1
00:00:00,042 --> 00:00:01,376
Anteriormente…
2
00:00:01,377 --> 00:00:03,336
Necesito un favor para un tipo.
3
00:00:03,337 --> 00:00:04,838
Fai desaparecer as probas.
4
00:00:04,839 --> 00:00:07,382
Roubou vostede os cartos de Boone Riley.
5
00:00:07,383 --> 00:00:09,592
O pagador foi Rawlings Corp.
6
00:00:09,593 --> 00:00:11,010
{\an8}Preséntoche a Arvid.
7
00:00:11,011 --> 00:00:13,722
{\an8}Os seus fanáticos
mataron a Judith Grey a pedradas
8
00:00:13,723 --> 00:00:15,557
coma se isto fose a Idade Media.
9
00:00:15,558 --> 00:00:18,226
Woodrow, é hora de cambiar de dirección.
10
00:00:18,227 --> 00:00:20,854
Aquí o problema non son eu, é el. Non!
11
00:00:20,855 --> 00:00:23,815
En 24 horas, o meu equipo
extraerá da súa fermosa granxa
12
00:00:23,816 --> 00:00:25,984
o ensaio de Tranqlara.
13
00:00:25,985 --> 00:00:28,653
- Tes que comer algo…
- Non me toques!
14
00:00:28,654 --> 00:00:34,242
Lémbrote a ti dicíndome:
"Ninguén te tocará nunca máis."
15
00:00:34,243 --> 00:00:36,327
Percy nunca me tocou, pero ti matáchelo!
16
00:00:36,328 --> 00:00:38,997
Seguro que Murphy non matou
pola súa conta a Davos.
17
00:00:38,998 --> 00:00:41,082
Recibiu ordes do seu padriño.
18
00:00:41,083 --> 00:00:43,001
O cabrón seguiume. Ía matarme.
19
00:00:43,002 --> 00:00:44,461
Rebenteille a cabeza.
20
00:00:44,462 --> 00:00:47,005
Se a miña muller
se apelidase así, adoptaríao
21
00:00:47,006 --> 00:00:48,298
e pasaría do meu.
22
00:00:48,299 --> 00:00:49,591
Por? Como te apelidas?
23
00:00:49,592 --> 00:00:50,801
Nunca cho direi.
24
00:00:51,427 --> 00:00:52,510
Quen che deu acceso?
25
00:00:52,511 --> 00:00:53,845
Non!
26
00:00:53,846 --> 00:00:56,931
Só quería saber máis sobre o Proxecto.
27
00:00:56,932 --> 00:00:59,768
Para quen traballas? Para ese poli?
28
00:00:59,769 --> 00:01:02,562
Non haberá proba da implicación
de Murphy e o padriño.
29
00:01:02,563 --> 00:01:04,814
Eu irei ao cárcere e Keno morrerá.
30
00:01:04,815 --> 00:01:07,358
Collemos as armas,
a munición que poidamos,
31
00:01:07,359 --> 00:01:09,862
e matamos a quen se interpoña
en Echo Canyon.
32
00:01:27,087 --> 00:01:30,840
Móveste coma se tiveses
gana de mexar. Sóltao.
33
00:01:30,841 --> 00:01:32,467
Non tiña segundas intencións
34
00:01:32,468 --> 00:01:34,804
ao mandarte onda Tracy, fíxeno polo caso.
35
00:01:36,305 --> 00:01:38,724
Non o sei, se cadra subconscientemente…
36
00:01:39,892 --> 00:01:41,601
Es adulta e non son ninguén
37
00:01:41,602 --> 00:01:44,979
para advertirte, ou ensinarche,
ou o que fose que fixera.
38
00:01:44,980 --> 00:01:46,982
Tiña moitas cousas na cabeza e fodina.
39
00:01:49,443 --> 00:01:50,527
Síntoo.
40
00:01:50,528 --> 00:01:51,779
Non pasa nada.
41
00:01:52,863 --> 00:01:54,614
Sei que o tes baixo control.
42
00:01:54,615 --> 00:01:55,908
É que…
43
00:01:57,785 --> 00:01:59,787
non quero que che pase nada.
44
00:02:06,210 --> 00:02:08,545
Como carallo teño que interpretar iso?
45
00:02:08,546 --> 00:02:09,547
De ningún xeito.
46
00:02:10,339 --> 00:02:12,549
Facemos un bo equipo, máis nada.
47
00:02:12,550 --> 00:02:14,885
Non che sei, gústasme.
48
00:02:16,679 --> 00:02:18,556
Aínda que non sexas moi amable.
49
00:02:20,474 --> 00:02:21,308
Coma agora.
50
00:02:26,522 --> 00:02:28,815
Supérannos por moito en armamento.
51
00:02:28,816 --> 00:02:31,192
Descartamos a poli porque non son de fiar.
52
00:02:31,193 --> 00:02:33,820
Se avisamos o FBI,
son tres días de burocracia
53
00:02:33,821 --> 00:02:35,446
para decidiren se axudan.
54
00:02:35,447 --> 00:02:38,157
En resumo, imos meternos nunha boa lea.
55
00:02:38,158 --> 00:02:41,745
Así que non me parece o momento
de poñerse romántico.
56
00:02:42,454 --> 00:02:43,746
Xa vexo, si.
57
00:02:43,747 --> 00:02:45,206
Estamos de sorte.
58
00:02:45,207 --> 00:02:48,294
Viranos ben calquera arma
que poidamos ter á man.
59
00:02:50,254 --> 00:02:51,671
Spray de pementa? Como?
60
00:02:51,672 --> 00:02:54,841
Compreille un á sobriña
cando marchou á universidade.
