1 00:00:06,280 --> 00:00:11,320 Miles de agricultores suecos esperan cobrar tres anos de subsidios da UE. 2 00:00:11,400 --> 00:00:13,920 E tamén esperan fondos pola crise da seca. 3 00:00:14,520 --> 00:00:19,360 A Xunta de Agricultura non pode pagar o que se lles debe aos agricultores… 4 00:00:25,360 --> 00:00:29,080 Este rifle é teu, eu xa non o podo usar. 5 00:00:35,720 --> 00:00:36,640 Cólleo. 6 00:00:38,520 --> 00:00:39,880 Cóidao. 7 00:00:41,120 --> 00:00:42,680 Moitas grazas. 8 00:01:18,760 --> 00:01:20,320 Vera fixo a cea. 9 00:01:20,840 --> 00:01:21,680 Vale. 10 00:01:24,080 --> 00:01:26,040 - Vés? - Vou. 11 00:01:48,440 --> 00:01:49,720 - Son Malik. - Cona. 12 00:01:49,800 --> 00:01:52,800 - Veña, fóra. - Pensaba que eras outra persoa. 13 00:01:52,880 --> 00:01:54,240 Baixa iso. 14 00:01:54,320 --> 00:01:55,480 Báixaa. 15 00:01:57,920 --> 00:02:00,120 Como carallo me atopaches? 16 00:02:02,080 --> 00:02:05,480 Se estás de permiso, desactiva a localización, díxencho. 17 00:02:05,560 --> 00:02:07,240 - Vale. - Iso. 18 00:02:07,320 --> 00:02:09,200 Pero estás traballando. 19 00:02:11,800 --> 00:02:14,960 - Dá igual. - A que te refires? 20 00:02:15,480 --> 00:02:17,640 - Tanto dá. - E logo? 21 00:02:17,720 --> 00:02:19,480 Foi el, non? 22 00:02:21,360 --> 00:02:22,520 Oliver. 23 00:02:25,000 --> 00:02:26,960 Teño que asumilo. 24 00:02:30,480 --> 00:02:32,000 Hostia! 25 00:02:38,040 --> 00:02:40,320 - Por que o fixo? - Dani. 26 00:02:40,840 --> 00:02:42,520 Non o entendo. 27 00:02:43,600 --> 00:02:45,000 Penso que non foi el. 28 00:02:45,600 --> 00:02:47,960 Por iso estou aquí e por iso te buscaba. 29 00:02:48,480 --> 00:02:50,280 Chamei a Cennerbäck. 30 00:02:51,360 --> 00:02:53,280 Non ten boa pinta. 31 00:02:54,360 --> 00:02:55,840 Non creo que fose el. 32 00:02:56,840 --> 00:02:57,880 Veña. 33 00:03:07,760 --> 00:03:11,040 Vin algo nos interrogatorios de Oliver. 34 00:03:12,160 --> 00:03:13,080 O que? 35 00:03:13,600 --> 00:03:16,720 Interpretan o que di Oliver como unha confesión, 36 00:03:16,800 --> 00:03:18,760 pero penso que é un malentendido. 37 00:03:19,880 --> 00:03:23,000 Cúlpase pola morte de Silas. 38 00:03:23,800 --> 00:03:27,840 Pero iso non é o mesmo que confesar, non? 39 00:03:29,760 --> 00:03:32,440 Oliver foi a Bjäre ver a Silas. 40 00:03:32,520 --> 00:03:34,040 Á praia? 41 00:03:34,120 --> 00:03:35,760 Non, a outro sitio. 42 00:03:36,280 --> 00:03:37,240 Si? 43 00:03:37,960 --> 00:03:39,200 Algo saíu mal. 44 00:03:39,720 --> 00:03:42,040 Os cartos eran para o xefe de Kåre. 45 00:03:42,120 --> 00:03:43,920 Si, o Järven ese. 46 00:03:44,000 --> 00:03:47,000 - Järven? - Vin un interrogatorio con Silas. 47 00:03:47,520 --> 00:03:49,280 Non consta no sistema. 48 00:03:49,800 --> 00:03:51,360 Non, non se rexistrou. 49 00:03:52,400 --> 00:03:56,880 Pero penso que é mentira, hai moito que Järven non vén por aquí. 50 00:04:02,560 --> 00:04:04,000 Como está? 51 00:04:05,320 --> 00:04:06,360 Oliver. 52 00:04:06,880 --> 00:04:09,720 Pois… como estaría calquera persoa encerrada. 53 00:04:11,560 --> 00:04:13,640 A vista principal é mañá, 54 00:04:14,160 --> 00:04:16,480 ten moita presión. 55 00:04:17,280 --> 00:04:18,760 Pero fala máis. 56 00:04:19,720 --> 00:04:21,000 De que? 57 00:04:22,560 --> 00:04:24,000 Da discusión. 58 00:04:24,680 --> 00:04:25,760 Con Silas. 59 00:04:26,280 --> 00:04:30,360 Seica Nathalie estaba cando Oliver e el quedaron en Bjäre. 60 00:04:34,240 --> 00:04:37,000 - Debiamos ir falar con ela? - Os dous? 61 00:04:37,080 --> 00:04:41,480 Encerrei o meu fillo, gustaríame axudalo a saír. 62 00:04:51,680 --> 00:04:53,920 Nathalie marchou despois do día libre. 