251 00:18:09,750 --> 00:18:13,541 Como se escribe a palabra coa que gañou Jiwoo, "cozenage"? 252 00:18:14,500 --> 00:18:16,041 - Alguén? - Definición. 253 00:18:16,125 --> 00:18:19,625 - A práctica de enganar… - Meg, temos que marchar. 254 00:18:19,708 --> 00:18:20,541 Vamos. 255 00:18:20,625 --> 00:18:25,500 - Xogabamos con bólas moles… - Vale. Recollemos a roupa? 256 00:18:25,583 --> 00:18:27,791 A Lauren déronlle un golpe na cara. 257 00:18:27,875 --> 00:18:29,708 - Déronlle na cara? - Si. 258 00:18:30,208 --> 00:18:31,625 Magoouse? 259 00:18:31,708 --> 00:18:33,916 Non, pero chorou coma un bebé. 260 00:18:34,541 --> 00:18:36,583 Preguntácheslle se estaba ben? 261 00:18:36,666 --> 00:18:38,291 Non precisamos o pupitre. 262 00:18:38,375 --> 00:18:39,666 - Precisámolo? - Si. 263 00:18:39,750 --> 00:18:41,208 É imprescindible? 264 00:18:41,291 --> 00:18:43,125 Vale, pono alí. 265 00:18:45,833 --> 00:18:48,125 - Tío Jack, sabes que? - Que, cariño? 266 00:18:48,208 --> 00:18:52,291 Había que levar algo á escola e Andre levou as súas tartarugas, 267 00:18:52,375 --> 00:18:53,958 que non se podían levar. 268 00:18:54,041 --> 00:18:57,083 - Por que? - Porque non se podían levar mascotas. 269 00:18:57,166 --> 00:19:00,500 - Pero levounas? - Si. Cre que pode facer o que lle pete. 270 00:19:00,583 --> 00:19:03,750 Oi! Pero ti sabes que non é así. 271 00:19:03,833 --> 00:19:04,750 - Si. - Claro. 272 00:19:04,833 --> 00:19:08,083 Veña, sube. E pon o cintiño, ruliña. 273 00:19:08,166 --> 00:19:10,291 Encántame estar con vostedes, 274 00:19:10,375 --> 00:19:11,916 pero teño que deixalos. 275 00:19:12,000 --> 00:19:14,541 Quedan en boas mans. Vémonos o luns. 276 00:19:14,625 --> 00:19:18,166 Ata entón, en nome do equipo de WSK, saúdos de Anna Andrews. 277 00:19:18,250 --> 00:19:20,833 - E de Brenning Dunnington. - Bos días. 278 00:19:22,250 --> 00:19:24,083 Fóra. Bo traballo, xente. 279 00:19:25,041 --> 00:19:26,500 - Grazas. - Boa finde. 280 00:19:26,583 --> 00:19:28,375 - Tentareino. - Amodo, Anna. 281 00:19:28,458 --> 00:19:30,833 - Vale. - Ven, axúdoche eu. 282 00:19:30,916 --> 00:19:33,250 Que faría sen ti, Danny? Dime. 283 00:19:33,750 --> 00:19:35,208 Axiña o descubrirei. 284 00:19:35,291 --> 00:19:37,666 Debía quitar estes tacóns. Jim, dime. 285 00:19:37,750 --> 00:19:41,000 Recibimos hoxe os papeis dos avogados de Richard. 286 00:19:41,083 --> 00:19:43,916 - O acordo de confidencialidade? - Todo. 287 00:19:44,416 --> 00:19:46,750 Vale. E que? 288 00:19:46,833 --> 00:19:49,333 A túa demanda por difamación afundiríao. 289 00:19:49,416 --> 00:19:50,250 Xa. 290 00:19:50,750 --> 00:19:55,125 Levoute ao matadoiro da súa muller e quéreche botar a ti a culpa. 291 00:19:55,208 --> 00:19:57,875 Eu denunciaríao e faríao durmir debaixo dunha ponte. 292 00:19:57,958 --> 00:19:58,875 Veña, ho. 293 00:19:58,958 --> 00:20:03,166 Penseino, pero a carraxe e o resentimento magoan a quen os sente. 294 00:20:04,291 --> 00:20:07,458 Falando de xente cabreada, podes falar coa túa axente? 