61
00:02:54,842 --> 00:02:55,968
Funciona. Creme.
62
00:03:01,390 --> 00:03:04,810
Que saibas que non quero
que che pase nada a ti tampouco.
63
00:03:31,754 --> 00:03:35,716
Ola. Outro fermoso día
na… Granxa Echo Canyon.
64
00:03:38,385 --> 00:03:39,427
En que podo axudar?
65
00:03:39,428 --> 00:03:41,805
Dille a Cole que nos envía o Sr. Rawlings.
66
00:03:45,351 --> 00:03:47,352
Por que Rawlings manda xente?
67
00:03:47,353 --> 00:03:49,187
Agora o saberemos.
68
00:03:49,188 --> 00:03:51,856
- Non acabas de estar con el?
- Pois si.
69
00:03:51,857 --> 00:03:53,942
Por que manda homes armados?
70
00:03:53,943 --> 00:03:57,946
Mason, sabías que o apóstolo Paulo
non coñeceu a Xesús en persoa?
71
00:03:57,947 --> 00:04:01,366
Se o coñecese,
cres que lle faría un lote de preguntas
72
00:04:01,367 --> 00:04:04,244
ou que estaría calado e aprendería?
73
00:04:11,669 --> 00:04:15,338
Señor Cole, desculpe
por entrar tan bruscamente.
74
00:04:15,339 --> 00:04:17,757
Un contacto do Sr. Rawlings
no FBI avisouno.
75
00:04:17,758 --> 00:04:19,717
Van facer unha redada.
76
00:04:19,718 --> 00:04:22,845
Un momento, máis amodo. Unha redada?
77
00:04:22,846 --> 00:04:26,558
Si, señor. Levámoslles 30 minutos
de vantaxe ás furgonetas do SWAT.
78
00:04:27,810 --> 00:04:31,854
Teremos tempo abondo
para evacuar algunha xente?
79
00:04:31,855 --> 00:04:34,899
Non sen un helicóptero.
Vixían as estradas da zona.
80
00:04:34,900 --> 00:04:36,567
Os meus homes están adestrados.
81
00:04:36,568 --> 00:04:38,987
Conteranos ata que os avogados o paren.
82
00:04:38,988 --> 00:04:41,531
Agóchense no depósito ata que sexa seguro.
83
00:04:41,532 --> 00:04:43,574
Non, diso nada. Esta é a nosa casa.
84
00:04:43,575 --> 00:04:46,328
Temos un equipo de seguridade
adestrado e armado.
85
00:04:47,329 --> 00:04:49,497
O Sr. Rawlings insiste en que se agochen.
86
00:04:49,498 --> 00:04:52,041
Se hai feridos,
vostede debe estar a salvo.
87
00:04:52,042 --> 00:04:53,711
É moi valioso para a operación.
88
00:05:00,634 --> 00:05:03,429
Sen min, quen liderará o rabaño?
89
00:05:04,138 --> 00:05:06,889
Tes razón.
Mason mais eu estaremos contigo.
90
00:05:06,890 --> 00:05:09,143
Avise a súa xente. Protéxaos.
91
00:05:17,151 --> 00:05:20,611
Chegou o día do que vos advertín.
92
00:05:20,612 --> 00:05:24,157
Os intrusos veñen perturbar o noso fogar.
93
00:05:24,158 --> 00:05:29,370
Só será un pequeno contratempo,
xa que viñeros uns homes para axudarnos.
94
00:05:29,371 --> 00:05:31,664
Acudide ao pendello de inmediato.
95
00:05:31,665 --> 00:05:36,587
Hoxe contestaremos
moitas das preguntas sobre o Proxecto.
96
00:06:03,822 --> 00:06:06,408
Entrade. Tantos coma caibades.
97
00:06:11,872 --> 00:06:15,333
Se puidese empezar de novo,
sería un cidadán de verdade.
98
00:06:15,334 --> 00:06:18,796
Conseguiría un bo traballo en Costco
ou vendendo jacuzzis.
99
00:06:19,588 --> 00:06:23,050
Así meus pais verían
o mal que fixeron ao abandonarme.
100
00:06:29,181 --> 00:06:30,933
Es home de poucas palabras, Ozzy.
101
00:06:32,434 --> 00:06:33,435
Que raios pasa?
102
00:06:40,776 --> 00:06:43,237
- Ese non é…?
- Non pares.
103
00:06:54,123 --> 00:06:56,082
Xa entraron todos. Podemos comezar.
104
00:06:56,083 --> 00:06:58,460
Recibido. Estamos listos. Cambio.
105
00:07:00,087 --> 00:07:02,964
Cando cres
que empezarán os fogos artificiais?
106
00:07:02,965 --> 00:07:04,967
Agora… mesmo.
107
00:07:12,099 --> 00:07:14,767
En marcha. Hai que botalos no crematorio.
108
00:07:14,768 --> 00:07:16,186
Vou deixar a nota.
109
00:07:43,172 --> 00:07:44,338
Que pasa aquí?
110
00:07:44,339 --> 00:07:47,049
Se é unha trampa,
non quero que nos sintan entrar.
111
00:07:47,050 --> 00:07:48,427
Seguiremos a pé.
112
00:08:24,296 --> 00:08:26,256
BASEADA NOS PERSONAXES DE LEE CHILD
113
00:08:51,073 --> 00:08:52,241
Isto dáme arrepíos.
114
00:09:01,541 --> 00:09:03,042
"Xulgaron as nosas crenzas
115
00:09:03,043 --> 00:09:05,336
nun mundo que nin nos ama nin nos valora
116
00:09:05,337 --> 00:09:06,754
como nós o amamos.