63 00:04:54,000 --> 00:04:57,720 Vale, e non se sabe onde está? 64 00:04:58,680 --> 00:05:02,600 Nathalie tamén quererá atopar o culpable, non? 65 00:05:06,280 --> 00:05:09,040 Non confía na policía, non a podes axudar. 66 00:05:11,120 --> 00:05:12,760 Temos protocolos. 67 00:05:16,040 --> 00:05:17,160 Como cales? 68 00:05:17,720 --> 00:05:19,320 Casa segura. 69 00:05:19,400 --> 00:05:21,200 Identidade oculta. 70 00:05:21,280 --> 00:05:22,960 Aloxamento tutelado. 71 00:05:23,480 --> 00:05:25,320 Depende da situación. 72 00:05:30,880 --> 00:05:32,560 Dálle saúdos da miña parte 73 00:05:33,080 --> 00:05:36,400 se chegas a falar con ela, vale? 74 00:06:26,400 --> 00:06:29,600 PROGRAMA DE REHABILITACIÓN 75 00:06:55,920 --> 00:06:56,880 Ola. 76 00:06:59,080 --> 00:07:00,720 Seguro que me podes axudar? 77 00:07:03,160 --> 00:07:06,160 Depende de se me dás algo. 78 00:07:17,320 --> 00:07:19,240 René sabíao todo? 79 00:07:20,400 --> 00:07:22,880 Intentou solucionar os problemas de Silas. 80 00:07:22,960 --> 00:07:26,320 Tentou mediar entre Silas e esa xente, pero… 81 00:07:27,640 --> 00:07:29,360 Púxose moi feo e… 82 00:07:29,960 --> 00:07:31,520 Mandaron a Kåre por nós. 83 00:07:32,040 --> 00:07:34,120 Ameazounos a René e a min porque… 84 00:07:35,360 --> 00:07:37,600 porque falara co persoal. 85 00:07:38,920 --> 00:07:43,080 Vale, e que pasou entre Silas e Oliver? 86 00:07:44,400 --> 00:07:47,200 Ían quedar para saldar a débeda que tiñan. 87 00:07:48,680 --> 00:07:51,160 Pero Oliver gastou os cartos en drogas. 88 00:07:52,640 --> 00:07:53,560 Eh! 89 00:07:53,640 --> 00:07:56,320 - Que cona facedes? - Sóltao! 90 00:07:56,920 --> 00:07:58,400 Silas perdeu a cabeza. 91 00:07:59,360 --> 00:08:00,720 - É culpa túa! - E túa! 92 00:08:00,800 --> 00:08:04,240 Por iso o ADN de Oliver estaba debaixo das unllas de Silas. 93 00:08:08,600 --> 00:08:09,840 E despois que pasou? 94 00:08:10,360 --> 00:08:12,240 Collemos o pouco que quedaba. 95 00:08:14,480 --> 00:08:18,160 Fomos falar coa persoa á que lle debían cartos. 96 00:08:19,320 --> 00:08:20,760 Foi un desastre. 97 00:08:20,840 --> 00:08:23,600 Pesa ben, non pode faltar nin un gramo. 98 00:08:23,680 --> 00:08:25,800 - Entendes o que significa? - Si. 99 00:08:25,880 --> 00:08:28,160 - Que? - Que haberá xuros. 100 00:08:28,240 --> 00:08:31,680 Hostia, que listo es, deberías estar estudando. 101 00:08:31,760 --> 00:08:33,640 Se sobrevives, estuda. 102 00:08:33,720 --> 00:08:34,880 - Hai trato? - Si. 103 00:08:34,960 --> 00:08:38,160 Serías o único da túa familia de porcos que fai algo. 104 00:08:38,240 --> 00:08:40,080 - Xa. - Canto debes? 105 00:08:40,160 --> 00:08:41,840 - Trescentos. - Canto tes? 106 00:08:41,920 --> 00:08:43,160 Cento vinte. 107 00:08:44,120 --> 00:08:46,960 - Consigue o resto, vale? - O carallo. Ule isto. 108 00:08:47,040 --> 00:08:49,760 Desculpe, señorita, isto ule a perrecha suada. 109 00:08:49,840 --> 00:08:51,800 Dáme igual como consigas os cartos. 110 00:08:52,400 --> 00:08:56,200 Vale? Podes chupar pirolas, fai o que queiras, entendido? 111 00:08:56,280 --> 00:08:58,760 - Dúas semanas. Canto debías? - Trescentos. 112 00:08:58,840 --> 00:09:00,520 - Non te oio. - Trescentos. 113 00:09:00,600 --> 00:09:02,760 É imposible. 114 00:09:02,840 --> 00:09:03,920 - Dis que…? - Cala. 115 00:09:04,000 --> 00:09:07,000 - Non podes engadir xuros. - Cala! Por que a traes? 116 00:09:07,080 --> 00:09:08,920 - Non podes… - Cala a boca. 117 00:09:09,000 --> 00:09:10,840 - Foi intelixente? - Non. 118 00:09:10,920 --> 00:09:14,600 Imbécil! Como te oia falar como a deficiente de túa nai, 119 00:09:14,680 --> 00:09:17,440 a puta de merda esa ou a poli, 120 00:09:17,520 --> 00:09:19,000 estás morto. 121 00:09:20,080 --> 00:09:23,040 - Entendiches? - Entendín. 122 00:09:24,800 --> 00:09:27,760 Dúas semanas, Silas. Dúas semanas. 