1 00:00:09,968 --> 00:00:12,053 Ten dereito a gardar silencio. 2 00:00:12,554 --> 00:00:15,682 O que diga poderá usarse na súa contra nun tribunal. 3 00:00:20,103 --> 00:00:21,730 Se non pode custealo, 4 00:00:21,813 --> 00:00:25,275 asignáraselle un, se o quere, antes do interrogatorio. 5 00:00:27,694 --> 00:00:28,945 Póñao fácil. 6 00:00:29,529 --> 00:00:33,491 Díganos onde están Noah Stiles e mais o seu marido. 7 00:00:33,575 --> 00:00:36,578 Cando o rapaz estea a salvo e Coltrane estea detido 8 00:00:36,661 --> 00:00:39,414 negociaremos a súa liberdade co fiscal. 9 00:00:41,875 --> 00:00:43,251 Quero a miña chamada. 10 00:00:46,171 --> 00:00:47,172 Xa. 11 00:00:48,548 --> 00:00:50,008 Non quere falar. 12 00:00:50,633 --> 00:00:52,302 Seguro que sabe algo. 13 00:00:52,385 --> 00:00:56,431 Sábeo todo, incluído onde e como atopar o noso fillo. 14 00:00:56,514 --> 00:00:58,600 Seguro que non entrou ninguén aquí? 15 00:00:58,683 --> 00:01:01,561 No cuarto non hai indicios de loita nin danos. 16 00:01:01,644 --> 00:01:03,563 Noah escapou pola súa conta. 17 00:01:03,646 --> 00:01:05,774 Por iso deixou atrás o móbil… 18 00:01:06,608 --> 00:01:08,902 Quere vinganza. Busca a Coltrane. 19 00:01:08,985 --> 00:01:11,362 - Como o sabes? - É o que faría eu. 20 00:01:11,905 --> 00:01:15,742 - Oxalá que non o atopase. - Ou que Coltrane non o atopase a el. 21 00:01:15,825 --> 00:01:19,579 Sobre Wilder, Malik emitiu unha orde de arresto hai uns minutos. 22 00:01:19,662 --> 00:01:22,707 - Polo asasinato de Amos. - Como o conseguistes? 23 00:01:22,791 --> 00:01:26,169 Miramos as gravacións de seguridade do club de striptease 24 00:01:26,711 --> 00:01:30,131 e vimos como Harper lle daba a Coltrane a túa arma. 25 00:01:31,049 --> 00:01:31,883 Nic Harper? 26 00:01:31,966 --> 00:01:34,803 Colaborou con el todo este tempo. 27 00:01:34,886 --> 00:01:37,722 Se traballa para el, pode estar buscando a Noah. 28 00:01:37,806 --> 00:01:40,517 Levou a Noah á comisaría. 29 00:01:40,600 --> 00:01:43,019 Pode que Noah confíe nela e vaia con ela. 30 00:01:43,103 --> 00:01:45,480 Tedes que facer que Ebony fale, rápido. 31 00:01:45,563 --> 00:01:49,943 A quen chamou? Pode ser unha pista para dar con Coltrane. 32 00:01:50,026 --> 00:01:55,031 Chamou a un spa para cancelar unha puta masaxe. 33 00:01:55,115 --> 00:01:58,493 Son Ebony Wilder. Deixa unha mensaxe tras o sinal. 34 00:01:58,576 --> 00:02:01,788 Ebony, levo media hora chamándote. Onde estás? 35 00:02:01,871 --> 00:02:05,208 SPA EDEN'S BLISS, CHAMADA ENTRANTE 36 00:02:06,709 --> 00:02:07,919 Coltrane Wilder. 37 00:02:08,002 --> 00:02:10,255 Bo día. Chamamos do spa Eden's Bliss. 38 00:02:10,338 --> 00:02:14,843 A súa muller cancelou a masaxe en parella de hoxe. 39 00:02:17,971 --> 00:02:19,180 Entendo. 40 00:02:20,765 --> 00:02:22,308 Dixo por que non podía ir? 41 00:02:22,392 --> 00:02:24,894 Unha cita no centro cuns amigos seus. 42 00:02:24,978 --> 00:02:28,314 - Dixo que vostede sabía quen son. - Sei, si. 43 00:02:29,858 --> 00:02:33,736 Sabe canto vai tardar para cambiar a cita da masaxe? 44 00:02:33,820 --> 00:02:36,781 Dixo que é mellor que vostede busque outro spa. 45 00:02:36,865 --> 00:02:41,411 Quizais ese ao que foron o ano pasado en Montenegro. 46 00:02:42,912 --> 00:02:44,873 Podo falar coa xerente? 47 00:02:44,956 --> 00:02:48,251 - Síntoo, a xerente non está dispoñible. - Ata cando? 48 00:02:48,334 --> 00:02:49,544 Indefinidamente. 49 00:03:00,180 --> 00:03:02,557 - Diga. - A policía arrestou a Ebony. 50 00:03:02,640 --> 00:03:04,017 Está detida. 51 00:03:04,100 --> 00:03:07,729 Tes que ir alí e facer todo o posible por axudala. 52 00:03:07,812 --> 00:03:09,981 Coltrane, tes unha orde de arresto. 53 00:03:10,064 --> 00:03:12,859 Iso dáme igual, Sam. O que me importa é Ebony. 54 00:03:13,359 --> 00:03:15,236 - Quere que marche. - Ten razón. 55 00:03:15,320 --> 00:03:17,989 Se segues nos Ánxeles… non deberías. 56 00:03:18,072 --> 00:03:19,824 Non vou marchar sen ela. 57 00:03:19,908 --> 00:03:22,702 Vaite alí, Sam. Vai agora mesmo. 58 00:03:22,785 --> 00:03:25,038 De acordo, xa vou. Pero avísote de que 59 00:03:25,121 --> 00:03:27,457 talvez a única saída sexa delatarte. 60 00:03:27,540 --> 00:03:29,626 Por iso quere que marches. Faino. 61 00:03:31,336 --> 00:03:32,545 Está embarazada. 62 00:03:32,629 --> 00:03:35,089 Era certo? Crin que era unha pantomima. 63 00:03:35,173 --> 00:03:36,716 Non quero perdelos. 64 00:03:37,717 --> 00:03:39,844 - Son a miña familia. - Se te collen, 65 00:03:39,928 --> 00:03:42,555 ti pérdelos a eles ou eles a ti. 66 00:03:43,139 --> 00:03:46,142 Como conseguiron a orde? Que teñen contra ti? 67 00:05:03,344 --> 00:05:04,429 Ti que fas aquí? 68 00:05:04,512 --> 00:05:07,807 Manda nabo, señorito! Saíronche pelos no carallo, eh? 69 00:05:10,643 --> 00:05:13,396 Tío, case che voo os miolos. 70 00:05:13,479 --> 00:05:14,605 A que viñeches? 71 00:05:14,689 --> 00:05:17,734 Os colegas celebran hoxe unha vixilia polo teu avó. 72 00:05:17,817 --> 00:05:19,819 O xefe merecíao. 73 00:05:20,445 --> 00:05:23,114 Vin coller algunha cousiña para homenaxealo. 74 00:05:23,865 --> 00:05:26,200 Oe, acompáñote no sentimento. 75 00:05:27,076 --> 00:05:27,952 Que fas aquí? 76 00:05:29,662 --> 00:05:31,039 Vin coller isto. 77 00:05:32,040 --> 00:05:33,958 Para o que matou a Pesadelo. 78 00:05:35,209 --> 00:05:37,128 Onde está o teu home, Ebony? 79 00:05:38,588 --> 00:05:40,173 Se o soubese, non o diría. 80 00:05:40,256 --> 00:05:42,300 Non coñeces o segredo marital? 81 00:05:42,383 --> 00:05:44,969 Iso só vale se Coltrane che dixo a onde ía, 82 00:05:45,053 --> 00:05:48,222 non se ti o sabes doutro xeito, e aposto a que é así. 83 00:05:49,182 --> 00:05:52,894 En calquera caso, sabías que a vida de Noah estaba en perigo 84 00:05:52,977 --> 00:05:55,730 - e se non é cousa do teu home… - Non o é. 85 00:05:56,898 --> 00:06:00,109 É a detective Harper? Íala chamar a ela? 86 00:06:03,404 --> 00:06:05,281 Ímolo descubrir, Ebony. 