117
00:09:06,755 --> 00:09:08,798
A Biblia di 'po ao po'.
118
00:09:08,799 --> 00:09:10,841
Hoxe seremos átomos aos átomos.
119
00:09:10,842 --> 00:09:13,552
As nosas moléculas volven á atmosfera
120
00:09:13,553 --> 00:09:16,014
coma o po cósmico do que un día nacemos."
121
00:09:16,765 --> 00:09:19,392
- Todo moi racional.
- Unha nota de suicidio.
122
00:09:19,393 --> 00:09:23,230
Iso é o que parece.
Pero os líderes de seitas son narcisistas.
123
00:09:23,939 --> 00:09:26,275
Quérense demasiado para suicidarse.
124
00:09:29,027 --> 00:09:31,321
"Átomos aos átomos" soa a…
125
00:09:32,030 --> 00:09:32,906
A bomba.
126
00:09:34,866 --> 00:09:38,077
É unha farsa.
Rawlings repite o de Hamilton.
127
00:09:38,078 --> 00:09:41,163
Rebentará o depósito
coa xente e a información dentro.
128
00:09:41,164 --> 00:09:44,625
Parecerá que Cole organizou
un suicidio colectivo.
129
00:09:44,626 --> 00:09:45,960
Van morrer todos.
130
00:09:45,961 --> 00:09:49,088
Tamén xente boa
que se sentía perdida coma Tommy Crane.
131
00:09:49,089 --> 00:09:50,965
- Arre demo.
- Non vimos a ninguén
132
00:09:50,966 --> 00:09:53,217
porque Rawlings os mandou ao depósito.
133
00:09:53,218 --> 00:09:55,886
Coñeces o sistema de ventilación.
Entra polo bosque.
134
00:09:55,887 --> 00:09:57,431
Non deberiamos ir xuntos?
135
00:09:58,265 --> 00:10:00,099
O aluminio non pode cos tres.
136
00:10:00,100 --> 00:10:03,311
Nós iremos pola fronte.
Mentres os distraemos co tiroteo,
137
00:10:03,312 --> 00:10:05,396
baixas e buscas os explosivos.
138
00:10:05,397 --> 00:10:09,442
Que puta tolemia é esta?
Hai unha semana, eu facía fotocopias.
139
00:10:09,443 --> 00:10:12,195
Atopa as cargas. Eu ocupareime do resto.
140
00:10:14,698 --> 00:10:15,699
Keno está aí abaixo.
141
00:10:48,982 --> 00:10:50,274
Non teño ángulo. Ti?
142
00:10:50,275 --> 00:10:52,402
Son boa tiradora, pero non tanto.
143
00:10:58,408 --> 00:10:59,910
Que carallo pasa?
144
00:11:00,535 --> 00:11:01,578
Neagley!
145
00:11:40,033 --> 00:11:43,745
Todos sentados.
Mans na cabeza! Sen moverse!
146
00:11:44,663 --> 00:11:45,747
Non me fodas.
147
00:12:30,333 --> 00:12:31,334
Estou no conduto.
148
00:12:37,757 --> 00:12:40,801
Repito, estou no conduto.
Dirección leste. Recibídesme?
149
00:12:40,802 --> 00:12:44,638
Si, recibido.
Estou sen munición, faime un favor.
150
00:12:44,639 --> 00:12:45,765
Sigue falando.
151
00:12:49,060 --> 00:12:50,687
Aquí oio moitas voces.
152
00:12:51,938 --> 00:12:55,566
Parece que hai moreas de xente.
Non sei cantos exactamente.
153
00:12:55,567 --> 00:12:56,734
Vale.
154
00:12:56,735 --> 00:12:59,446
Sentín moitos berros. Semellan asustados.
155
00:13:01,114 --> 00:13:02,281
Moi asustados.
156
00:13:02,282 --> 00:13:04,743
- Parece que os xuntaron a todos.
- Merda.
157
00:13:31,478 --> 00:13:32,312
Hostia.
158
00:13:37,359 --> 00:13:38,610
Bo traballo, Renée.
159
00:13:39,277 --> 00:13:40,195
Vou para abaixo.
160
00:13:44,783 --> 00:13:46,952
Merda.
161
00:14:05,720 --> 00:14:06,680
Ben feito, Neagley.
162
00:14:15,855 --> 00:14:17,482
Calmádevos.
163
00:14:19,818 --> 00:14:20,777
Calmádevos.
164
00:14:21,736 --> 00:14:23,988
Só buscamos papelame e uns discos duros.
165
00:14:23,989 --> 00:14:25,448
Despois marcharemos.
166
00:14:27,200 --> 00:14:31,413
Lawrence, que papelame? Que queren?
167
00:14:32,622 --> 00:14:34,082
Non teño nin idea.
168
00:14:35,000 --> 00:14:37,961
Pero creo que non saben
con quen están tratando.
169
00:14:39,170 --> 00:14:40,171
Amigo,
170
00:14:42,674 --> 00:14:45,676
tes a oportunidade
de salvarte e sobrevivir.
171
00:14:45,677 --> 00:14:48,470
Senta ou non terei máis remedio
172
00:14:48,471 --> 00:14:51,098
que informar o Sr. Rawlings
do intento de golpe.
173
00:14:51,099 --> 00:14:52,975
Xa sabes do que é capaz.
174
00:14:52,976 --> 00:14:55,769
Rawlings desatará o inferno contra ti.
175
00:14:55,770 --> 00:14:56,855
Rawlings.
176
00:15:00,275 --> 00:15:02,652
Quen hostia cre que nos mandou facer isto?
177
00:15:06,823 --> 00:15:07,824
Lawrence.
178
00:15:09,826 --> 00:15:10,785
Estás ben?