123 00:09:27,840 --> 00:09:29,440 Se non, matámoste. 124 00:09:30,440 --> 00:09:31,640 Tiñades que marchar. 125 00:09:31,720 --> 00:09:34,600 Silas ameazou con filtrar os vídeos do ferreiro. 126 00:09:34,680 --> 00:09:38,360 Fixo chantaxe para ter cartos para marchar. Non comprou billetes? 127 00:09:40,480 --> 00:09:41,400 Si. 128 00:09:42,360 --> 00:09:44,080 A quen lle debían cartos? 129 00:09:47,360 --> 00:09:49,080 A quen, Nathalie? 130 00:09:50,040 --> 00:09:51,600 Chámase Lennie Kroogh. 131 00:09:52,680 --> 00:09:54,720 - Como? - Lennie Kroogh. 132 00:10:00,800 --> 00:10:01,680 É este? 133 00:10:03,280 --> 00:10:04,160 Si. 134 00:10:04,680 --> 00:10:07,160 "Charven", ou como o chamen. 135 00:10:09,200 --> 00:10:10,040 Järven. 136 00:10:11,120 --> 00:10:12,360 Exacto. 137 00:10:13,040 --> 00:10:14,280 Järven. 138 00:10:15,520 --> 00:10:17,600 Busca todo o que temos sobre el. 139 00:10:19,200 --> 00:10:20,320 Merda… 140 00:10:21,320 --> 00:10:24,800 Chamarei para asegurarme de que teñas unha vivenda tutelada. 141 00:10:26,160 --> 00:10:28,680 - Se hai xuízo… - Xuízo? 142 00:10:30,080 --> 00:10:32,000 Nese caso, axudareite. 143 00:10:33,240 --> 00:10:36,080 Lennie Kroogh, ou como se chame, Järven, 144 00:10:36,160 --> 00:10:39,320 ten un Volkswagen e outros coches desfeitos. 145 00:10:39,400 --> 00:10:40,920 Un Honda e un Toyota. 146 00:10:41,440 --> 00:10:44,520 - Se cadra coinciden as marcas da praia. - Enganoume. 147 00:10:45,960 --> 00:10:46,920 Quen? 148 00:10:47,680 --> 00:10:51,320 Elis. Díxome que había anos que Järven non viña. 149 00:10:51,400 --> 00:10:54,760 Que non sabía de ninguén cunha cicatriz na boca. 150 00:10:55,920 --> 00:10:57,000 Mentiu. 151 00:10:59,920 --> 00:11:02,880 Despois de dicirlle o do interrogatorio de Silas. 152 00:11:04,440 --> 00:11:05,840 Conseguiu o que precisaba. 153 00:11:07,720 --> 00:11:09,240 E que era? 154 00:11:09,320 --> 00:11:11,840 Saber que Järven matou a Silas. 155 00:11:15,680 --> 00:11:17,680 Quere encargarse el en persoa. 156 00:11:21,120 --> 00:11:24,320 Hostia, necesito a Järven para liberar a Oliver. 157 00:11:24,400 --> 00:11:26,000 Vai ao cemiterio de coches. 158 00:11:26,520 --> 00:11:28,440 - Eu vou onda Elis. - Vale. 159 00:11:39,800 --> 00:11:44,920 Elis, a última vez que estiven encerrado en Tidaholm, as paredes do cárcere… 160 00:11:45,560 --> 00:11:48,040 Había un delator. 161 00:11:48,920 --> 00:11:50,920 Matámolo, metémolo na cela. 162 00:11:51,960 --> 00:11:53,920 - Son Malik, da policía. - Vale. 163 00:11:54,000 --> 00:11:56,920 Quero ver que coches entraron esta semana. 164 00:11:57,000 --> 00:12:00,920 Vale. Foron poucos, só un. 165 00:12:15,440 --> 00:12:16,920 Ola, son Rönnäs. 166 00:12:17,000 --> 00:12:20,400 Deixáchesnos un coche a semana pasada? 167 00:12:20,480 --> 00:12:22,240 Si. 168 00:12:22,320 --> 00:12:26,680 Parece que lle interesa á policía, estano baixando. 169 00:12:26,760 --> 00:12:27,880 Vale. 170 00:12:28,840 --> 00:12:29,720 Por que? 171 00:12:29,800 --> 00:12:34,760 Non o sei, vano revisar, pensei que igual querías sabelo. 172 00:12:34,840 --> 00:12:36,120 Vale. 173 00:12:37,080 --> 00:12:39,000 Grazas, abur. 174 00:13:00,920 --> 00:13:02,160 Merda. 175 00:13:14,320 --> 00:13:15,320 Harald! 176 00:13:19,640 --> 00:13:21,000 Aquí estás. 177 00:13:33,120 --> 00:13:34,240 Harald… 178 00:13:37,480 --> 00:13:40,440 Somos unha familia, iso somos. 179 00:13:42,120 --> 00:13:44,040 Axudámonos uns aos outros. 180 00:13:44,560 --> 00:13:45,760 Sempre. 181 00:13:47,280 --> 00:13:48,440 Harald? 182 00:13:50,120 --> 00:13:52,240 Deixa iso un momento. 183 00:13:53,560 --> 00:13:57,920 Ás veces nas familias pasan cousas difíciles. 184 00:13:58,000 --> 00:14:00,120 Aí é cando se hai que apoiar. 