295 00:20:07,541 --> 00:20:09,000 - Pasou algo? - Non. 296 00:20:09,083 --> 00:20:12,791 É polo teu novo contrato. Ela é algo… Como se di? 297 00:20:12,875 --> 00:20:14,750 - Firme. - Non, agresiva. 298 00:20:14,833 --> 00:20:17,583 Dille que abrande un pouco. Que sexa máis… 299 00:20:17,666 --> 00:20:18,875 - Dócil. - Razoable. 300 00:20:19,916 --> 00:20:21,833 Vale. Xa falarei con ela. 301 00:20:21,916 --> 00:20:23,375 Perfecto. Grazas. 302 00:20:23,875 --> 00:20:28,416 Ás veces ponse algo combativa. 303 00:20:28,916 --> 00:20:29,916 - Desculpa. - Vale. 304 00:20:30,000 --> 00:20:33,083 Seguro que che espetou a oferta do Today Show. 305 00:20:36,708 --> 00:20:38,125 Espera. O que? 306 00:20:38,208 --> 00:20:41,500 Iso é só a punta do iceberg das ofertas. Está encantada. 307 00:20:41,583 --> 00:20:44,708 O 10 % de 4 millóns permítelle unha vida de luxo. 308 00:20:44,791 --> 00:20:46,041 Mira o que vou facer. 309 00:20:46,125 --> 00:20:49,791 Falo coa dirección e dígolle que, se ti marchas, eu tamén. 310 00:20:49,875 --> 00:20:51,541 Farías iso por min, Jim? 311 00:20:51,625 --> 00:20:53,708 Déixao nas mans do xefe. 312 00:20:54,958 --> 00:20:55,833 Grazas. 313 00:20:57,041 --> 00:20:59,041 Pásao ben. 314 00:20:59,125 --> 00:21:01,041 - Boa fin de semana. - Grazas. 315 00:21:01,125 --> 00:21:03,375 - Ei! - Aí está! 316 00:21:03,916 --> 00:21:07,375 Oi. Non debías coller pesos. 317 00:21:07,458 --> 00:21:10,625 Hai polo menos dúas versións de cada historia. 318 00:21:12,958 --> 00:21:14,416 A túa e a miña. 319 00:21:15,416 --> 00:21:17,041 A nosa e a deles. 320 00:21:20,416 --> 00:21:21,958 A del e a dela. 321 00:21:22,458 --> 00:21:24,666 12 XANEIRO 2023 - 2 SETEMBRO 2023 322 00:21:29,416 --> 00:21:32,083 Iso implica que sempre hai alguén que mente. 323 00:21:37,791 --> 00:21:39,583 Levou moito tempo, 324 00:21:40,250 --> 00:21:43,000 pero agora entendo por que se torceu todo. 325 00:21:44,208 --> 00:21:45,875 Todo se remonta a isto, 326 00:21:46,458 --> 00:21:47,958 a este sitio, 327 00:21:49,291 --> 00:21:52,041 á xente que fixo o que non debía facer. 328 00:21:58,083 --> 00:22:00,625 Pódenme recoñecer a cara. 329 00:22:03,458 --> 00:22:05,458 Mesmo poden saber o meu nome. 330 00:22:07,916 --> 00:22:10,333 Pero nunca saberán quen son. 331 00:22:16,916 --> 00:22:21,791 Todos nos ocultamos detrás da versión de nós mesmos que proxectamos ao mundo. 332 00:22:22,500 --> 00:22:23,750 Ola, Clara. 333 00:22:24,250 --> 00:22:25,875 Pero a xente non cambia. 334 00:22:26,375 --> 00:22:27,500 No fondo non. 335 00:22:28,166 --> 00:22:29,500 O interior non cambia. 336 00:22:33,250 --> 00:22:37,125 Os humanos somos capaces de inflixir moito padecemento, 337 00:22:38,250 --> 00:22:39,625 moita crueldade, 338 00:22:41,000 --> 00:22:42,250 moita dor. 339 00:22:45,041 --> 00:22:48,750 Pero a cousa máis perigosa que facemos é mentir. 340 00:22:50,625 --> 00:22:51,833 Aos demais 341 00:22:53,541 --> 00:22:54,750 e a nós mesmos. 342 00:22:57,791 --> 00:23:01,750 Din que a carraxe só magoa a quen a sente. 343 00:23:02,791 --> 00:23:04,250 Pero eu discrepo. 