179
00:15:12,662 --> 00:15:13,747
Estou, si.
180
00:15:20,545 --> 00:15:23,298
Lado norte despexado.
Están todos no depósito.
181
00:16:15,558 --> 00:16:18,353
Non pasa nada.
182
00:16:19,062 --> 00:16:20,397
Axiña rematará todo.
183
00:16:25,276 --> 00:16:27,569
- Canto falta?
- Colocamos dúas cargas.
184
00:16:27,570 --> 00:16:29,656
- A terceira case está.
- Recibido.
185
00:16:32,325 --> 00:16:33,827
Renée. Hai tres bombas.
186
00:16:51,678 --> 00:16:52,929
Xa atopei unha.
187
00:16:56,307 --> 00:16:58,435
Somos moitos máis ca eles.
188
00:16:59,310 --> 00:17:02,021
Farémoslles fronte. Vale?
189
00:17:03,148 --> 00:17:06,359
Avisade a todos. Ao meu sinal.
190
00:17:07,318 --> 00:17:08,194
Veña.
191
00:17:09,863 --> 00:17:11,114
Veña, ao sinal.
192
00:17:11,781 --> 00:17:13,158
Veña, ao sinal.
193
00:17:17,829 --> 00:17:18,872
Preparados?
194
00:17:20,415 --> 00:17:21,665
Agora!
195
00:17:21,666 --> 00:17:23,334
Coidado!
196
00:17:27,922 --> 00:17:30,633
Quieto todo o mundo! Ao puto chan.
197
00:17:31,176 --> 00:17:34,261
- Ven acó! Puto merdeiro!
- Baixade as mans!
198
00:17:34,262 --> 00:17:36,138
- Ven aquí!
- Todos quietos!
199
00:17:36,139 --> 00:17:39,933
Dilles que senten
e será unha morte rápida coa explosión,
200
00:17:39,934 --> 00:17:41,436
ou agonizarán desangrados!
201
00:17:55,325 --> 00:17:58,453
Matade estes chalados!
Que ninguén saia vivo de aquí!
202
00:18:12,383 --> 00:18:13,550
Alto! Ei!
203
00:18:13,551 --> 00:18:15,552
Por favor! Non dispare.
204
00:18:15,553 --> 00:18:17,679
Policía de Chicago. Veña, movédevos.
205
00:18:17,680 --> 00:18:19,723
Vamos. Ao ascensor. Bulide!
206
00:18:19,724 --> 00:18:21,099
Veña!
207
00:18:21,100 --> 00:18:22,477
Axiña! Bulide!
208
00:18:30,985 --> 00:18:31,986
Merda!
209
00:18:49,003 --> 00:18:51,256
- Comproba a esquina esquerda.
- Recibido.
210
00:18:59,097 --> 00:19:00,723
- Estás ben?
- Estou.
211
00:19:03,101 --> 00:19:04,351
Que é isto?
212
00:19:04,352 --> 00:19:05,353
Non teño nin idea.
213
00:19:22,704 --> 00:19:23,872
Vamos.
214
00:19:26,666 --> 00:19:28,126
Quítalle o cordón da bota.
215
00:19:30,211 --> 00:19:31,628
Para que o precisamos?
216
00:19:31,629 --> 00:19:35,173
No Líbano, bloqueabamos
o sinal das bombas con ondas de radio.
217
00:19:35,174 --> 00:19:37,259
Interfiren co sinal de activación
218
00:19:37,260 --> 00:19:38,302
e non estoupan.
219
00:19:38,303 --> 00:19:40,763
O cordón retarda a mecha e altera o sinal.
220
00:19:51,858 --> 00:19:52,692
Despexado!
221
00:20:04,454 --> 00:20:05,330
Vale.
222
00:20:07,290 --> 00:20:08,917
Neagley, onde cona estades?
223
00:20:10,001 --> 00:20:12,629
Desactivando as bombas. Situación?
224
00:20:23,723 --> 00:20:25,474
Hudson, situación?
225
00:20:25,475 --> 00:20:28,102
Coñecín uns tipos
aos que non lles caio ben.
226
00:20:30,146 --> 00:20:34,024
Terei as radios acesas,
pero nunha canle con ruído estático.
227
00:20:34,025 --> 00:20:35,068
Por que?
228
00:20:38,321 --> 00:20:41,699
Para anular o detonador da bomba.
Estaremos incomunicados.
229
00:20:43,785 --> 00:20:45,536
Non volveremos falar.
230
00:20:46,996 --> 00:20:48,748
Ata que saiamos de aquí.
231
00:20:55,546 --> 00:20:56,464
Vale.
232
00:20:58,883 --> 00:21:02,011
Se ten que ser así, tende coidado.
233
00:21:04,847 --> 00:21:05,682
Ti tamén.
234
00:21:19,904 --> 00:21:20,863
Cambio de canle.
235
00:21:46,723 --> 00:21:47,724
Veña!
236
00:21:48,349 --> 00:21:49,350
Vamos!
237
00:21:50,268 --> 00:21:51,477
Merda!
238
00:21:57,567 --> 00:22:01,946
Ei! Tes que seguir batendo, meu!
239
00:22:03,573 --> 00:22:06,199
Veña, tío! Vasnos sacar de aquí.
240
00:22:06,200 --> 00:22:07,910
Dálle! Veña, gózao!
241
00:22:09,203 --> 00:22:11,956
Así se fai! Que o ritmo non pare, meu.
242
00:22:16,753 --> 00:22:19,421
- Está chegando!
- Deixade paso ao voso líder!
243
00:22:19,422 --> 00:22:20,673
Deixade paso ao líder!
244
00:22:21,340 --> 00:22:22,383
Aquí está!