185 00:14:01,080 --> 00:14:03,480 Hai que axudar, entendes? 186 00:14:04,400 --> 00:14:06,920 - Creo que si. - Si que o entendes, Harald. 187 00:14:07,000 --> 00:14:09,120 Hai cousas que só entendes ti. 188 00:14:10,040 --> 00:14:12,680 Só me podes axudar ti con isto. 189 00:14:21,800 --> 00:14:23,120 - Ola. - Ola. 190 00:14:23,200 --> 00:14:24,720 Pois… 191 00:14:25,240 --> 00:14:28,000 - Hai un Skoda vello. - Como? 192 00:14:28,080 --> 00:14:33,440 Un tractor EPA. Se cadra non nos serve, pero paga a pena revisalo. 193 00:14:33,520 --> 00:14:35,960 Vale, eu aínda non cheguei. 194 00:14:36,040 --> 00:14:38,240 Busquei información sobre os polacos. 195 00:14:38,320 --> 00:14:41,720 O condutor é… Como dicilo? 196 00:14:41,800 --> 00:14:45,360 - Un pouco inestable, pero son boa xente. - Vale. 197 00:14:46,280 --> 00:14:48,520 Alí. Ves? Ven aquí. 198 00:14:48,600 --> 00:14:51,560 Aquí. Detrás das pedras esas, as rochas. 199 00:14:51,640 --> 00:14:53,880 - Os polacos chegarán ás 21:00. - Vale. 200 00:14:53,960 --> 00:14:56,440 Cóllelo todo e levas a Ola ao celeiro. 201 00:14:56,520 --> 00:14:57,640 Nada máis. 202 00:14:58,320 --> 00:15:00,400 - Entendes? - Si. Canto é? 203 00:15:00,480 --> 00:15:04,000 Non te preocupes, tes que cargar, pero ninguén vai oír nada. 204 00:15:04,080 --> 00:15:06,360 - Vale? - Vale. 205 00:15:08,640 --> 00:15:13,080 Hostia, as putas alemás. Podías escoller a cor que quixeras. 206 00:15:13,160 --> 00:15:15,080 Que ben. 207 00:15:16,760 --> 00:15:18,280 Eran bos tempos. 208 00:15:19,720 --> 00:15:20,760 Lennie? 209 00:16:47,560 --> 00:16:48,720 Ola? 210 00:16:51,120 --> 00:16:52,560 Tes que vir á casa. 211 00:16:52,640 --> 00:16:54,760 - Ola, Kätty? - Tes que vir á casa! 212 00:16:54,840 --> 00:16:57,640 - Tranquilízate. Quen? Harald? - Si! 213 00:17:33,960 --> 00:17:36,320 Son Malik. Estou no cemiterio de coches. 214 00:17:37,320 --> 00:17:39,360 Si, mellor vide. 215 00:17:40,680 --> 00:17:42,320 Agora mesmo. 216 00:17:43,080 --> 00:17:44,360 Vale, fenomenal. 217 00:17:48,480 --> 00:17:50,880 - Teño o número de chasis. - E que? 218 00:17:50,960 --> 00:17:52,160 Harald Duncke. 219 00:17:53,040 --> 00:17:55,120 - Harald? - Duncke. 220 00:18:08,800 --> 00:18:09,960 Que pasou? 221 00:18:10,480 --> 00:18:12,440 Que fixeches? 222 00:18:13,240 --> 00:18:14,760 Ameazounos. 223 00:18:15,280 --> 00:18:17,440 - Quen? - Silas. 224 00:18:20,960 --> 00:18:21,800 Con que? 225 00:18:21,880 --> 00:18:24,480 Con delatarnos á policía. 226 00:18:24,560 --> 00:18:27,880 - E que ía contar? - O do Pecado, evidentemente. 227 00:18:28,520 --> 00:18:30,200 Ameazou a mamá. 228 00:18:31,760 --> 00:18:34,080 - Como? - Que ameazou a mamá. 229 00:18:34,160 --> 00:18:37,280 - Como? - Xa o dixen, ameazou a mamá. 230 00:18:39,000 --> 00:18:40,840 A que te refires con iso? 231 00:18:41,640 --> 00:18:43,200 Que fixeches, Harald? 232 00:18:43,720 --> 00:18:45,240 Harald, respóndeme! 233 00:18:46,200 --> 00:18:47,600 Dime que fixeches. 234 00:18:47,680 --> 00:18:48,920 Dimo! 235 00:18:49,440 --> 00:18:50,280 Harald! 236 00:18:52,560 --> 00:18:53,760 Harald! 237 00:18:56,480 --> 00:18:57,720 Harald! 238 00:18:58,240 --> 00:18:59,640 Cago na puta. 239 00:19:15,200 --> 00:19:16,560 Harald! 240 00:19:23,400 --> 00:19:24,600 Harald! 241 00:19:26,920 --> 00:19:28,560 Jon, onde está teu irmán? 242 00:19:31,000 --> 00:19:32,040 Ola? 243 00:19:35,680 --> 00:19:39,000 - Que pasa? Onde está teu irmán? - Non o vin. 244 00:19:39,520 --> 00:19:40,680 Non o sei. 245 00:19:43,520 --> 00:19:44,920 Queda aí. 246 00:20:04,200 --> 00:20:05,800 Onde estiveches? 247 00:20:08,800 --> 00:20:10,320 De caza. 248 00:20:16,040 --> 00:20:17,600 Estabas con Järven? 249 00:20:22,080 --> 00:20:24,600 Lennie Kroogh, Elis? 250 00:20:25,960 --> 00:20:27,440 Víchelo? 