87 00:06:05,365 --> 00:06:08,910 Ímoste conectar con todo isto. 88 00:06:08,993 --> 00:06:12,080 E se Noah morre, irás ao cárcere o resto da túa vida. 89 00:06:14,707 --> 00:06:16,918 E o teu fillo medrará sen ti. 90 00:06:18,211 --> 00:06:20,797 Criarano outras persoas. 91 00:06:22,882 --> 00:06:26,302 O fillo que levas dentro non te coñecerá. 92 00:06:27,470 --> 00:06:28,554 A menos que… 93 00:06:29,263 --> 00:06:30,848 me digas o que sabes. 94 00:06:33,226 --> 00:06:35,603 Moi ben. 95 00:06:35,686 --> 00:06:38,439 Apártese da miña clienta, detective Cruz. 96 00:06:38,523 --> 00:06:39,649 Necesita aire. 97 00:06:39,732 --> 00:06:42,110 E eu necesito atopar a Noah Stiles. 98 00:07:11,347 --> 00:07:13,391 CHARLIE: NOAH? 99 00:07:15,643 --> 00:07:19,647 HARPER: ESTOU NISO. 100 00:07:22,108 --> 00:07:24,235 CHARLIE: POIS APURA. 101 00:07:32,326 --> 00:07:33,828 Non podo estar sen facer nada. 102 00:07:33,911 --> 00:07:36,497 Non sabes a quen ía chamar Ebony? 103 00:07:36,581 --> 00:07:40,001 Non mo dixo. Non podedes investigalo? Sodes policías. 104 00:07:40,084 --> 00:07:44,297 Non recibiu chamadas no móbil nin no fixo que nos desen pistas. 105 00:07:44,380 --> 00:07:47,842 Podería ter un teléfono por satélite agochado na casa. 106 00:07:47,925 --> 00:07:52,054 A policía estará buscando a Noah. Podo dicirlles que volvan e miren… 107 00:07:52,138 --> 00:07:55,308 Non, que se centren en atopar a Noah. 108 00:07:55,391 --> 00:07:58,603 Sobre todo se tes razón e anda na procura de Coltrane. 109 00:07:58,686 --> 00:07:59,687 Teño razón. 110 00:08:03,524 --> 00:08:04,358 Jimmy. 111 00:08:04,442 --> 00:08:06,986 Non podemos falar. Estás en arresto domiciliario. 112 00:08:07,069 --> 00:08:08,696 Durante canto tempo? 113 00:08:08,779 --> 00:08:12,492 Dave contounos que atopastes probas contra Harper e Coltrane. 114 00:08:12,575 --> 00:08:14,327 Si, pero teño as mans atadas. 115 00:08:14,410 --> 00:08:17,246 O teu arresto non é só pola morte do teu pai. 116 00:08:17,330 --> 00:08:20,708 Hai cargos por obstrución, a investigación de Asuntos Internos… 117 00:08:20,791 --> 00:08:22,960 Non podo pasalo por alto. 118 00:08:23,044 --> 00:08:26,088 Teño que saír de aquí e atopar o meu fillo, Jimmy. 119 00:08:26,172 --> 00:08:30,635 Non descansarei mentres Coltrane estea vivo e libre. 120 00:08:34,555 --> 00:08:36,349 Responde con tino, Ebony. 121 00:08:36,432 --> 00:08:39,101 A quen ías chamar para salvar a Noah Stiles? 122 00:08:40,520 --> 00:08:42,271 Non sei quen era. 123 00:08:42,855 --> 00:08:46,400 Non era Coltrane, el non mancaría un rapaz para salvarse. 124 00:08:46,484 --> 00:08:49,529 Podes impedir que esa persoa manque a Noah? 125 00:08:49,612 --> 00:08:53,533 Non sen implicar alguén que quero moito. 126 00:08:53,616 --> 00:08:56,118 Non sairás de aquí sen darlles algo. 127 00:08:56,619 --> 00:08:59,038 Ou a Coltrane ou esta outra persoa. 128 00:08:59,121 --> 00:09:02,875 Tería que renegar de todo o que me ensinaron. 129 00:09:02,959 --> 00:09:04,043 De todo o que son. 130 00:09:04,126 --> 00:09:05,920 Podes calar, Ebony, 131 00:09:06,003 --> 00:09:10,550 pero se Noah morre e collen a Coltrane, os dous iredes ao cárcere de por vida. 132 00:09:10,633 --> 00:09:12,134 Se non collen a Coltrane, 133 00:09:12,218 --> 00:09:15,096 darán co modo de facerche pagar por todo. 134 00:09:16,472 --> 00:09:17,723 Dálles algo. 135 00:09:17,807 --> 00:09:19,308 Non tes outra opción. 136 00:09:23,813 --> 00:09:25,356 Dime que tes algo, Jimmy. 137 00:09:25,439 --> 00:09:28,651 Aínda non quere falar, Fred, pero Cruz hallo sacar. 138 00:09:28,734 --> 00:09:30,319 Diranos onde está o rapaz. 139 00:09:30,403 --> 00:09:32,446 - Tanto me ten Noah Stiles. - Fred. 140 00:09:32,530 --> 00:09:36,158 É certo. E o alcalde, o teu xefe, pensa igual. 141 00:09:36,242 --> 00:09:37,952 Isaiah Stiles está tarado, 142 00:09:38,035 --> 00:09:41,372 pero acertou en que Coltrane Wilder está metido nisto. 143 00:09:41,455 --> 00:09:45,751 Se Wilder era o cuarto tirador de Century City, é un asasino de policías. 144 00:09:45,835 --> 00:09:48,629 Ese titular daranos o ascenso cando o collamos. 145 00:09:48,713 --> 00:09:51,882 - Non sei se quero un ascenso. - Si, ho. Non fodas. 146 00:09:51,966 --> 00:09:54,468 Se facedes que Ebony torne contra Coltrane, 147 00:09:54,552 --> 00:09:57,305 cando o collamos, non terá escapatoria. 148 00:09:57,388 --> 00:10:00,975 Para iso, hai que deixala marchar, usala de cebo. 149 00:10:01,058 --> 00:10:03,019 Cando a veña buscar, collémolos. 150 00:10:03,102 --> 00:10:05,605 E namentres, Noah Stiles morre. 151 00:10:06,105 --> 00:10:11,402 - Hai facer que revele como atopalo. - Que lles dean a Noah Stiles e o seu pai! 152 00:10:11,485 --> 00:10:13,654 A prioridade é Coltrane Wilder. 153 00:10:13,738 --> 00:10:16,157 Iso é unha auténtica barbaridade, xefe. 154 00:10:16,240 --> 00:10:18,868 - Jimmy. - Vale. Déame unha hora. 155 00:10:18,951 --> 00:10:20,828 Volverei e farei que fale. 156 00:10:22,121 --> 00:10:23,789 Unha hora. 157 00:10:24,373 --> 00:10:25,374 Ben. 158 00:10:26,167 --> 00:10:30,463 Pero se a cagas, págalo ti, Cruz, e ti, Jimmy. 159 00:10:32,840 --> 00:10:34,425 Consigue que fale. 160 00:10:40,139 --> 00:10:42,767 Sei que non che gusta, pero eu son realista. 161 00:10:42,850 --> 00:10:46,479 Se non atopamos o rapaz, teremos que usar a Ebony de cebo. 162 00:10:46,562 --> 00:10:49,523 Eu tamén son realista, señor Jacobson. 163 00:10:50,107 --> 00:10:53,194 Atopar a Noah é o mellor desenlace posible. 164 00:10:53,819 --> 00:10:56,656 Poida que nunca atopemos a Coltrane Wilder. 165 00:10:57,907 --> 00:10:59,825 A saber onde estará agora. 166 00:12:30,958 --> 00:12:31,792 Diga. 167 00:12:31,876 --> 00:12:33,294 Ebony está ben? 168 00:12:33,377 --> 00:12:36,922 Non vou completar os 18 buracos, Dave. Non está ben, está fodida. 169 00:12:37,006 --> 00:12:38,007 Non teño tempo. 170 00:12:38,090 --> 00:12:40,760 Debería entregarme? Deixaríana marchar? 