245
00:22:53,122 --> 00:22:57,417
Afastádevos do ascensor.
Prométovos que todos sairedes de aquí.
246
00:22:57,418 --> 00:23:00,713
Farémolo con orde e calma.
Ide subindo, veña.
247
00:23:04,342 --> 00:23:06,843
Si! Conseguíchelo, puto chalado.
248
00:23:06,844 --> 00:23:12,308
Vale. Agora saca a man
polo burato e abre a porta.
249
00:23:17,480 --> 00:23:18,898
Ben! Xenial. Vale.
250
00:23:21,484 --> 00:23:23,319
Perfecto! Agora abre a miña.
251
00:23:29,742 --> 00:23:32,161
Ben, amigo! Veña, temos que liscar.
252
00:23:33,704 --> 00:23:35,747
Vamos! Abrídelles a todos.
253
00:23:35,748 --> 00:23:37,708
Ábrelles a todos. Veña!
254
00:23:38,584 --> 00:23:40,878
Vamos, tío. Que nos van matar.
255
00:24:17,039 --> 00:24:19,250
Deberon telo encerrado noutro sitio.
256
00:24:21,752 --> 00:24:23,713
Non, seguro que estivo aquí.
257
00:24:34,473 --> 00:24:35,850
Matárono?
258
00:24:38,686 --> 00:24:41,022
Non hai proba diso. Vaiamos buscalo.
259
00:24:45,234 --> 00:24:49,697
{\an8}GRAZAS, RENEE
- DION HECKATHORNE
260
00:25:06,631 --> 00:25:07,589
Ti!
261
00:25:07,590 --> 00:25:08,590
Tranquilo, meu.
262
00:25:08,591 --> 00:25:10,592
Ti provocaches isto, sabías?
263
00:25:10,593 --> 00:25:14,137
Cole deunos o paraíso.
E entón apareciches ti.
264
00:25:14,138 --> 00:25:17,557
Trouxeches este inferno á granxa.
Envelenaches o que tiñamos.
265
00:25:17,558 --> 00:25:19,976
Destruíches o noso fogar.
266
00:25:19,977 --> 00:25:21,354
Cole enganouvos, tío.
267
00:25:22,730 --> 00:25:24,273
- É un cabrón.
- Que te fodan.
268
00:26:42,143 --> 00:26:43,394
Cría que estabas morto.
269
00:26:43,978 --> 00:26:45,104
Eu tamén.
270
00:26:53,946 --> 00:26:55,031
Foi defensa propia.
271
00:26:55,781 --> 00:26:57,658
Colle esa arma e vamos. Xa.
272
00:27:52,630 --> 00:27:54,173
Non te movas!
273
00:28:07,728 --> 00:28:10,606
Só quería darlles un fogar!
274
00:28:12,691 --> 00:28:14,527
Foron Pierce e Rawlings.
275
00:28:18,989 --> 00:28:22,742
Por favor, teño a perna esnaquizada.
Necesito un médico!
276
00:28:22,743 --> 00:28:26,454
Importouche unha merda Tommy Crane.
Iso mesmo me importas ti.
277
00:28:26,455 --> 00:28:28,331
Apenas o coñecía!
278
00:28:28,332 --> 00:28:30,793
Necesitaba axuda, e ti matáchelo.
279
00:28:36,424 --> 00:28:38,008
Que imos facer con el?
280
00:28:40,636 --> 00:28:41,470
Deixalo aí.
281
00:28:45,641 --> 00:28:46,892
Ai, Deus!
282
00:29:03,159 --> 00:29:05,119
- Ola.
- Ola.
283
00:29:07,079 --> 00:29:08,080
Décheslle unha arma?
284
00:29:11,709 --> 00:29:13,669
- Os civís?
- Están na superficie.
285
00:29:14,336 --> 00:29:15,253
Os de Rawlings?
286
00:29:15,254 --> 00:29:17,297
Revisamos todo. Neutralizados.
287
00:29:17,298 --> 00:29:19,341
- Cole?
- Ocupámonos del.
288
00:29:20,176 --> 00:29:22,385
Hai que coller todos os discos duros.
289
00:29:22,386 --> 00:29:24,846
Portátiles, calquera proba do que fixeron.
290
00:29:24,847 --> 00:29:25,848
Vamos.
291
00:30:13,354 --> 00:30:14,396
Esa é Mandy.
292
00:30:19,652 --> 00:30:20,653
Síntoo.
293
00:32:16,894 --> 00:32:19,395
Non se comunicaron. Estarán ocultándose.
294
00:32:19,396 --> 00:32:20,396
Trae o coche.
295
00:32:20,397 --> 00:32:22,815
Sae nas noticias. Unha grande explosión.
296
00:32:22,816 --> 00:32:26,235
A labarada viuse en todo o condado.
Cumpriron coa misión.
297
00:32:26,236 --> 00:32:30,239
Vale. O meu avión sairá ás 23:00
para Estocolmo.
298
00:32:30,240 --> 00:32:32,075
Reúne o equipo para comentar
299
00:32:32,076 --> 00:32:36,579
o novo fármaco inhibidor
da bomba de protóns en canto aterre.
300
00:32:36,580 --> 00:32:37,581
Si, señor.
301
00:32:42,086 --> 00:32:45,880
Señorita Neagley.
Verá, como son un home ocupado,
302
00:32:45,881 --> 00:32:48,883
arrésteme xa para que poida chamar
os meus avogados
303
00:32:48,884 --> 00:32:51,386
e comezar o proceso canto antes.
304
00:32:51,387 --> 00:32:54,097
Só conseguirá
retrasar un día a miña marcha.