251 00:20:30,880 --> 00:20:34,080 Iamos colaborar, ese era o trato. 252 00:20:37,720 --> 00:20:39,680 Fixécheslle algo? 253 00:20:43,680 --> 00:20:47,400 Necesítoo! É a miña oportunidade para liberar a Oliver! 254 00:20:48,800 --> 00:20:50,000 Onde está? 255 00:20:52,040 --> 00:20:53,600 Xa podes marchar, 256 00:20:53,680 --> 00:20:55,840 pero gústame a túa determinación. 257 00:20:57,720 --> 00:20:58,960 Onde está? 258 00:21:00,440 --> 00:21:02,520 Onde está Järven? Onde vai? 259 00:21:02,600 --> 00:21:04,800 Non foi o lobo, Järven. 260 00:21:05,320 --> 00:21:07,560 Nin tampouco un furón nin unha marta. 261 00:21:08,400 --> 00:21:10,760 Se estiveses de servizo, saberíalo. 262 00:21:15,080 --> 00:21:16,480 O que? 263 00:21:17,280 --> 00:21:19,600 Que isto se vai encher de policías. 264 00:21:19,680 --> 00:21:22,000 Parece que conseguirás o que queres, Dani. 265 00:21:23,480 --> 00:21:25,040 Harald… 266 00:21:25,760 --> 00:21:29,280 Dillo. Pódesllo dicir. 267 00:21:29,880 --> 00:21:31,000 O que? 268 00:21:34,720 --> 00:21:35,720 Harald. 269 00:21:36,240 --> 00:21:38,560 Dillo á policía. 270 00:21:39,080 --> 00:21:40,280 Veña, faino. 271 00:21:41,760 --> 00:21:43,080 Fun eu. 272 00:21:47,000 --> 00:21:48,040 Moi ben. 273 00:21:49,640 --> 00:21:53,000 - Como? - Que fixeches, Harald? Cóntallo. 274 00:21:55,360 --> 00:21:56,360 Elimineino. 275 00:21:57,800 --> 00:21:58,920 Non quería. 276 00:21:59,000 --> 00:22:02,600 Non fixo nada, é un neno. 277 00:22:02,680 --> 00:22:05,400 Será un neno, pero é moi forte. 278 00:22:07,720 --> 00:22:09,160 - Podo ir… - Non. 279 00:22:09,240 --> 00:22:10,240 Harald? 280 00:22:11,480 --> 00:22:12,840 Como o fixeches? 281 00:22:13,960 --> 00:22:15,280 - Podo…? - Que pasou? 282 00:22:15,360 --> 00:22:19,720 Chamoulle deficiente a Harald. Non se lle poden dicir esas cousas. 283 00:22:20,240 --> 00:22:21,560 Non poden, Harald. 284 00:22:22,080 --> 00:22:24,480 Ninguén te debería chamar idiota. 285 00:22:25,080 --> 00:22:26,560 Como o sabes? 286 00:22:29,160 --> 00:22:31,640 Porque o axudei co cadáver. 287 00:22:33,280 --> 00:22:36,400 Que cona vas facer? Vasme encerrar por iso? 288 00:22:37,320 --> 00:22:39,520 Pois faino, impórtame unha merda. 289 00:22:39,600 --> 00:22:42,040 Axudáchelo co cadáver? 290 00:22:42,120 --> 00:22:46,320 Que cona ía facer? É o meu fillo! 291 00:22:46,840 --> 00:22:50,200 Eu non abandono os meus nenos, non coma ti. 292 00:22:52,120 --> 00:22:54,640 Collín o seu tractor EPA e axudeino. 293 00:22:55,160 --> 00:22:56,960 E asumo a responsabilidade. 294 00:22:59,440 --> 00:23:00,600 O seu tractor EPA? 295 00:23:02,680 --> 00:23:03,760 Harald? 296 00:23:06,080 --> 00:23:07,400 Harald? 297 00:23:08,320 --> 00:23:09,440 Harald? 298 00:23:11,040 --> 00:23:13,840 Vamos, ven, rápido! 299 00:23:16,280 --> 00:23:17,560 Ven con túa nai. 300 00:23:20,480 --> 00:23:21,720 Harald! 301 00:23:23,200 --> 00:23:26,920 - Entendes o que fixeches? - Teñen probas contra ti. 302 00:23:27,000 --> 00:23:30,680 - Acabouse. - Non mancaría nin unha mosca. 303 00:23:30,760 --> 00:23:33,880 Non, pero tampouco pode levar a puta granxa! 304 00:23:33,960 --> 00:23:35,000 Harald! 305 00:23:35,080 --> 00:23:36,920 Estalo sacrificando. 306 00:23:37,720 --> 00:23:40,400 - Pensas só en ti. - Non o estou sacrificando. 307 00:23:40,480 --> 00:23:44,120 Non penso en min, penso na granxa. 308 00:23:44,200 --> 00:23:47,000 E na supervivencia desta puta familia. 309 00:23:47,080 --> 00:23:50,760 Que pensas que pasará cando o cancro acabe contigo? 310 00:23:51,920 --> 00:23:55,400 Como collóns me ocultas algo así? 311 00:23:55,480 --> 00:23:58,600 Non hai deus que te perdoe, nin un. 312 00:24:00,120 --> 00:24:03,040 Non te atrevas a xulgarme. 