171 00:12:40,843 --> 00:12:43,471 Non vou gañar, tío. Non servirá de nada. 172 00:12:43,554 --> 00:12:47,266 Mesmo se xogo só desde os tees vermellos… Irán por ela igual. 173 00:12:47,349 --> 00:12:49,435 Sería unha parvada apostar por iso. 174 00:12:49,518 --> 00:12:54,064 Deberías xogar en Montreux, Suíza. Deberías saír do país. 175 00:12:54,148 --> 00:12:56,066 Non vou saír do país sen ela. 176 00:12:56,650 --> 00:12:58,527 Poida que non teñas opción. 177 00:12:58,611 --> 00:13:00,780 Se acaba o torneo xuvenil, Se o rapaz morre, 178 00:13:00,863 --> 00:13:03,491 ningún de nós irá a ningures. estamos todos fodidos. 179 00:13:03,574 --> 00:13:07,953 Cando remates co golf, Sam, temos que falar do futuro da túa clienta. 180 00:13:08,037 --> 00:13:10,414 - Ídela deixar marchar? - Non. 181 00:13:11,999 --> 00:13:12,833 Déixote, Dave. 182 00:13:12,917 --> 00:13:14,460 Mellor que vaias indo. 183 00:13:14,543 --> 00:13:16,879 O tráfico do aeroporto é matador. Marcha xa! 184 00:13:23,177 --> 00:13:25,429 JIMMY: AÍNDA NON DEMOS CON NOAH. 185 00:13:26,847 --> 00:13:28,182 Merda. 186 00:14:07,263 --> 00:14:08,347 Mi madriña. 187 00:14:24,154 --> 00:14:27,700 De que coñece Ebony a Brenda Johnson? 188 00:14:28,909 --> 00:14:30,077 PARABÉNS, IRMANCIÑA. 189 00:14:30,160 --> 00:14:31,161 Irmanciña? 190 00:14:31,245 --> 00:14:32,246 CON CARIÑO, CHARLIE 191 00:14:32,955 --> 00:14:34,790 Quen raio é Charlie? 192 00:14:37,251 --> 00:14:38,252 Demo. 193 00:14:38,335 --> 00:14:41,755 Non imaxino o parva que se debe sentir aí sentada. 194 00:14:42,590 --> 00:14:45,759 Onte, neste mesmo andar, neste edificio, 195 00:14:45,843 --> 00:14:48,178 puxéronnos a todos contra as cordas 196 00:14:48,262 --> 00:14:51,348 facéndose as vítimas do acoso policial 197 00:14:51,432 --> 00:14:53,684 e ameazando cunha demanda. 198 00:14:56,020 --> 00:14:58,439 Como viraron as tornas, señora Wilder. 199 00:14:58,522 --> 00:15:00,482 Non fai falla ser petulante. 200 00:15:00,566 --> 00:15:02,651 A gravación de Candace, que usaron 201 00:15:02,735 --> 00:15:05,279 para este arresto, non se sosterá nos tribunais. 202 00:15:05,362 --> 00:15:06,614 Poida que non. 203 00:15:09,700 --> 00:15:11,118 Pero isto si. 204 00:15:12,453 --> 00:15:15,039 Ese paquete contén a arma do tenente Stiles, 205 00:15:15,122 --> 00:15:18,375 que fora confiscada ese día polo capitán Sealey. 206 00:15:19,168 --> 00:15:21,712 Esa é a arma que matou a Amos Stiles. 207 00:15:22,296 --> 00:15:24,214 E esta gravación pon esa arma 208 00:15:24,298 --> 00:15:27,801 nas mans do seu home horas antes de que cometese o crime. 209 00:15:27,885 --> 00:15:30,971 É unha bolsa de papel. Pode conter unha rosquilla. 210 00:15:31,055 --> 00:15:32,973 Non é ningunha rosquilla, Sam. 211 00:15:34,975 --> 00:15:37,227 Moi bo o da rosquilla. 212 00:15:37,311 --> 00:15:39,396 A detective Harper desapareceu. 213 00:15:40,314 --> 00:15:42,149 Si, deuse á fuga. 214 00:15:42,232 --> 00:15:46,946 Imaxino que non escaparía por entregar unha sobremesa ilegal, non? 215 00:15:47,029 --> 00:15:47,988 Non. 216 00:15:48,072 --> 00:15:50,908 Temos unha orde para arrestar o seu marido 217 00:15:50,991 --> 00:15:53,535 por sospeita de asasinato de Amos Stiles. 218 00:15:53,619 --> 00:15:56,622 Ese asasinato implícao na morte de Andrei Malakian 219 00:15:56,705 --> 00:16:00,501 e de múltiples policías no tiroteo de Century City. 220 00:16:00,584 --> 00:16:04,296 E cando collamos a Harper e fagamos que confese para salvarse, 221 00:16:04,380 --> 00:16:07,758 porque ningún policía quere acabar no cárcere, 222 00:16:07,841 --> 00:16:10,010 a gravación será unha proba sólida 223 00:16:10,094 --> 00:16:14,473 e o testemuño conseguiralle ao seu home unha inxección letal. 224 00:16:14,556 --> 00:16:18,227 Nunca van probar que Coltrane fixo iso. E nunca o van coller. 225 00:16:18,310 --> 00:16:20,854 Poida que non, sen a súa axuda. 226 00:16:21,355 --> 00:16:24,692 O mellor que pode facer é chamar o seu marido, 227 00:16:24,775 --> 00:16:27,444 e descubrir onde está para que o vaiamos buscar. 228 00:16:27,528 --> 00:16:28,946 Así non acabará ferido. 229 00:16:29,029 --> 00:16:32,741 Os asasinos de polis non acaban ben. Váisenos o dedo ao gatillo. 230 00:16:32,825 --> 00:16:34,535 - É unha ameaza. - É a realidade. 231 00:16:34,618 --> 00:16:36,245 Ebony, hai outra vía. 232 00:16:36,328 --> 00:16:39,289 Dinos o que saibas sobre Noah Stiles. 233 00:16:39,373 --> 00:16:42,042 Se o salvas, hai opción de que poidas marchar. 234 00:16:42,543 --> 00:16:45,004 Déixennos sós, por favor. 235 00:16:45,504 --> 00:16:46,505 Claro. 236 00:16:47,923 --> 00:16:52,553 Oe, sé sincero con ela, Sam. Non estamos de carallada. 237 00:16:53,137 --> 00:16:55,514 - Tamén pode levar a inxección. - Fóra! 238 00:16:55,597 --> 00:16:56,807 Abur. 239 00:17:04,231 --> 00:17:08,902 Se deixase estar a lea con Stiles e pensase en nós, estariamos nun avión. 240 00:17:11,155 --> 00:17:12,990 Polo menos xa marchou. 241 00:17:13,073 --> 00:17:15,534 Ebony, Coltrane segue nos Ánxeles. 242 00:17:15,617 --> 00:17:17,453 Que? Sam, mandeille marchar. 243 00:17:17,536 --> 00:17:21,331 E eu, pero non quere marchar sen ti, sen vós os dous. 244 00:17:24,293 --> 00:17:26,795 - Ofreceuse a entregarse. - Non, mataríano. 245 00:17:26,879 --> 00:17:29,798 Exacto. Mataríano. Acaban de confirmalo. 246 00:17:30,299 --> 00:17:31,759 Depende de ti. 247 00:17:33,135 --> 00:17:35,763 Dálles o que poidas sobre Noah Stiles. 248 00:17:37,222 --> 00:17:38,682 Acabou o tempo. 249 00:17:42,311 --> 00:17:43,437 Faga a chamada. 250 00:17:44,480 --> 00:17:49,777 Para que quede claro, se os axuda e o rapaz volve á casa, ela queda libre? 251 00:17:52,362 --> 00:17:55,074 Si. Entréguenos o seu marido. 252 00:17:56,950 --> 00:17:59,411 Ou a Noah. Vostede decide. 253 00:18:01,080 --> 00:18:02,164 Agora. 254 00:18:06,126 --> 00:18:07,211 Co altofalante. 255 00:18:09,755 --> 00:18:11,006 Por favor. 256 00:18:19,848 --> 00:18:21,934 Spa Eden's Bliss, que necesita? 257 00:18:23,477 --> 00:18:25,354 Teño que falar coa xerente. 