344 00:23:05,583 --> 00:23:07,541 A carraxe faime erguer pola mañá. 345 00:23:09,000 --> 00:23:11,375 Certo, pódete destruír 346 00:23:12,125 --> 00:23:14,791 ou pódete manter viva. 347 00:23:17,333 --> 00:23:20,291 Todo depende de como uses a túa carraxe. 348 00:23:23,000 --> 00:23:24,541 E contra quen a dirixas. 349 00:23:27,750 --> 00:23:31,083 HAI POLO MENOS DÚAS VERSIÓNS DE CADA HISTORIA 350 00:23:31,166 --> 00:23:32,375 A DEL E A DELA. 351 00:23:33,750 --> 00:23:36,375 "Miña nai dicía que, se vas facer algo, 352 00:23:36,458 --> 00:23:38,416 é mellor facelo ben. 353 00:23:44,166 --> 00:23:45,833 E, coma case todo na vida, 354 00:23:45,916 --> 00:23:48,875 canto máis fas algo, máis doado resulta. 355 00:23:53,958 --> 00:23:56,625 Supoño que a mesma regra vale…" 356 00:23:58,083 --> 00:23:59,750 Para matar xente. 357 00:24:10,958 --> 00:24:13,666 Eu o único que quería era que foses feliz. 358 00:24:16,166 --> 00:24:17,291 E éralo. 359 00:24:21,583 --> 00:24:24,500 Pensaba que non podía estar máis orgullosa de ti 360 00:24:25,958 --> 00:24:28,541 ata que te vin coa pequena Charlotte. 361 00:24:34,166 --> 00:24:37,958 Cando Jack me dixo que mirase a preciosidade da miña neta, 362 00:24:41,208 --> 00:24:42,500 emocioneime. 363 00:24:52,916 --> 00:24:54,125 Que pasa? 364 00:24:56,583 --> 00:24:58,833 Alice! Alice! 365 00:25:02,458 --> 00:25:03,750 Alice! 366 00:25:11,250 --> 00:25:14,166 O médico chamoulle morte súbita no berce, 367 00:25:19,000 --> 00:25:23,250 e dixo que non era culpa de ninguén, pero a cargo de Charlotte estaba eu. 368 00:25:24,333 --> 00:25:25,666 E defraudeite. 369 00:25:39,291 --> 00:25:41,458 Uns meses despois, desapareciches. 370 00:25:44,791 --> 00:25:47,375 Os teus vídeos eran o único que tiña de ti. 371 00:25:47,458 --> 00:25:50,500 Gocen da fin de semana e non queden atrapados… 372 00:25:50,583 --> 00:25:52,791 Grazas a eles tívente aquí comigo. 373 00:25:53,333 --> 00:25:54,541 Son Lexy Jones… 374 00:25:54,625 --> 00:25:56,125 Así mantívente onda min. 375 00:25:56,208 --> 00:25:58,166 Martha Steward foi absolta de… 376 00:25:58,250 --> 00:26:02,291 Antes de ir para a cama, poñía cinco minutos. 377 00:26:03,291 --> 00:26:05,208 Para que durases. 378 00:26:07,750 --> 00:26:11,416 Ía ao único sitio a onde pensei que podías volver. 379 00:26:15,833 --> 00:26:17,416 Ti nunca viñeches. 380 00:26:21,208 --> 00:26:23,166 Pero alguén si que veu. 381 00:26:27,041 --> 00:26:29,000 Coma un reloxo. 382 00:26:30,958 --> 00:26:32,625 Grazas, cariño. 383 00:26:33,541 --> 00:26:35,333 Fun indiscreta. 384 00:26:35,416 --> 00:26:37,541 - Vai con coidado. - Non perdas isto. 385 00:26:37,625 --> 00:26:38,875 Pero tanto me ten. 386 00:26:38,958 --> 00:26:40,416 Ata a semana que vén! 387 00:26:45,791 --> 00:26:48,000 A min só me preocupabas ti. 388 00:26:49,416 --> 00:26:53,458 Mirando os vídeos, conseguín que durases case seis meses. 389 00:26:53,541 --> 00:26:57,583 Son Lexy Jones e, de parte de todo o equipo de WSK, 390 00:26:57,666 --> 00:26:59,333 boas noites, Atlanta. 