305
00:32:54,098 --> 00:32:57,434
Teño cidadanía en nove países
306
00:32:58,352 --> 00:33:01,270
sen tratado de extradición
cos Estados Unidos.
307
00:33:01,271 --> 00:33:03,564
En cada un, teño unha bonita casa
308
00:33:03,565 --> 00:33:07,235
onde vivirei felizmente
os meus últimos anos, así que, adiante.
309
00:33:07,236 --> 00:33:09,113
Chame as autoridades.
310
00:33:14,368 --> 00:33:15,786
Goce da viaxe.
311
00:33:53,866 --> 00:33:56,618
- Todos os responsables…
- Mortos.
312
00:33:58,078 --> 00:33:59,121
Todos.
313
00:34:00,581 --> 00:34:01,915
Es cuspida a teu pai.
314
00:34:04,334 --> 00:34:05,711
Como está?
315
00:34:06,503 --> 00:34:07,629
Segue estable.
316
00:34:09,506 --> 00:34:11,300
Vou visitalo agora.
317
00:34:17,973 --> 00:34:20,601
Ven comigo, rula. Quero darche unha cousa.
318
00:34:36,617 --> 00:34:38,659
Non sei se a viras algunha vez,
319
00:34:38,660 --> 00:34:41,914
{\an8}pero pareceume
que sería algo especial para ti.
320
00:34:45,042 --> 00:34:46,376
É especial.
321
00:34:47,544 --> 00:34:48,378
Grazas.
322
00:34:58,305 --> 00:35:00,766
- Pasa algo?
- Podo?
323
00:35:03,769 --> 00:35:07,773
A COELLIÑA BERNADETTE
DE GERALDINE LITWICK
324
00:35:13,654 --> 00:35:16,697
Ei, Frances.
Teño o novo da coelliña Bernadette.
325
00:35:16,698 --> 00:35:18,407
Queres vir velo?
326
00:35:18,408 --> 00:35:21,245
PROPIEDADE DA BIBLIOTECA MÓBIL
DO CONDADO DE COOK
327
00:35:21,829 --> 00:35:23,121
Elliot Percy.
328
00:35:25,833 --> 00:35:27,793
Foi quen lle deu o libro a Tommy.
329
00:35:30,796 --> 00:35:32,505
Tamén tentou darmo a min.
330
00:35:32,506 --> 00:35:34,508
Tamén tentou abusar de ti?
331
00:35:36,718 --> 00:35:37,719
Si.
332
00:35:38,804 --> 00:35:39,930
Pero non o fixo.
333
00:35:43,183 --> 00:35:44,434
Tiven sorte.
334
00:35:47,187 --> 00:35:48,563
Todo este tempo,
335
00:35:48,564 --> 00:35:51,440
o único que non entendía
era por que a Tommy
336
00:35:51,441 --> 00:35:53,986
lle atraería un sitio como Echo Canyon.
337
00:36:02,035 --> 00:36:03,161
Tentaba sandar.
338
00:36:11,628 --> 00:36:12,880
Falastes con meu pai.
339
00:36:17,759 --> 00:36:19,552
Non sabiamos a quen acudir.
340
00:36:19,553 --> 00:36:22,723
Era policía, un amigo, e quería a Tommy.
341
00:36:23,682 --> 00:36:27,643
Díxonos polo que pasaría Tommy
se presentabamos cargos.
342
00:36:27,644 --> 00:36:30,479
Fiscais, psicólogos do xulgado.
343
00:36:30,480 --> 00:36:34,901
Tería que contarlles
o que lle pasara con todo detalle.
344
00:36:34,902 --> 00:36:37,862
Volvería vivilo unha e outra vez.
345
00:36:37,863 --> 00:36:40,365
Non queriamos facelo pasar por iso.
346
00:36:41,366 --> 00:36:43,242
Teu pai prometeunos
347
00:36:43,243 --> 00:36:47,873
que nunca llo contaría a ninguén
no que lle quedase de vida.
348
00:36:50,042 --> 00:36:51,293
Cumpriu a súa promesa.
349
00:36:53,670 --> 00:36:54,922
Nunca mo contou.
350
00:36:55,964 --> 00:36:58,132
Non nos dixo nada. Non preguntamos.
351
00:36:58,133 --> 00:37:00,092
Pero cando Percy apareceu morto,
352
00:37:00,093 --> 00:37:02,471
sabíamos que tiña que ser cousa súa.
353
00:37:31,875 --> 00:37:33,168
Onde está meu pai?
354
00:37:33,835 --> 00:37:35,128
Síntoo.
355
00:37:36,129 --> 00:37:37,381
Faleceu esta noite.
356
00:37:38,423 --> 00:37:40,884
Chamámola, pero non a demos localizado.
357
00:37:43,345 --> 00:37:45,138
O meu móbil recibiu un disparo.
358
00:37:47,683 --> 00:37:48,809
Vale.
359
00:37:51,937 --> 00:37:53,897
Seu pai deixoulle isto.
360
00:37:56,066 --> 00:37:57,234
Deixareina a soas.
361
00:38:16,086 --> 00:38:19,922
Frances, estou seguro
de que algún día descubrirás
362
00:38:19,923 --> 00:38:23,218
por que non puiden contarche
por que fixen o que fixen.
363
00:38:24,177 --> 00:38:27,764
Foi polo motivo correcto,
pero fíxenche dano no proceso.
364
00:38:28,557 --> 00:38:30,851
Síntoo moitísimo, miña nena.
365
00:38:34,938 --> 00:38:39,026
Contigo foi a primeira
e única vez que fixen de pai.
366
00:38:40,402 --> 00:38:44,573
Fun aprendendo sobre a marcha
o mellor traballo que tiven.