313 00:24:03,120 --> 00:24:04,400 Onde vas? 314 00:24:04,480 --> 00:24:06,080 Ao Pecado. 315 00:24:06,160 --> 00:24:08,840 Hai que atopar a Harald antes que a policía. 316 00:24:12,320 --> 00:24:15,480 Grazas por chamar. Ben. Abur. 317 00:24:16,680 --> 00:24:19,600 A policía está revisando o coche de Harald. 318 00:24:20,560 --> 00:24:23,800 Deixárono alí o día despois de morrer Silas. 319 00:24:23,880 --> 00:24:28,360 Parece ser que está cheo de ADN de Silas. 320 00:24:28,920 --> 00:24:30,120 O coche de Harald? 321 00:24:30,200 --> 00:24:34,480 - O coche está cheo de rastros del. - Non ten sentido. 322 00:24:34,560 --> 00:24:35,680 Son como irmáns. 323 00:24:35,760 --> 00:24:40,560 A policía non o consideraría de interese se non houbese algo. 324 00:24:44,920 --> 00:24:46,760 - Ola. - Onde estás? 325 00:24:46,840 --> 00:24:48,440 Na casa de Elis. 326 00:24:49,440 --> 00:24:50,720 Na súa casa? 327 00:24:51,240 --> 00:24:55,040 Acaba de confesar. Harald acaba de confesar. 328 00:24:56,480 --> 00:24:59,080 - Vale, escoita. - Si, pero… 329 00:24:59,160 --> 00:25:02,560 - O tractor EPA tamén é del. - Algo non cadra. 330 00:25:02,640 --> 00:25:03,960 Que queres dicir? 331 00:25:05,480 --> 00:25:07,000 Non o sei, pero… 332 00:25:07,920 --> 00:25:09,600 hai algo que non encaixa. 333 00:25:09,680 --> 00:25:11,240 Dani, de que falas? 334 00:25:13,880 --> 00:25:16,320 Non deberías estar aí. Vou buscarte. 335 00:25:19,080 --> 00:25:20,600 Xa vou. 336 00:25:20,680 --> 00:25:21,800 Ola? 337 00:25:22,560 --> 00:25:23,640 Dani? 338 00:25:24,360 --> 00:25:25,520 Ola? 339 00:25:25,600 --> 00:25:29,200 Non pensarás en serio que a policía examina un coche 340 00:25:29,280 --> 00:25:31,240 se non hai motivos, non? 341 00:25:31,320 --> 00:25:34,120 - Non. - Pois… 342 00:25:34,200 --> 00:25:36,640 Soa disparatado, pero vale. 343 00:25:36,720 --> 00:25:38,840 Seguen pensando que puido ser el? 344 00:25:39,600 --> 00:25:44,080 Aínda que sexa deficiente, por que? Por que o faría? 345 00:25:44,160 --> 00:25:45,760 Iso é o que non entendo. 346 00:25:46,720 --> 00:25:50,000 Por que? Sei que é capaz. 347 00:26:00,680 --> 00:26:03,960 - Sei o que hai detrás. - A que te refires? 348 00:26:04,480 --> 00:26:07,000 - Como? - Ela obrigouno a facelo. 349 00:26:09,320 --> 00:26:11,240 Cando vas chegar? Ven xa. 350 00:26:11,320 --> 00:26:13,280 - Xa chego, estou preto. - Vale. 351 00:26:13,360 --> 00:26:15,640 - Que pasa? - Non foi el. 352 00:26:18,200 --> 00:26:19,600 Dixéchelo ti. 353 00:26:20,560 --> 00:26:22,640 O fillo maior colle a remuda. 354 00:26:24,480 --> 00:26:26,440 Jon, que cona pasou? 355 00:26:27,200 --> 00:26:28,640 Como dixo Harald… 356 00:26:29,520 --> 00:26:30,920 Ameazounos. 357 00:26:31,000 --> 00:26:33,520 Como vos ameazou? 358 00:26:34,080 --> 00:26:36,440 Veu á casa e ameazou a mamá. 359 00:26:36,520 --> 00:26:38,800 - Cala! - Cala, porca! 360 00:26:38,880 --> 00:26:41,520 Vai á casa, drogadicto! Que tomaches? 361 00:26:41,600 --> 00:26:43,920 - Vou chamar a policía. - Si, hostia. 362 00:26:44,000 --> 00:26:46,720 Virán e descubrirano todo! 363 00:26:46,800 --> 00:26:50,520 - Que dis? - Drogadicto de merda, lisca! 364 00:26:50,600 --> 00:26:52,560 - Puta de merda! - Cala! 365 00:26:58,640 --> 00:26:59,920 Estás esperto? 366 00:27:02,400 --> 00:27:03,240 Estou. 367 00:27:03,760 --> 00:27:05,040 Harald está durmido? 368 00:27:06,520 --> 00:27:07,520 Si. 369 00:27:12,360 --> 00:27:14,120 Por que quere cartos? 370 00:27:15,920 --> 00:27:17,480 Polo de sempre. 371 00:27:19,520 --> 00:27:20,720 O Pecado? 372 00:27:20,800 --> 00:27:23,400 Non nos pode ameazar así. 373 00:27:24,000 --> 00:27:25,640 E que cona fago eu? 374 00:27:27,960 --> 00:27:29,560 Non llo podo pedir a Elis. 375 00:27:31,480 --> 00:27:32,320 O que? 376 00:27:32,920 --> 00:27:34,240 Que o pare. 377 00:27:36,680 --> 00:27:40,600 Non podes mandar un oso asustar un gatiño. 