391 00:27:03,416 --> 00:27:05,625 Ata que só me quedaba un vídeo. 392 00:27:09,708 --> 00:27:11,458 Non tiña etiqueta, pero… 393 00:27:12,500 --> 00:27:15,166 tan pronto o metín, xa souben o que era. 394 00:27:16,375 --> 00:27:19,583 A túa festa de aniversario dos 16 anos. 395 00:27:19,666 --> 00:27:21,458 Tranquila, non pasa nada. 396 00:27:24,291 --> 00:27:26,375 Ben, Anna! 397 00:27:30,791 --> 00:27:33,208 - Catherine, proba. - Ponte cómoda. 398 00:27:35,000 --> 00:27:37,583 - Anna! Para! Sóltame! - Ei, que fas? 399 00:27:37,666 --> 00:27:38,833 Para! 400 00:27:39,583 --> 00:27:41,416 Sóltame! 401 00:27:41,500 --> 00:27:45,208 - Que alguén me axude! - Cálmate, puta. 402 00:27:49,041 --> 00:27:50,750 Espera… 403 00:27:52,416 --> 00:27:53,333 Catherine! 404 00:27:53,416 --> 00:27:55,208 - Axuda! - Tómbate, puta! 405 00:27:55,291 --> 00:27:57,208 Usádea. Fágovos un desconto. 406 00:27:57,291 --> 00:28:00,125 - Pon o cu no chan. - Catherine, por favor! 407 00:28:00,208 --> 00:28:02,583 - Catherine! - Vai tomar polo cu! 408 00:28:02,666 --> 00:28:04,583 - Por favor! - Rachel, hostia! 409 00:28:04,666 --> 00:28:05,708 Non, parade! 410 00:28:05,791 --> 00:28:09,208 Dareille a esta puta un regalo de aniversario que non esquecerá. 411 00:28:09,291 --> 00:28:11,416 Non! 412 00:28:14,375 --> 00:28:19,666 Parabéns para ti, 413 00:28:20,500 --> 00:28:27,500 parabéns, querida Anna, 414 00:28:28,291 --> 00:28:35,041 parabéns para ti. 415 00:29:09,291 --> 00:29:13,291 No cabodano da morte de Charlotte, recei para que non volveses. 416 00:29:14,958 --> 00:29:16,291 Pero volviches. 417 00:29:18,750 --> 00:29:20,500 E víchelos. 418 00:29:22,541 --> 00:29:25,583 Eu queríache berrar: "Vaite de aquí. 419 00:29:26,166 --> 00:29:27,833 Vente comigo para a casa. 420 00:29:29,500 --> 00:29:31,666 Agora está aquí mamá. 421 00:29:34,125 --> 00:29:35,916 Xa non te pode magoar máis." 422 00:29:36,000 --> 00:29:37,333 PRESIÓN RODA DIANTEIRA 423 00:29:37,416 --> 00:29:38,625 En serio? 424 00:29:43,833 --> 00:29:45,083 Jack! 425 00:29:49,958 --> 00:29:51,000 Merda! 426 00:29:58,208 --> 00:29:59,041 Ola! 427 00:30:00,458 --> 00:30:03,375 Quen dixo que unha inxustiza non xustifica outra… 428 00:30:03,875 --> 00:30:04,875 Ei. 429 00:30:05,500 --> 00:30:08,333 …non tiña imaxinación. 430 00:30:08,916 --> 00:30:10,375 Nin un coitelo afiado. 431 00:30:19,791 --> 00:30:22,916 Ninguén espera que unha muller sexa unha asasina en serie. 432 00:30:29,708 --> 00:30:31,791 Se a iso lle engades a vellez… 433 00:30:35,708 --> 00:30:40,083 e confundes a determinación coa demencia, 434 00:30:40,708 --> 00:30:42,125 aí me tes a min, 435 00:30:42,208 --> 00:30:44,708 a viva imaxe da fraxilidade. 436 00:30:51,125 --> 00:30:53,083 Pero, nesta cabeza, 437 00:30:56,875 --> 00:30:58,375 a miña memoria 438 00:31:02,916 --> 00:31:08,083 é dura coma o ferro. 439 00:31:08,166 --> 00:31:09,875 Vai tomar polo cu! 440 00:31:09,958 --> 00:31:12,625 En nome de todo o equipo de WSK, 441 00:31:12,708 --> 00:31:14,333 boas noites, Atlanta. 