258 00:18:26,313 --> 00:18:27,356 Un momento. 259 00:18:29,149 --> 00:18:30,984 Diga? Que pasa, Ivy League? 260 00:18:31,068 --> 00:18:32,611 Necesito axuda. 261 00:18:32,694 --> 00:18:34,113 Que tipo de axuda? 262 00:18:35,072 --> 00:18:37,491 Necesito que Noah Stiles estea a salvo. 263 00:18:41,370 --> 00:18:44,331 Necesito que te asegures de que volve á casa. 264 00:18:48,001 --> 00:18:50,754 Sempre dis que farías calquera cousa por min. 265 00:18:53,465 --> 00:18:55,175 Quen máis está a escoitar? 266 00:19:00,764 --> 00:19:02,266 Quéreno a el ou a ti? 267 00:19:04,351 --> 00:19:05,269 A el. 268 00:19:05,769 --> 00:19:07,354 Iso pensaba. 269 00:19:07,855 --> 00:19:10,858 - Non tiven opción. - Sempre hai opción. 270 00:19:12,067 --> 00:19:13,360 E ti elixiches esta. 271 00:19:13,443 --> 00:19:15,904 - Vou colgar. - Por favor. 272 00:19:15,988 --> 00:19:17,698 O rapaz está a salvo. 273 00:19:20,033 --> 00:19:21,285 Adeus, Ebony. 274 00:19:22,035 --> 00:19:23,579 Non me volvas chamar. 275 00:19:44,224 --> 00:19:45,225 Meu. 276 00:19:47,394 --> 00:19:49,354 Agora vas vir máis por aquí? 277 00:19:49,438 --> 00:19:51,607 Vou honrar o meu avó como poida. 278 00:19:52,524 --> 00:19:55,527 O primeiro vai ser liquidar o cabrón que o matou. 279 00:19:55,611 --> 00:19:59,198 Díxenlle que viñese e que todos iriamos con el. Parécevos? 280 00:19:59,281 --> 00:20:00,407 Abofé. 281 00:20:03,410 --> 00:20:05,829 - Vou coller outra birra. - Dálle. 282 00:20:06,330 --> 00:20:07,789 Pásame esa merda. 283 00:20:24,514 --> 00:20:25,474 Noah. 284 00:20:43,742 --> 00:20:44,952 Ven aquí. 285 00:20:51,750 --> 00:20:54,086 Que fas aquí? Non estabas arrestado? 286 00:20:54,169 --> 00:20:57,881 Estaría se non tivese que andar na túa procura. Ven aquí. 287 00:20:58,715 --> 00:20:59,716 Vaites. 288 00:21:02,261 --> 00:21:03,428 En serio, Noah? 289 00:21:05,347 --> 00:21:08,100 Non lle tes nin o seguro posto. Que cona fas? 290 00:21:08,183 --> 00:21:10,060 - Vou vingar o avó. - Non… 291 00:21:10,143 --> 00:21:13,480 Coltrane Wilder estragounos a vida. Estragou a nosa familia. 292 00:21:13,563 --> 00:21:14,606 Ten que pagar! 293 00:21:14,690 --> 00:21:17,109 Non me digas que xa se encarga a policía. 294 00:21:17,192 --> 00:21:19,653 A policía arrestoute por matar o avó! 295 00:21:19,736 --> 00:21:22,155 Non nos creron nin a ti nin a min. 296 00:21:22,239 --> 00:21:23,740 Sei o que vin, papá. 297 00:21:23,824 --> 00:21:26,076 Sei o que fixo e sei o que merece. 298 00:21:32,332 --> 00:21:35,252 ¿E se che prometo agora mesmo 299 00:21:36,420 --> 00:21:38,338 que me ocuparei persoalmente de Coltrane? 300 00:21:39,881 --> 00:21:40,924 Valo arrestar? 301 00:21:41,008 --> 00:21:42,426 Non. 302 00:21:42,509 --> 00:21:45,053 O cárcere é demasiado bo. Non falo diso. 303 00:21:51,226 --> 00:21:52,394 Dilo en serio? 304 00:21:54,980 --> 00:21:56,356 Son un home de palabra. 305 00:21:59,651 --> 00:22:01,737 Veña, vamos para a casa. 306 00:22:15,125 --> 00:22:18,587 CHARLIE: ESQUECE A NOAH. NOVO OBXECTIVO. AGARDA POLA LOCALIZACIÓN. 307 00:22:18,670 --> 00:22:20,672 HARPER: ENTENDIDO. 308 00:22:25,052 --> 00:22:28,513 Canto temos que agardar a que a chamada faga efecto? 309 00:22:28,597 --> 00:22:30,932 Polo que sabemos, puido ser un teatro. 310 00:22:31,016 --> 00:22:34,311 - Como sabemos se cambiou algo? - Cambiouno todo. 311 00:22:39,191 --> 00:22:40,233 Vaia. 312 00:22:41,318 --> 00:22:42,736 Señor Jacobson, mire. 313 00:22:44,988 --> 00:22:47,074 Parece que Noah está co seu pai. 314 00:22:47,949 --> 00:22:49,242 Está a salvo. 315 00:22:50,369 --> 00:22:52,120 Como raio o fixo? 316 00:22:53,872 --> 00:22:55,540 Otis, Gail. 317 00:22:57,918 --> 00:23:00,670 Que demo fas? Estás en arresto domiciliario. 318 00:23:00,754 --> 00:23:02,714 Se te cachan, vas ao cárcere. 319 00:23:02,798 --> 00:23:04,299 Meu Deus, Noah. 320 00:23:04,383 --> 00:23:06,635 Fillo, estás ben? 321 00:23:06,718 --> 00:23:10,764 Corazón, onde estabas? Estabamos preocupadísimos por ti. 322 00:23:10,847 --> 00:23:12,516 Fedes a grifa. 323 00:23:12,599 --> 00:23:15,227 Non esperaba que andases con xente que fuma. 324 00:23:15,310 --> 00:23:16,812 Foi un día intenso. 325 00:23:16,895 --> 00:23:18,522 Deámoslle algo de espazo. 326 00:23:18,605 --> 00:23:20,607 Contarávolo todo máis tarde. 327 00:23:21,274 --> 00:23:22,484 Vamos, Gail. 328 00:23:22,984 --> 00:23:24,611 Deámoslle un respiro. 329 00:23:25,737 --> 00:23:27,406 - Tranquila. - Estou rabiosa. 330 00:23:31,535 --> 00:23:33,203 Enténdote. 331 00:23:34,079 --> 00:23:36,331 Pero necesito que me entendas a min. 332 00:23:37,040 --> 00:23:39,418 Para cumprir a promesa que che fixen, 333 00:23:39,501 --> 00:23:41,628 teño que volver saír agora mesmo. 334 00:23:42,254 --> 00:23:46,383 E necesito saber que non vas volver escapar, vale? 335 00:23:56,601 --> 00:23:58,145 Teño que pórche isto. 336 00:23:58,228 --> 00:24:00,272 Tío, non. 337 00:24:00,355 --> 00:24:02,357 Coltrane segue por aí agora mesmo. 338 00:24:02,441 --> 00:24:05,861 Se vén aquí antes de eu o atopar, podería ferir os avós. 339 00:24:05,944 --> 00:24:09,322 Podería levarte a algures. Necesito un modo de atoparte. 340 00:24:12,993 --> 00:24:14,411 Síntocho, Noah. 341 00:24:20,125 --> 00:24:22,461 Vale. Está ben, papá. 342 00:24:29,926 --> 00:24:30,969 Como o atoparás? 343 00:24:38,059 --> 00:24:39,186 O meu fillo… 344 00:24:41,229 --> 00:24:45,400 presenciou un asasinato, e o asasino sábeo. 345 00:24:45,484 --> 00:24:47,569 Este home é meticuloso. 346 00:24:48,195 --> 00:24:49,446 Anda con coidado. 347 00:24:50,071 --> 00:24:52,532 Sabe que o buscan. 348 00:24:55,702 --> 00:24:58,705 Aquilo que… fixen por ti, 349 00:24:59,372 --> 00:25:01,291 cando salvei a túa filla… 350 00:25:03,084 --> 00:25:05,420 Necesito que fagas o mesmo por min. 351 00:25:05,504 --> 00:25:06,338 Es poli. 352 00:25:06,838 --> 00:25:09,883 Tes todo o departamento ao teu servizo. 353 00:25:09,966 --> 00:25:12,385 Mesmo o FBI, se os chamas, seguro. 