367
00:38:45,824 --> 00:38:47,117
O maior honor.
368
00:38:49,369 --> 00:38:51,246
Os meus erros feríronte.
369
00:38:51,955 --> 00:38:54,415
Non te illes do mundo.
370
00:38:54,416 --> 00:38:58,044
Deixa que os meus actos morran comigo.
371
00:38:58,045 --> 00:38:59,713
Quérote, ruliña.
372
00:39:00,380 --> 00:39:02,423
Volveremos vernos algún día.
373
00:39:02,424 --> 00:39:05,552
E entón poderei abrazarte.
374
00:39:07,054 --> 00:39:08,472
Quérote. Papá.
375
00:39:40,587 --> 00:39:42,047
Queres parar co nó?
376
00:39:42,672 --> 00:39:44,006
Odio levar esta merda.
377
00:39:44,007 --> 00:39:47,343
Se a rompes, non me devolven os cartos,
así que para xa.
378
00:39:47,344 --> 00:39:49,261
Perdoa por vir mal vestido.
379
00:39:49,262 --> 00:39:50,930
Avariouse o bus en Missouri.
380
00:39:50,931 --> 00:39:53,140
Hai só 20 minutos que cheguei.
381
00:39:53,141 --> 00:39:54,142
Estás ben.
382
00:39:56,311 --> 00:39:57,437
Como o soubeches?
383
00:39:58,230 --> 00:39:59,856
Chamei ao hospital.
384
00:40:00,774 --> 00:40:01,900
Estaba preocupado.
385
00:40:04,236 --> 00:40:06,445
Grazas por estar pendente do meu vello.
386
00:40:06,446 --> 00:40:07,906
Non estaba pendente del.
387
00:40:13,537 --> 00:40:15,288
Seica estiveches moi ocupada.
388
00:40:16,164 --> 00:40:21,168
Si. Entreguei probas moi graves
ao FBI hoxe pola mañá.
389
00:40:21,169 --> 00:40:24,380
Le os xornais. Vaise armar unha boa.
390
00:40:24,381 --> 00:40:25,841
Sinto perder a diversión.
391
00:40:27,676 --> 00:40:30,804
Sabes que podías chamarme de novo
se precisabas axuda.
392
00:40:31,596 --> 00:40:33,140
Non tiña tempo de buscarte.
393
00:40:34,224 --> 00:40:37,811
Eses tres de aí axudáronme moitísimo.
394
00:40:39,437 --> 00:40:40,438
Son un bo equipo?
395
00:40:42,524 --> 00:40:43,692
Moi bo.
396
00:40:44,359 --> 00:40:45,235
Ese é enorme.
397
00:40:47,028 --> 00:40:48,238
Non é para tanto.
398
00:40:52,325 --> 00:40:54,744
Entón cando marchas?
399
00:40:55,412 --> 00:40:57,496
Collo o tren dentro dunha hora.
400
00:40:57,497 --> 00:40:59,875
Pasarei o verán alá, verei algún partido.
401
00:41:00,292 --> 00:41:02,210
Ou precisas que quede uns días?
402
00:41:02,752 --> 00:41:04,087
Non fai falta.
403
00:41:04,963 --> 00:41:06,214
Estou ben.
404
00:41:09,176 --> 00:41:10,677
Grazas, Reacher.
405
00:41:11,720 --> 00:41:14,097
Non estaba lonxe. Estaba en Saint Louis.
406
00:41:14,222 --> 00:41:18,268
Non. Grazas porque sempre
me aceptaches como son.
407
00:41:21,313 --> 00:41:23,440
Pero non vou ser sempre así.
408
00:41:51,009 --> 00:41:52,719
Encantado de coñecerte, Neagely.
409
00:41:55,388 --> 00:41:56,473
Non podo crelo.
410
00:41:58,475 --> 00:41:59,976
Tes as mans suaves.
411
00:42:17,702 --> 00:42:20,955
Detiveron a James Plemel,
subcomisario da policía de Chicago,
412
00:42:20,956 --> 00:42:24,458
por conspiración a grande escala
xunto co seu afillado,
413
00:42:24,459 --> 00:42:28,296
un axente de policía
baixo a xurisdición de Plemel.
414
00:42:46,147 --> 00:42:48,817
Eliminaches un asasino.
Bo traballo, Riley.
415
00:42:58,326 --> 00:43:00,912
Así era Patrick a última vez que o vin.
416
00:43:02,163 --> 00:43:03,873
Non o vin por aquí.
417
00:43:05,917 --> 00:43:07,544
- Vale.
- Pero axudareite.
418
00:43:08,086 --> 00:43:09,838
Verás como o habemos atopar.
419
00:43:13,174 --> 00:43:17,304
Vin a mensaxe que me deixaches,
Dion Heckathorne.
420
00:43:18,888 --> 00:43:19,889
Grazas por que?
421
00:43:21,516 --> 00:43:24,394
Púxente en perigo
porque quería atopar a meu irmán.
422
00:43:25,103 --> 00:43:26,229
Son egoísta.
423
00:43:31,860 --> 00:43:33,319
Cando te abandonan
424
00:43:33,320 --> 00:43:36,072
e te botan de casas de acollida
unha chea de veces,
425
00:43:36,781 --> 00:43:39,367
empezas a pensar que tes algo malo.
426
00:43:41,494 --> 00:43:42,620
Que es defectuoso.
427
00:43:43,371 --> 00:43:46,707
Cando quixen volver á granxa
por Mandy, apoiáchesme,
428
00:43:46,708 --> 00:43:48,667
aínda que crías que era mala idea.