378 00:27:42,960 --> 00:27:45,680 É un rapaz da túa idade. 379 00:27:46,200 --> 00:27:48,320 Tes que paralo ti. 380 00:27:59,240 --> 00:28:00,520 Ola. 381 00:28:06,280 --> 00:28:08,960 Si, claro. Que cona non entendedes? 382 00:28:09,040 --> 00:28:13,160 Debédesnos cartos. Sodes unha merda, entendedes? 383 00:28:13,240 --> 00:28:16,840 Estás de broma? Cala. Non digas iso da miña familia. 384 00:28:16,920 --> 00:28:20,240 Teu pai é unha merda e teu irmán un becho noxento… 385 00:28:20,320 --> 00:28:22,120 Fillo de puta, cabrón! 386 00:29:06,160 --> 00:29:10,680 Non sei como foi, pero pasou, mamá. Ven á praia. 387 00:29:12,800 --> 00:29:15,320 Non sei, mamá. 388 00:29:15,400 --> 00:29:17,600 Non sei que facer. 389 00:29:22,320 --> 00:29:24,000 Isto é de Silas? 390 00:29:29,920 --> 00:29:32,480 É todo culpa de Silas, xa o sabes. 391 00:29:35,480 --> 00:29:36,320 Ven aquí. 392 00:29:41,440 --> 00:29:43,520 Despois tiramos o cadáver ao río. 393 00:29:46,800 --> 00:29:50,080 - Non o fixen adrede, papá. - Ameazounos. 394 00:29:51,240 --> 00:29:53,800 Non puiden parar. 395 00:30:01,880 --> 00:30:04,000 Tes que deixar que me deteñan. 396 00:30:04,080 --> 00:30:07,520 Non, nin de broma, Jon. Teu irmán precísate máis que nunca. 397 00:30:15,800 --> 00:30:17,440 Temos que atopalo. 398 00:30:18,120 --> 00:30:19,920 Ragnar, son Elis. 399 00:30:20,520 --> 00:30:22,960 Si, Ragnar, oíches ben. Son Elis. 400 00:30:23,040 --> 00:30:27,920 Vou ao gran, agora son eu o que está debaixo do tractor. 401 00:30:28,520 --> 00:30:30,800 É polos nenos, Ragnar. 402 00:30:36,520 --> 00:30:37,760 - Estás ben? - Merda! 403 00:30:37,840 --> 00:30:40,160 Eu vou por aquí, ti vai por aí. 404 00:30:42,560 --> 00:30:43,880 Harald! 405 00:30:45,720 --> 00:30:46,760 Harald! 406 00:30:49,560 --> 00:30:50,480 Harald! 407 00:30:53,760 --> 00:30:54,640 Harald! 408 00:30:58,360 --> 00:31:01,840 - Harald! - Harald! 409 00:31:01,920 --> 00:31:03,480 Harald! 410 00:31:04,400 --> 00:31:05,760 Harald! 411 00:31:05,840 --> 00:31:07,880 Harald! 412 00:31:08,680 --> 00:31:10,720 Jon, está aí. 413 00:31:16,480 --> 00:31:19,000 Harald, temos que marchar. 414 00:31:20,120 --> 00:31:21,200 Harald… 415 00:31:25,400 --> 00:31:28,160 Vas a Markaryd con Ragnar. 416 00:31:28,240 --> 00:31:31,200 Co meu irmán, do que che falei. É moi bo. 417 00:31:31,280 --> 00:31:33,000 - Pero… - Si. 418 00:31:36,240 --> 00:31:37,680 Ei! 419 00:31:37,760 --> 00:31:39,360 - Está aí. - Kätty! 420 00:31:39,880 --> 00:31:41,000 Aí está! 421 00:31:42,200 --> 00:31:45,360 - Kätty! - Kätty! Falsa de merda. 422 00:32:21,240 --> 00:32:25,240 Kätty, como cona convenciches o teu propio fillo para matar a alguén? 423 00:32:32,560 --> 00:32:34,520 Veña, vamos. 424 00:32:34,600 --> 00:32:37,360 Érguete, non podes sentar aí. Axúdao. 425 00:32:39,080 --> 00:32:40,280 Quietos! 426 00:32:40,360 --> 00:32:41,960 Marchade! 427 00:32:42,040 --> 00:32:43,920 Para, Jon! 428 00:32:45,240 --> 00:32:47,400 Elis, dille que volva! 429 00:32:47,480 --> 00:32:48,720 Para! 430 00:33:03,520 --> 00:33:04,960 Harald! 431 00:33:05,040 --> 00:33:07,600 - Por Deus bendito, Kimmen! - Kimmen… 432 00:33:07,680 --> 00:33:09,160 Ide vós, eu quedo aquí. 433 00:33:09,240 --> 00:33:12,280 - Papá! - Prométoche que vou ir. 434 00:33:12,360 --> 00:33:14,040 Kimmen… 435 00:33:14,120 --> 00:33:15,160 Papá! 436 00:33:19,120 --> 00:33:20,760 Estou aquí, Kimmen. 437 00:33:20,840 --> 00:33:22,800 Mateino eu. 438 00:33:22,880 --> 00:33:24,520 Eu matei o teu irmán. 439 00:33:24,600 --> 00:33:26,040 Foi Harald quen o matou. 