354 00:25:13,512 --> 00:25:15,722 Como che vou axudar eu? 355 00:25:17,265 --> 00:25:20,018 Prometinlle ao meu fillo que coidaría del 356 00:25:21,186 --> 00:25:22,604 e que estaría a salvo. 357 00:25:24,397 --> 00:25:26,900 Eu quero que cumpras a túa promesa. 358 00:25:28,610 --> 00:25:31,154 Tes que dicilo, tenente Stiles. 359 00:25:32,864 --> 00:25:36,409 Dime exactamente o que queres que faga. 360 00:25:39,579 --> 00:25:41,957 Necesito que mates a Coltrane Wilder. 361 00:25:43,750 --> 00:25:45,794 "Poliz" Nadal. 362 00:25:48,964 --> 00:25:52,425 Que bo agasallo de Nadal, 363 00:25:52,509 --> 00:25:56,221 será un pracer para min facerche este favor. 364 00:25:56,721 --> 00:26:00,684 Como pai e, agora, diría que… 365 00:26:01,601 --> 00:26:02,561 como amigo. 366 00:26:07,649 --> 00:26:08,525 Falaremos. 367 00:26:12,279 --> 00:26:13,488 Aínda non nos libramos. 368 00:26:13,572 --> 00:26:14,823 Agora es o cebo. 369 00:26:15,323 --> 00:26:19,160 Déixante saír para atrapar a Coltrane. Esperan que os leves a el. 370 00:26:21,079 --> 00:26:23,873 Vai á casa dalgunha amiga. Despístaos. 371 00:26:23,957 --> 00:26:27,085 Con sorte, mañá a esta hora estarás fóra do país. 372 00:26:27,752 --> 00:26:28,587 Para sempre. 373 00:26:30,338 --> 00:26:33,842 - Non podo volver? - Como Ebony Wilder, non. 374 00:26:34,467 --> 00:26:39,889 Se es lista, en 24 horas esta parte da túa vida será historia. 375 00:26:42,684 --> 00:26:45,729 Non sei como agradecercho, meu. 376 00:26:49,983 --> 00:26:51,735 Vaia se sabes. 377 00:26:53,570 --> 00:26:55,864 E que hai de Stro e o curmán coreano? 378 00:26:56,364 --> 00:26:57,449 Están ben? 379 00:26:58,283 --> 00:27:00,160 Hai moito dixomedíxome por aí. 380 00:27:00,243 --> 00:27:02,579 A cousa desmandouse, pero teño un plan. 381 00:27:03,371 --> 00:27:06,374 Stro e Choi van estar ben. Deilles a miña palabra. 382 00:27:07,125 --> 00:27:08,168 Non digas máis. 383 00:27:09,419 --> 00:27:11,755 Este tenche marchas. Sábelo manexar? 384 00:27:12,756 --> 00:27:14,090 Abofé que sei. 385 00:27:15,258 --> 00:27:17,510 - Non te achantes, meu. - Ben o sabes. 386 00:27:17,594 --> 00:27:18,595 Si. 387 00:27:50,085 --> 00:27:55,632 PARA: EBONY. ESTOU NO NOSO SITIO. CANDO LEAS ISTO, VEN ATA AQUÍ E MARCHAMOS. 388 00:27:59,094 --> 00:28:00,595 VPN, LOCALIZACIÓN ACTUAL: SUÍZA 389 00:28:02,555 --> 00:28:06,267 MOVEMENTO DETECTADO: PORTA DIANTEIRA CÁMARAS: CÁMARA 1 390 00:28:06,851 --> 00:28:07,894 Grazas a Deus. 391 00:28:11,106 --> 00:28:14,651 CÁMARA 5: IMAXE 392 00:28:54,023 --> 00:28:56,192 Que fas na miña casa? 393 00:28:56,276 --> 00:29:00,363 Que fas fóra do cárcere? E quen cona é esta? 394 00:29:01,322 --> 00:29:04,451 Dixo que era Brenda Johnson e que non te coñecía. 395 00:29:04,534 --> 00:29:07,829 Resulta que o seu nome real é Charlie e é a túa irmá? 396 00:29:07,912 --> 00:29:09,122 Dámo. 397 00:29:09,622 --> 00:29:11,458 - Lisca. - Non te atrevas. 398 00:29:11,541 --> 00:29:16,171 Sae da miña casa, Candace. Non che debo ningunha explicación! 399 00:29:16,254 --> 00:29:18,840 Pois a alguén llo vas ter que explicar! 400 00:29:18,923 --> 00:29:23,428 Porque sei moi ben por que estás aquí. Estás buscando isto. 401 00:29:23,511 --> 00:29:24,721 Dáme ese teléfono. 402 00:29:24,804 --> 00:29:25,889 Estaba soando. 403 00:29:25,972 --> 00:29:27,891 - Alguén te busca! - Dámo! 404 00:29:27,974 --> 00:29:31,978 Voume asegurar de que a policía te encerre por mentireira. 405 00:29:42,697 --> 00:29:43,865 Revisádeo todo. 406 00:29:44,783 --> 00:29:45,784 Despexado. 407 00:30:06,471 --> 00:30:09,140 A que vén isto, Harper? Que fas? 408 00:30:09,224 --> 00:30:10,558 Cobrar, papahostias. 409 00:30:13,895 --> 00:30:14,938 Para! 410 00:30:20,652 --> 00:30:23,655 Vámolo falar. Podemos chegar a un acordo. 411 00:30:25,949 --> 00:30:26,866 Hostia. 412 00:30:27,367 --> 00:30:30,411 Se te mandou Charlie, podemos arranxalo. 413 00:30:30,495 --> 00:30:33,998 Se coñeces a Charlie, sabes que non hai volta atrás. 414 00:30:34,082 --> 00:30:35,834 Ou me fai rica ou me mata. 415 00:30:36,417 --> 00:30:38,545 E ti es un obstáculo, Coltrane. 416 00:31:03,194 --> 00:31:05,655 PARA: CHARLIE. COLTRANE ESTÁ MORTO. 417 00:31:13,621 --> 00:31:15,582 Ebony, rula, estás ben? 418 00:31:15,665 --> 00:31:16,791 Temos a túa puta. 419 00:31:17,709 --> 00:31:20,712 Se queres recuperala, vai onde che diga. 420 00:31:25,592 --> 00:31:28,303 - Que tal, tenente Stiles? - Déixanos pasar. 421 00:31:28,386 --> 00:31:30,096 - Pasade. - Ben. 422 00:31:31,222 --> 00:31:32,974 - Onde está Noah? - Noah. 423 00:31:35,935 --> 00:31:40,064 Ola. Menos mal que estás ben, Noah. Estabamos preocupados. 424 00:31:40,148 --> 00:31:43,067 Grazas, tío Jimmy. Estou ben, prométocho. 425 00:31:43,151 --> 00:31:45,403 - Ben. - Que facedes aquí? 426 00:31:45,486 --> 00:31:49,866 Viñemos comunicarche que o xefe che devolveu o teu posto 427 00:31:49,949 --> 00:31:51,367 hai tres horas. 428 00:31:51,451 --> 00:31:53,369 Que che dixen, eh? 429 00:31:53,453 --> 00:31:54,454 Podo traballar? 430 00:31:54,537 --> 00:31:55,705 Tes autorización. 431 00:31:55,788 --> 00:31:59,918 Agora que todos saben que Wilder participou no tiroteo de Century City 432 00:32:00,001 --> 00:32:01,502 e que asasinou o teu pai, 433 00:32:02,795 --> 00:32:07,258 a túa obsesión cos Wilder e o acoso parece bo traballo policial. 434 00:32:07,342 --> 00:32:09,010 Ou iso foi o que lles dixen. 435 00:32:09,552 --> 00:32:12,889 Viñemos quitarche a noeleira electrónica, 436 00:32:12,972 --> 00:32:15,475 pero vexo que xa te apañaches. 437 00:32:15,558 --> 00:32:19,938 Por… por que a ten o seu fillo? Vou ter que notificalo, tenente. 438 00:32:20,021 --> 00:32:21,731 É que, Kevin, escoita… 439 00:32:21,814 --> 00:32:24,734 Coltrane Wilder é perigoso. Xa o sabemos. 440 00:32:24,817 --> 00:32:25,985 Sabemos. 441 00:32:26,069 --> 00:32:28,446 O meu fillo é a principal testemuña contra el. 442 00:32:28,529 --> 00:32:32,283 Ata que deteñamos a Coltrane, non deberiamos vixiar o meu fillo? 