429
00:43:48,668 --> 00:43:51,128
Non farías iso se non pensases que era…
430
00:43:51,129 --> 00:43:54,215
que sei eu, capaz.
431
00:43:55,216 --> 00:43:56,760
E se alguén coma ti…
432
00:43:58,928 --> 00:44:01,014
cre que merezo a pena… entendes?
433
00:44:02,223 --> 00:44:04,934
Non sei, pensei que igual si que o merezo.
434
00:44:06,936 --> 00:44:07,854
Así que…
435
00:44:10,231 --> 00:44:11,107
grazas.
436
00:44:17,781 --> 00:44:18,865
De nada.
437
00:44:38,802 --> 00:44:40,469
Non podo crer que sexa teu.
438
00:44:40,470 --> 00:44:42,514
Nora non quixo seguir co negocio.
439
00:44:43,098 --> 00:44:45,265
Facíalle dano só de pensalo.
440
00:44:45,266 --> 00:44:47,519
E pagácheslle cinco veces o que vale.
441
00:44:51,606 --> 00:44:55,944
Hai uns anos, Reacher deume
un lote de cartos que eu non gañei.
442
00:44:56,903 --> 00:44:58,905
Nunca me sentín cómoda con iso.
443
00:45:00,323 --> 00:45:01,991
Así que hoxe libreime deles.
444
00:45:03,118 --> 00:45:04,034
Agora Nora York
445
00:45:04,035 --> 00:45:07,121
e o Instituto do Mesotelioma
son moito máis ricos.
446
00:45:07,122 --> 00:45:09,206
Onde están os empregados?
447
00:45:09,207 --> 00:45:12,919
Téñoos diante. Todos dimitiron
cando lles dixen que sería a xefa.
448
00:45:14,796 --> 00:45:15,630
Ven aquí.
449
00:45:28,268 --> 00:45:31,437
Poñerei unha ducha no cuarto da limpeza.
450
00:45:31,438 --> 00:45:33,397
Hai unha lavandaría preto.
451
00:45:33,398 --> 00:45:35,525
Non quero que uses a miña lavadora.
452
00:45:41,072 --> 00:45:42,030
É para min?
453
00:45:42,031 --> 00:45:44,241
Saldei a túa débeda cos Stukov
454
00:45:44,242 --> 00:45:46,493
e cos que che mercaron as básculas.
455
00:45:46,494 --> 00:45:49,163
Ninguén che poñerá
as tripas de gravata, Keno.
456
00:45:49,164 --> 00:45:52,125
O meu empregado
non pode acabar nun colector.
457
00:45:54,878 --> 00:45:55,879
Vaia…
458
00:45:56,754 --> 00:45:57,589
Grazas.
459
00:45:58,173 --> 00:45:59,299
Non foi idea miña.
460
00:46:02,760 --> 00:46:04,428
Pero se non che caio ben.
461
00:46:04,429 --> 00:46:05,847
Aínda non me decidín.
462
00:46:07,891 --> 00:46:08,725
Ei,
463
00:46:10,435 --> 00:46:12,020
podemos falar un momento?
464
00:46:28,286 --> 00:46:29,329
A ver…
465
00:46:30,330 --> 00:46:31,164
Mira…
466
00:46:32,707 --> 00:46:35,168
o que che dixen na gasolineira
467
00:46:36,085 --> 00:46:37,504
antes de ir á granxa…
468
00:46:38,546 --> 00:46:41,173
Tranquilo. A xente confunde o que sente
469
00:46:41,174 --> 00:46:42,799
cando cren que van morrer.
470
00:46:42,800 --> 00:46:44,385
Xa, pero…
471
00:46:46,429 --> 00:46:48,181
eu ben sei o que sinto.
472
00:46:50,183 --> 00:46:51,392
Verás, cando estabas…
473
00:46:52,018 --> 00:46:55,020
Cando estabas drogada e asustada,
quería abrazarte,
474
00:46:55,021 --> 00:46:57,065
que soubeses que estabas a salvo.
475
00:46:58,191 --> 00:47:01,401
Non o fixen porque sabía
que non querías que te tocasen.
476
00:47:01,402 --> 00:47:03,863
Non quero que penses que non me importaba.
477
00:47:05,782 --> 00:47:07,242
Porque ti impórtasme.
478
00:47:09,536 --> 00:47:12,580
Nunha situación así,
tentaría probar a bicarte.
479
00:47:26,553 --> 00:47:27,844
Non podo.
480
00:47:27,845 --> 00:47:29,889
Non queres ou non podes?
481
00:47:31,349 --> 00:47:32,183
Non podo.
482
00:47:32,767 --> 00:47:37,230
Dar a man no cemiterio
foi o primeiro paso.
483
00:47:39,399 --> 00:47:42,402
Pero aínda é demasiado pronto.
484
00:47:44,696 --> 00:47:46,614
Vale, non pasa nada.
485
00:47:53,830 --> 00:47:56,207
Teño moito papelame para pechar o caso.
486
00:47:57,333 --> 00:47:59,836
Vémonos mañá para almorzar na cafetería?
487
00:48:01,004 --> 00:48:01,838
Iso que tal?
488
00:48:03,923 --> 00:48:05,550
- Soa ben.
- É unha cita.
489
00:48:17,854 --> 00:48:19,856
MANUAL DE ESTUDO
DA SAÚDE MENTAL
490
00:48:22,483 --> 00:48:26,404
No teu correo,
dicías que tiñas moito que contar.
491
00:48:27,905 --> 00:48:29,198
De que se trata?
492
00:50:38,035 --> 00:50:40,120
Subtítulos: Beatriz Rivas Pazos
493
00:50:40,121 --> 00:50:42,123
Supervisora creativa:
Paula Maneiro