442 00:31:15,416 --> 00:31:18,083 Collinte, filla de puta. 443 00:31:20,375 --> 00:31:22,625 É o que pasa coas persoas vellas. 444 00:31:24,708 --> 00:31:27,958 Coma as portas traseiras e os traballadores que as usan, 445 00:31:29,541 --> 00:31:31,500 normalmente son esquecidos… 446 00:31:33,791 --> 00:31:36,041 Mamá, vou á de Rachel despois da clase. 447 00:31:36,125 --> 00:31:37,583 …ignorados 448 00:31:39,375 --> 00:31:40,541 e invisibles. 449 00:31:43,375 --> 00:31:45,958 Un ano tras outro 450 00:31:46,041 --> 00:31:48,083 e tras outro. 451 00:31:52,416 --> 00:31:54,041 Os mesmos pechos. 452 00:31:55,833 --> 00:31:58,041 As mesmas portas. 453 00:32:01,750 --> 00:32:04,000 As mesmas chaves. 454 00:32:07,791 --> 00:32:09,625 Podíanme ter parado, 455 00:32:10,458 --> 00:32:13,041 pero vemos o que queremos ver, 456 00:32:14,416 --> 00:32:17,500 mesmo cando temos a verdade diante dos fociños 457 00:32:19,416 --> 00:32:21,041 ou debaixo dos pés. 458 00:32:24,291 --> 00:32:26,666 Eu non quería matar a Catherine. 459 00:32:29,041 --> 00:32:32,291 Que fose ao cárcere por abandonarte aquel día era xusto. 460 00:32:33,916 --> 00:32:36,791 Precisaba unha asasina para unha historia emocionante. 461 00:32:38,041 --> 00:32:39,208 Pousada Dahlonega. 462 00:32:39,291 --> 00:32:43,541 Ola. Quería cancelar unha reserva, por favor. 463 00:32:45,208 --> 00:32:47,125 Sabía que ti estarías a salvo. 464 00:32:47,666 --> 00:32:49,791 Sempre terás a Jack para axudarche. 465 00:32:51,125 --> 00:32:55,250 Pero non contaba con que a detective Patel tivese tan boa puntería. 466 00:32:57,041 --> 00:33:00,458 Aínda que mentiría se dixese que iso me quitou o sono. 467 00:33:04,500 --> 00:33:06,750 Ao matar a Rachel viñeches á casa. 468 00:33:10,750 --> 00:33:12,000 Ao matar a Helen… 469 00:33:13,833 --> 00:33:15,125 seguiches aquí. 470 00:33:21,041 --> 00:33:22,541 E ao matar a Zoe… 471 00:33:25,416 --> 00:33:27,916 recuperaches a familia que perderas. 472 00:33:41,708 --> 00:33:43,708 Escribo isto agora, cariño, 473 00:33:45,000 --> 00:33:47,333 porque axiña volverás ser nai. 474 00:33:50,583 --> 00:33:53,083 Quérelles aos meus netos como eu che quixen a ti. 475 00:33:56,541 --> 00:33:58,750 Ensínalles o valor do traballo duro 476 00:34:00,666 --> 00:34:01,958 e a planificación. 477 00:34:06,625 --> 00:34:10,083 Prepáraos para unha vida á vez fea 478 00:34:11,208 --> 00:34:12,750 e fermosa. 479 00:34:16,666 --> 00:34:18,083 Impredicible. 480 00:34:19,208 --> 00:34:21,125 Sempre cambiante. 481 00:34:23,666 --> 00:34:25,125 Excepto nunha cousa. 482 00:34:27,791 --> 00:34:29,958 Móstralles que o amor dunha nai 483 00:34:30,833 --> 00:34:32,458 nunca se apaga, 484 00:34:33,333 --> 00:34:34,958 nunca se debilita. 485 00:34:36,000 --> 00:34:38,125 É constante. 486 00:34:40,500 --> 00:34:42,625 Continuo. 487 00:34:45,541 --> 00:34:47,500 Incansable. 488 00:34:55,416 --> 00:34:58,333 Todo o meu amor, miña preciosidade. 489 00:35:01,083 --> 00:35:02,291 Túa nai. 490 00:37:08,208 --> 00:37:10,125 Subtítulos: Manuel Puga Moruxa