443 00:32:32,367 --> 00:32:35,620 Temos que saber onde está, por se acaso. 444 00:32:35,703 --> 00:32:37,497 Non sei, tío. 445 00:32:38,748 --> 00:32:41,250 - Moi ben. - Isaiah. 446 00:32:43,753 --> 00:32:46,464 Si, deámoslle 48 horas. Au revoir, compañeiros. 447 00:32:46,547 --> 00:32:48,383 Que teñan boa noite. 448 00:32:51,177 --> 00:32:53,221 - Boa noite, tío Jimmy. - Boa noite. 449 00:32:54,597 --> 00:32:57,725 - Vamos coller a Coltrane. - Eu non vou a ningures. 450 00:32:57,809 --> 00:33:02,480 Son o chibo expiatorio pola desfeita de Century City, 451 00:33:02,563 --> 00:33:05,942 que Harper actuase ante os meus fociños, todo o rebumbio. 452 00:33:06,025 --> 00:33:08,778 Non, Jimmy… Polo menos… 453 00:33:10,363 --> 00:33:13,408 Como non denunciaches que quixesen cargarme o morto, 454 00:33:13,491 --> 00:33:15,326 cobrarás a pensión completa, ou? 455 00:33:15,410 --> 00:33:17,620 Están revisando a pensión. 456 00:33:17,704 --> 00:33:20,873 Pero logrei reincorporarte sen unha audiencia formal. 457 00:33:25,378 --> 00:33:27,505 Vai coller ese fillo de puta. 458 00:33:29,132 --> 00:33:31,259 Non merezo que arrisques a carreira. 459 00:33:31,342 --> 00:33:34,220 A vida é máis importante que a carreira. 460 00:33:35,638 --> 00:33:38,891 Amos xa non está, debo mirar por ti. 461 00:33:40,852 --> 00:33:42,854 Ten coidado aí fóra, fillo. 462 00:34:05,251 --> 00:34:06,711 ISAIAH: TRATO CANCELADO. 463 00:34:08,296 --> 00:34:10,381 ERNESTO: DEMASIADO TARDE. 464 00:34:43,706 --> 00:34:46,584 Quen che pagou por raptar a miña muller? 465 00:34:46,667 --> 00:34:48,836 O patrón fíxoo polo seu amigo. 466 00:34:48,920 --> 00:34:50,922 O policía negro. 467 00:35:00,723 --> 00:35:01,724 Nena. 468 00:35:03,101 --> 00:35:04,936 - Candace? - Coltrane? 469 00:35:05,812 --> 00:35:07,605 Non che vou facer dano. 470 00:35:08,189 --> 00:35:09,690 Non vou… 471 00:35:09,774 --> 00:35:11,317 Onde está Ebony? 472 00:35:12,485 --> 00:35:15,071 Non o sei. Por que estou aquí? 473 00:35:15,154 --> 00:35:16,906 Non querían collerte a ti. 474 00:35:17,949 --> 00:35:19,951 Escoitaches o que dixo ese home? 475 00:35:20,034 --> 00:35:22,328 Dixo que é obra dun policía negro. 476 00:35:22,912 --> 00:35:24,080 Non é Isaiah. 477 00:35:24,705 --> 00:35:26,749 El non faría isto. 478 00:35:26,833 --> 00:35:29,418 É un bo home. 479 00:35:29,502 --> 00:35:32,880 Orquestrou o secuestro de Ebony para atraparme e matarme. 480 00:35:33,422 --> 00:35:37,009 É policía e encargoulle ao cártel de Alvarez un asasinato. 481 00:35:37,093 --> 00:35:39,178 Hai tempo que deixou de ser "bo home". 482 00:35:39,262 --> 00:35:42,223 Alvarez? Como Paola Alvarez? 483 00:35:42,306 --> 00:35:46,018 - Non te creo. Mataches a Amos. - Acabo de salvarte. 484 00:35:46,686 --> 00:35:49,814 Eu non ía polo teu fillo. Tes que me crer. 485 00:35:49,897 --> 00:35:53,693 Ebony fixo unha chamada e Noah apareceu. 486 00:35:53,776 --> 00:35:56,529 Sacrificou moito por salvarlle a vida. 487 00:35:58,531 --> 00:35:59,866 Axúdame a atopala. 488 00:36:00,700 --> 00:36:03,911 Si? Por favor, axúdame a atopala. 489 00:36:09,584 --> 00:36:10,835 Candace, estás ben? 490 00:36:13,838 --> 00:36:17,091 Grazas por traer a Noah de volta. 491 00:36:19,135 --> 00:36:22,221 Ebony chegou a falar ou…? 492 00:36:22,305 --> 00:36:25,725 Chamou ao spa Eden's Bliss. Alguén que lle dixo Ivy League. 493 00:36:26,726 --> 00:36:29,020 Minutos despois, Noah estaba co pai, 494 00:36:29,103 --> 00:36:31,063 pero non sabemos con quen falou. 495 00:36:31,147 --> 00:36:34,025 E deixástela… marchar? 496 00:36:34,108 --> 00:36:35,443 Ao principio, si. 497 00:36:35,526 --> 00:36:38,779 Pero agora estou no Good Samaritan con ela. Está detida. 498 00:36:39,363 --> 00:36:40,239 Que pasou? 499 00:36:40,323 --> 00:36:41,866 Ebony estaba facendo a maleta 500 00:36:41,949 --> 00:36:45,661 cando varios homes dispararon aos policías que vixiaban a casa 501 00:36:45,745 --> 00:36:47,246 e entraron para atacala. 502 00:36:47,330 --> 00:36:51,292 Escapou deles, pero caeu e mancouse ao tentar fuxir. 503 00:36:53,878 --> 00:36:55,546 Como está o bebé? 504 00:36:55,630 --> 00:36:58,382 Ebony está sedada. O bebé está ben de momento. 505 00:36:59,467 --> 00:37:03,512 - Avisareite se algo cambia. - Vale, grazas, Yvette. Grazas. 506 00:37:05,890 --> 00:37:09,185 Se vas ao hospital, vante arrestar. 507 00:37:09,268 --> 00:37:10,811 É a miña muller. 508 00:37:12,355 --> 00:37:14,023 Necesítame. Non teño opción. 509 00:37:23,407 --> 00:37:24,951 Destrúe o teléfono. 510 00:37:25,034 --> 00:37:26,577 Temos que falar. 511 00:37:30,748 --> 00:37:32,291 Entón Harper está morta. 512 00:37:32,375 --> 00:37:35,962 Non me molesta que tentases matarme. Son un cabo solto. 513 00:37:36,045 --> 00:37:38,506 No teu lugar, pode que eu tamén o fixese. 514 00:37:38,589 --> 00:37:40,508 Non foi por seres un cabo solto. 515 00:37:41,092 --> 00:37:46,013 - Ebony entregoume para salvarte. - Porque me quere, Charlie, e a ti tamén. 516 00:37:46,097 --> 00:37:49,058 E ti queres que escolla, pero xa non importa. 517 00:37:49,141 --> 00:37:52,144 Temos que superar as diferenzas. Ebony está ferida. 518 00:37:52,228 --> 00:37:55,356 Está no hospital, baixo custodia policial. 519 00:37:57,400 --> 00:38:00,069 Non podo salvala só. Necesito a túa axuda. 520 00:38:01,570 --> 00:38:02,905 Teño un plan, 521 00:38:03,572 --> 00:38:05,366 pero non che vai gustar. 522 00:38:11,414 --> 00:38:12,456 Stiles. 523 00:38:13,958 --> 00:38:14,959 Eu… 524 00:38:16,377 --> 00:38:17,378 Eu… 525 00:38:18,921 --> 00:38:20,006 Perdoa. 526 00:38:20,923 --> 00:38:22,174 Polos últimos días. 527 00:38:23,843 --> 00:38:26,095 Coltrane Wilder tamén me enganou. 528 00:38:28,431 --> 00:38:30,433 Enganou moita xente, Cruz. 529 00:38:31,684 --> 00:38:34,353 Non vou esquecer o que fixeches por axudarme. 530 00:38:36,147 --> 00:38:37,982 Non só che axudei. 531 00:38:39,608 --> 00:38:41,444 Creo que pechei todo o caso. 532 00:38:42,862 --> 00:38:46,115 Ao determos a Ebony, mandei analizar as súas marcas dactilares. 