440 00:33:26,120 --> 00:33:29,720 Harald non pode facer nada e menos matar o teu irmán. 441 00:33:29,800 --> 00:33:31,760 - Fun eu. - Mentira! 442 00:33:31,840 --> 00:33:33,560 Non. 443 00:33:33,640 --> 00:33:35,280 Fun eu. 444 00:33:35,360 --> 00:33:36,280 Por que? 445 00:33:36,360 --> 00:33:39,240 Ía denunciarnos ás autoridades. 446 00:33:39,320 --> 00:33:42,560 Ía acabar cos meus ingresos, así que o afoguei. 447 00:33:42,640 --> 00:33:45,040 - Cabrón! - E gocei facéndoo. 448 00:33:45,120 --> 00:33:46,280 Non! 449 00:34:04,280 --> 00:34:05,800 Senta. Que sentes! 450 00:34:06,520 --> 00:34:07,760 Dámo. 451 00:34:08,400 --> 00:34:09,320 Queda aquí. 452 00:34:09,920 --> 00:34:10,760 Ven aquí. 453 00:34:29,080 --> 00:34:31,560 Malik! Espera! 454 00:34:31,640 --> 00:34:33,280 Espera, ven. 455 00:34:35,000 --> 00:34:36,520 Están escapando! 456 00:34:36,600 --> 00:34:38,600 Ven, déixaos escapar. 457 00:34:40,640 --> 00:34:42,160 Vounos perder. 458 00:34:42,680 --> 00:34:43,720 Ven! 459 00:34:56,800 --> 00:34:58,200 Escapan. 460 00:35:01,920 --> 00:35:03,440 Xa o oíches. 461 00:35:03,960 --> 00:35:05,440 Elis confesou. 462 00:35:05,520 --> 00:35:08,560 - Fíxoo para salvar os fillos. - Xa. 463 00:35:10,040 --> 00:35:11,120 Exacto. 464 00:35:12,320 --> 00:35:13,480 Exacto. 465 00:35:13,560 --> 00:35:15,560 Para salvar os seus fillos. 466 00:35:16,520 --> 00:35:17,480 Déixao. 467 00:35:18,160 --> 00:35:19,800 Hostia, Dani. 468 00:35:20,320 --> 00:35:21,600 Acabouse. 469 00:35:22,920 --> 00:35:24,240 Foi abondo. 470 00:35:25,040 --> 00:35:27,680 Ti tamén o sabes, non foi culpa del. 471 00:35:27,760 --> 00:35:30,880 Dá igual, es policía. É o teu traballo. 472 00:35:30,960 --> 00:35:32,160 Por favor… 473 00:35:32,680 --> 00:35:34,480 - Dani. - Non. 474 00:35:35,400 --> 00:35:36,560 Teño que marchar. 475 00:36:11,280 --> 00:36:14,240 CONTRATO DE COMPRA 476 00:36:30,040 --> 00:36:33,920 PREPÁRATE 477 00:36:47,600 --> 00:36:49,840 Malik, cóntasmo outra vez? 478 00:36:52,920 --> 00:36:54,200 Estás ben, Malik? 479 00:36:56,440 --> 00:36:57,960 Elis confesou. 480 00:36:58,640 --> 00:36:59,680 A ti? 481 00:37:00,760 --> 00:37:03,160 A min non, estaba un pouco máis lonxe. 482 00:37:04,920 --> 00:37:06,200 Pero oíno. 483 00:37:58,640 --> 00:38:00,200 Oliver Anttila. 484 00:38:00,280 --> 00:38:03,320 Estivo en illamento, podo velo agora? 485 00:38:03,400 --> 00:38:04,520 Xa o soltaron. 486 00:38:05,160 --> 00:38:06,280 Como? 487 00:38:09,000 --> 00:38:10,840 Ola, grazas por chamarme. 488 00:38:11,720 --> 00:38:15,320 Falamos dunha vivenda para o meu fillo, Oliver. 489 00:38:16,280 --> 00:38:17,560 Exacto. 490 00:38:17,640 --> 00:38:18,880 Segue dispoñible? 491 00:38:36,600 --> 00:38:38,600 CAFETERÍA BLUE MOON 492 00:38:40,880 --> 00:38:42,120 Oliver. 493 00:38:43,840 --> 00:38:45,440 Teño que falar contigo. 494 00:38:46,360 --> 00:38:48,080 Podemos saír e falar? 495 00:38:48,760 --> 00:38:49,840 Oliver? 496 00:38:50,680 --> 00:38:52,160 Espera. 497 00:38:52,240 --> 00:38:53,760 Escoita. 498 00:38:54,280 --> 00:38:55,280 Oliver. 499 00:38:55,360 --> 00:38:57,280 Teño que falar contigo. 500 00:38:58,320 --> 00:38:59,360 Que queres? 501 00:39:02,080 --> 00:39:03,200 Que queres? 502 00:39:08,800 --> 00:39:10,440 Non aguanto máis, vale? 503 00:39:22,880 --> 00:39:24,840 Agora escóitame. 504 00:39:25,360 --> 00:39:27,240 - Ei! - Que fas? 505 00:39:31,640 --> 00:39:33,560 Non quero un abrazo. 506 00:39:34,440 --> 00:39:36,880 Sóltame. 507 00:39:42,320 --> 00:39:43,640 Síntoo. 508 00:39:51,040 --> 00:39:52,200 Síntoo. 509 00:39:53,080 --> 00:39:54,200 Síntoo. 510 00:40:08,240 --> 00:40:09,880 Vai saír todo ben. 511 00:40:13,640 --> 00:40:15,040 Vai saír todo ben. 512 00:42:50,240 --> 00:42:52,560 Subtítulos: Ainoa Antelo Pérez