533 00:38:46,741 --> 00:38:50,828 Lembras as marcas descoñecidas da tenda de marihuana onde morreu Shaw? 534 00:38:50,911 --> 00:38:51,829 Lembro. 535 00:38:52,580 --> 00:38:53,789 Son dela. 536 00:38:57,710 --> 00:39:00,129 Ebony estivo alí cando mataron a Manny? 537 00:39:00,212 --> 00:39:04,675 É unha conexión directa entre Wilder e o asasinato de Manny Shaw. 538 00:39:04,759 --> 00:39:08,888 Unha proba sólida que levar a xuízo. Vindicación total. 539 00:39:11,307 --> 00:39:14,060 Non é total ata que Coltrane entre en prisión. 540 00:39:14,143 --> 00:39:16,479 Témola retida ata que el apareza. 541 00:39:16,562 --> 00:39:18,856 Virá buscala e entón collerémolo. 542 00:39:21,233 --> 00:39:23,986 - Si. Cruz, volvo agora. - Claro. 543 00:39:31,243 --> 00:39:33,996 - Tenente Stiles. - Oe, cancelo o encargo. 544 00:39:34,080 --> 00:39:35,289 E unha merda. 545 00:39:35,790 --> 00:39:37,583 Teño que arrestar ese tío. 546 00:39:37,666 --> 00:39:40,419 Ese fillo de puta matou seis dos meus homes. 547 00:39:41,796 --> 00:39:43,172 O encargo segue en pé. 548 00:39:43,255 --> 00:39:44,423 Ten que morrer. 549 00:39:46,175 --> 00:39:47,093 Merda! 550 00:39:52,807 --> 00:39:53,641 Candace. 551 00:39:56,477 --> 00:39:57,978 Pasa. 552 00:40:02,066 --> 00:40:04,193 Candace, ei, que fas aquí? 553 00:40:04,276 --> 00:40:05,319 Ía chamar, 554 00:40:05,403 --> 00:40:08,614 pero decidín facer o que faría Isaiah e chamei un Uber… 555 00:40:08,697 --> 00:40:09,532 Isaiah? 556 00:40:10,116 --> 00:40:11,409 Isto fíxocho el? 557 00:40:12,034 --> 00:40:13,202 En certo modo. 558 00:40:13,911 --> 00:40:15,704 Candace, falas sen sentido. 559 00:40:15,788 --> 00:40:18,165 Escóitame. Déixame axudarche. 560 00:40:19,542 --> 00:40:20,876 Ven aquí. 561 00:40:50,156 --> 00:40:51,615 DOENTE: STROMAN, D. 562 00:40:59,290 --> 00:41:00,583 DOENTE: CHOI, C. 563 00:41:01,584 --> 00:41:03,669 Viviches un calvario. 564 00:41:04,462 --> 00:41:06,464 Toma, traio unha cunca de té. 565 00:41:06,964 --> 00:41:09,717 - E un chopo de whisky por… - Dáme o whisky. 566 00:41:09,800 --> 00:41:10,801 Vale. 567 00:41:11,719 --> 00:41:15,097 As patrullas están indo ao lugar que me indicaches, 568 00:41:15,181 --> 00:41:16,682 e mais o forense. 569 00:41:16,765 --> 00:41:19,268 Dis que Coltrane Wilder matou cantos homes? 570 00:41:20,269 --> 00:41:21,770 Uns seis. 571 00:41:22,396 --> 00:41:26,192 Non o sei, pero fíxoo porque estaban agardando por el. 572 00:41:27,026 --> 00:41:28,694 Creron que eu era Ebony. 573 00:41:28,777 --> 00:41:30,696 Por que ían crer que eras Ebony? 574 00:41:32,031 --> 00:41:36,494 E por que o cártel de Alvarez querería tenderlle unha trampa a Wilder? 575 00:41:38,287 --> 00:41:39,580 Coltrane… 576 00:41:40,539 --> 00:41:42,917 foi alí para salvar a súa muller. 577 00:41:44,084 --> 00:41:45,794 Matounos en defensa propia. 578 00:41:46,378 --> 00:41:50,841 - Non me digas que estás do seu lado. - Xa non sei de que lado estou. 579 00:41:51,550 --> 00:41:52,843 O que sei… 580 00:41:54,220 --> 00:41:56,889 é que estiven enganándome todo este tempo. 581 00:41:57,723 --> 00:41:58,724 Este… 582 00:41:59,642 --> 00:42:03,854 Este asunto con Coltrane cambiou por completo a Isaiah. 583 00:42:05,481 --> 00:42:07,233 Xa non sei quen é. 584 00:42:09,068 --> 00:42:11,570 Xa non sei nin quen son eu. 585 00:42:12,196 --> 00:42:14,073 Se cadra cometín un erro… 586 00:42:15,241 --> 00:42:16,825 hai anos… 587 00:42:18,410 --> 00:42:20,621 ao escoller a Isaiah e non a ti. 588 00:42:23,707 --> 00:42:25,376 Estás aquí comigo agora. 589 00:42:27,169 --> 00:42:32,383 Candace, prométoche que eu sempre estarei aí para ti. 590 00:42:35,928 --> 00:42:39,348 E sempre estarás segura comigo. 591 00:42:55,239 --> 00:42:57,658 HOSPITAL SAN ANTONIO MEMORIAL 592 00:43:08,043 --> 00:43:10,504 Hostia puta. Que carallo é iso? 593 00:43:10,588 --> 00:43:13,173 Ide a urxencias. Véxolle o óso. 594 00:43:13,966 --> 00:43:15,301 Sácao de aquí. 595 00:43:33,777 --> 00:43:35,362 Podes facer zoom aí? 596 00:43:39,700 --> 00:43:41,243 Coltrane Wilder está aquí. 597 00:43:41,327 --> 00:43:42,328 Escaleira oeste. 598 00:43:42,411 --> 00:43:43,245 Vou. 599 00:43:43,329 --> 00:43:45,497 Teño que examinar a paciente. 600 00:43:48,626 --> 00:43:51,462 - Logo examinareite a ti. - Claro. 601 00:44:09,730 --> 00:44:10,648 ESCALEIRA 4 602 00:44:15,736 --> 00:44:18,155 O sospeitoso non está na escaleira oeste. 603 00:44:18,238 --> 00:44:21,909 Repito, non está no cuarto andar, escaleira oeste. Buscádeo. 604 00:44:50,145 --> 00:44:50,979 Hora de marchar. 605 00:45:04,034 --> 00:45:04,868 Coidado! 606 00:45:05,452 --> 00:45:06,829 Apartade! Policía! 607 00:45:07,788 --> 00:45:08,789 Apartade! 608 00:45:21,844 --> 00:45:23,804 A onde me levades? 609 00:45:28,350 --> 00:45:29,601 Apartade! 610 00:45:30,102 --> 00:45:31,103 Apartade! 611 00:45:41,613 --> 00:45:44,950 - Cerullo, onde carallo está? - Perdémolo. 612 00:46:10,309 --> 00:46:11,351 Charlie. 613 00:46:12,227 --> 00:46:14,772 Todo vai saír ben, meniña. Estou contigo. 614 00:46:14,855 --> 00:46:17,566 - Perdoa, Charlie. - Tes que descansar. 615 00:46:20,277 --> 00:46:22,070 E Coltrane? 616 00:46:22,154 --> 00:46:24,531 Non te preocupes. Teño un plan. 617 00:46:25,032 --> 00:46:28,327 Despegamos en 20 minutos, hai un médico no avión. 618 00:46:28,994 --> 00:46:31,497 Ti e o bebé ides estar ben. 619 00:46:36,418 --> 00:46:38,086 Grazas, Charlie. 620 00:46:40,923 --> 00:46:45,594 Díxenche que nunca ías estar soa. Non tes que estar soa, irmanciña. 621 00:46:48,639 --> 00:46:49,890 Grazas. 622 00:47:04,571 --> 00:47:07,908 A todas as unidades, o sospeitoso vai nun Dodge Hellcat vermello 623 00:47:07,991 --> 00:47:09,451 dirección sur en Figueroa. 624 00:47:09,535 --> 00:47:10,536 Demo. 625 00:47:27,094 --> 00:47:30,055 Detectamos o sospeitoso nun Dodge Hellcat vermello. 626 00:47:34,184 --> 00:47:36,270 Hai unha unidade pegada a el. 627 00:47:40,649 --> 00:47:42,442 Parece que se desvía. 628 00:47:42,526 --> 00:47:45,028 Repito, parece que se desvía. 629 00:48:02,379 --> 00:48:03,630 Bill, estalo vendo? 630 00:48:03,714 --> 00:48:06,383 Diríxese ao oeste pola rúa 55. 631 00:48:06,466 --> 00:48:08,302 Aviso a todas as unidades. 632 00:48:18,645 --> 00:48:21,356 Aviso: hai cidadáns ocupando a estrada na 55. 633 00:48:27,988 --> 00:48:29,448 Merda. Bill, velo? 634 00:48:29,531 --> 00:48:33,201 Podo vixialo ata Inglewood. Non podo seguilo no aeroporto. 635 00:48:33,285 --> 00:48:36,163 A rúa 55 está bloqueada. Buscade outra ruta. 636 00:48:37,456 --> 00:48:38,624 KEVIN, CHAMADA ENTRANTE 637 00:48:38,707 --> 00:48:40,042 Agora non, Kevin. 638 00:48:51,261 --> 00:48:52,137 Que pasa? 639 00:48:54,640 --> 00:48:57,559 Se che preocupa contarllo a Isaiah, fágoo eu. 640 00:48:57,643 --> 00:49:00,062 Ninguén lle vai contar nada a Isaiah. 641 00:49:00,854 --> 00:49:01,855 É que… 642 00:49:02,564 --> 00:49:05,233 Non sei se fixen ben en vir aquí. 643 00:49:05,317 --> 00:49:08,153 Candace, deixa de martirizarte. 644 00:49:08,695 --> 00:49:10,614 Es unha boa persoa, e agora, 645 00:49:10,697 --> 00:49:13,700 por fin estás con alguén que pode coidarte como mereces. 646 00:49:14,368 --> 00:49:17,079 Teño toda unha vida con Isaiah. 647 00:49:18,246 --> 00:49:22,209 Un fillo. Malia a separación, querémonos. 648 00:49:22,292 --> 00:49:24,586 Isaiah nin sequera te está a buscar. 649 00:49:24,670 --> 00:49:28,131 Secuestráronte a punta de pistola e desapareciches durante horas. 650 00:49:28,715 --> 00:49:30,092 Nin te chamou. 651 00:49:38,392 --> 00:49:39,601 Se cadra é el. 652 00:49:39,685 --> 00:49:41,520 Nin en soños. 653 00:49:45,107 --> 00:49:45,941 Jacobson. 654 00:49:46,024 --> 00:49:49,653 Ola. Señor Jacobson, son Kevin Keach. 655 00:49:49,736 --> 00:49:51,113 O técnico da noeleira. 656 00:49:51,697 --> 00:49:54,950 Ten permiso para quitarlle a noeleira ao tenente Stiles. 657 00:49:55,617 --> 00:49:56,994 Xa se reincorporou. 658 00:49:57,077 --> 00:49:59,329 Non o chamo por Stiles. 659 00:49:59,413 --> 00:50:01,415 Non polo tenente, en realidade. 660 00:50:01,498 --> 00:50:05,085 Quiteille a noeleira e púxenlla ao seu fillo. 661 00:50:05,168 --> 00:50:09,089 Non, el púxolla ao seu fillo e pediume que o vixiase, 662 00:50:09,172 --> 00:50:12,509 por se Wilder e Harper tentaban algo. 663 00:50:12,592 --> 00:50:14,970 - Dixo que avisase se pasaba algo. - Oi. 664 00:50:15,053 --> 00:50:18,432 Kevin, amodo. A noeleira tena Noah Stiles? 665 00:50:18,515 --> 00:50:20,017 - Si, señor. - Onde está? 666 00:50:20,100 --> 00:50:20,976 En Inglewood. 667 00:50:23,854 --> 00:50:27,107 - Ides ben aí atrás? - Tío, sae nas noticias. 668 00:50:28,358 --> 00:50:29,526 Segue fuxindo. 669 00:50:29,609 --> 00:50:30,777 Mirade. 670 00:50:31,445 --> 00:50:34,406 - É en directo. - Meu pai prometeu coller a Coltrane. 671 00:50:37,075 --> 00:50:39,578 - Era mentira. - Non podes confiar na poli. 672 00:50:41,204 --> 00:50:42,706 Tes razón. 673 00:50:42,789 --> 00:50:44,708 O cabrón púxome isto. 674 00:50:44,791 --> 00:50:46,251 Non hai problema. 675 00:50:59,431 --> 00:51:00,265 Maldita sexa! 676 00:51:06,730 --> 00:51:08,648 Collémoste, fillo de puta! 677 00:51:12,986 --> 00:51:16,239 - Eh, van aí os fulanos eses. - Para! 678 00:51:43,600 --> 00:51:44,601 Merda! 679 00:52:09,084 --> 00:52:09,960 Merda. 680 00:52:11,211 --> 00:52:12,796 Mataches o meu avó! 681 00:52:12,879 --> 00:52:13,922 Vinte! 682 00:52:15,048 --> 00:52:16,299 Vírate! 683 00:52:16,383 --> 00:52:17,884 Quero que me vexas! 684 00:52:20,804 --> 00:52:25,058 Se premes o gatillo e me matas, o teu futuro está escrito. 685 00:52:25,767 --> 00:52:28,353 - Meu pai dixo que te ía matar. - Tentouno, si. 686 00:52:28,436 --> 00:52:30,605 Pero non me deu pillado. 687 00:52:30,689 --> 00:52:32,274 Non coma ti. 688 00:52:33,233 --> 00:52:35,110 Podes ser mellor ca nós, 689 00:52:36,111 --> 00:52:39,197 - se soltas a arma. - Todos me din o que facer. 690 00:52:39,281 --> 00:52:41,491 Pois dime o que queres. 691 00:52:44,578 --> 00:52:46,955 Quero poder evitar que pasase todo isto. 692 00:52:47,038 --> 00:52:47,873 Xa. 693 00:52:49,082 --> 00:52:50,167 Noah! 694 00:52:52,252 --> 00:52:53,170 Papá! 695 00:52:53,253 --> 00:52:55,922 - Noah! - Solta a arma, Stiles! Sóltaa! 696 00:52:56,006 --> 00:52:57,757 - Papá! - Arreda do meu fillo! 697 00:52:57,841 --> 00:53:00,343 Se o deixo, desangrarase. 698 00:53:00,427 --> 00:53:01,553 Solta a arma! 699 00:53:02,846 --> 00:53:04,681 Eu marcho e ti poste no meu lugar. 700 00:53:04,764 --> 00:53:06,975 Fas presión, chamas a ambulancia e sálvalo. 701 00:53:07,058 --> 00:53:08,977 Se a solto, matarasnos aos dous. 702 00:53:09,060 --> 00:53:10,937 - Tes que confiar en min. - Papá, axuda. 703 00:53:11,021 --> 00:53:12,480 Marcho, Isaiah! 704 00:53:12,564 --> 00:53:14,524 Vou coa miña muller. 705 00:53:15,567 --> 00:53:19,112 Podes salvalo e volver coa túa familia ou perseguirme. 706 00:53:19,613 --> 00:53:20,572 Demo. 707 00:53:21,072 --> 00:53:23,533 - Enfrontarte a Candace cando Noah morra. - Papá! 708 00:53:23,617 --> 00:53:26,870 Só hai dúas opcións. Ti decides! 709 00:53:29,706 --> 00:53:31,166 Aguanta. 710 00:53:31,249 --> 00:53:32,250 Brinkley! 711 00:53:32,334 --> 00:53:33,752 Mírame, Brinkley! 712 00:53:36,504 --> 00:53:37,714 Papá! 713 00:53:39,007 --> 00:53:39,841 De acordo. 714 00:53:46,097 --> 00:53:47,265 Noah. 715 00:53:47,349 --> 00:53:50,644 Vaste pór ben. Estou aquí contigo. 716 00:53:50,727 --> 00:53:54,439 Aquí 1K20, necesito unha ambulancia axiña. 717 00:53:54,522 --> 00:53:56,233 - Recibido, 1K20. - Estás ben. 718 00:53:56,316 --> 00:53:57,609 - Estás ben. - Stiles! 719 00:53:59,694 --> 00:54:01,238 Non podías gañar! 720 00:54:03,782 --> 00:54:07,369 - Papá! A perna, queima. - Estás ben. Mírame. 721 00:54:08,328 --> 00:54:09,579 Vas estar ben. 722 00:54:09,663 --> 00:54:10,664 Vai ir ben. 723 00:54:11,248 --> 00:54:12,707 Mírame. 724 00:55:46,176 --> 00:55:49,429 Subtítulos: Noelia Surribas Díaz