1 00:00:02,000 --> 00:00:07,000 Downloaded from YTS.BZ 2 00:00:04,672 --> 00:00:11,580 FALLOUT NADAL CO NECRÓFAGO 3 00:00:08,000 --> 00:00:13,000 Official YIFY movies site: YTS.BZ 4 00:00:16,062 --> 00:00:19,943 Non estamos en Vila Quen, pero isto serviranos. 5 00:00:21,320 --> 00:00:24,560 Fíxenme con viais abondo para que me duren os 12 días do Nadal. 6 00:00:26,766 --> 00:00:28,394 Vedes iso? 7 00:00:28,500 --> 00:00:32,619 Non é un tronco, é un brazo humano. 8 00:00:33,960 --> 00:00:35,359 Concretamente, dun home gordo. 9 00:00:36,148 --> 00:00:38,349 Que ben arde, non si? 10 00:00:39,263 --> 00:00:40,385 Sorprendente, ou? 11 00:00:41,340 --> 00:00:44,259 Poño a secar varios brazos durante o ano 12 00:00:44,341 --> 00:00:46,711 porque dá gusto queimalos no inverno. 13 00:00:46,794 --> 00:00:50,661 Como digo eu: o lume non arde só, hai que botarlle unha man. 14 00:00:54,902 --> 00:00:58,063 Ben, felicitaríavos as festas, 15 00:00:58,146 --> 00:01:02,346 aínda que por aquí fóra xa non existen as estacións. 16 00:01:02,970 --> 00:01:06,213 E dende logo non temos Papá Noel ningún. 17 00:01:08,583 --> 00:01:10,080 Dóeme a queixada de falar, 18 00:01:10,163 --> 00:01:13,988 así que por que non mirades un pouco para o lume? 19 00:01:15,277 --> 00:01:19,186 Se quedo durmido, afastádeme a cabeza do lume. 20 00:01:22,346 --> 00:01:28,583 Fálavos en directo don Nova Vegas dende o sitio co mesmo nome. 21 00:01:28,667 --> 00:01:33,906 Tráiovos os vosos favoritos das festas do Nadal. 22 00:01:33,989 --> 00:01:36,229 Espero que esteades nun lugar cálido e acolledor, 23 00:01:36,229 --> 00:01:39,009 e non porque esteades quedando inconscientes, 24 00:01:39,095 --> 00:01:42,091 sacado, por suposto, que iso sexa o que queredes. 25 00:01:42,178 --> 00:01:47,997 Cadaquén loita cos horrores da vida coa química que queira. 26 00:01:48,649 --> 00:01:51,030 Poñerei as vosas dedicatorias toda a noite 27 00:01:51,030 --> 00:01:56,569 e lerei as vosas felicitacións do Nadal e conmovedoras historias en directo. 28 00:01:57,109 --> 00:02:01,989 Velaquí unha de Bob, dende a antiga Arizona. 29 00:02:02,071 --> 00:02:06,065 Di: "O meu can escapou na Noiteboa, 30 00:02:06,149 --> 00:02:10,628 e asegúroche que se repetiu a historia do Nadal tal e como foi. 31 00:02:10,989 --> 00:02:14,750 Viñeron descoñecidos do nada para axudarnos a buscalo, 32 00:02:15,259 --> 00:02:17,969 igual cós tres Reis Magos de Oriente. 33 00:02:17,969 --> 00:02:21,250 Eu traballaba con eles coma se fose un dos reis. 34 00:02:21,250 --> 00:02:24,990 E Deus é o rei de reis. 35 00:02:24,990 --> 00:02:30,149 Así que eramos cinco reis, pero sete persoas en total. 36 00:02:30,149 --> 00:02:33,669 Dúas mulleres e cinco homes, é dicir, cinco reis. 37 00:02:33,760 --> 00:02:39,217 Dúas raíñas mais eu e mais Deus facemos un total de nove reis, 38 00:02:39,309 --> 00:02:40,309 incluídas as raíñas. 39 00:02:40,909 --> 00:02:44,050 E ningún de nós sabía onde diantre estaba o can. 40 00:02:44,135 --> 00:02:48,862 Así que pensei que era coma o Xesús da historial orixinal. 41 00:02:48,948 --> 00:02:51,784 O can é o Neno Xesús perdido. 42 00:02:51,870 --> 00:02:54,550 Así que me estaba poñendo moi nervioso 43 00:02:54,550 --> 00:02:57,689 porque non só perdera o can, 44 00:02:57,689 --> 00:03:00,310 senón que o can me avisaba cando alguén se achegaba. 45 00:03:00,394 --> 00:03:03,764 Aparece esta xente, non atopan o can. 46 00:03:03,849 --> 00:03:07,370 Ademais non paran de preguntarme se teño químicos. 47 00:03:07,469 --> 00:03:10,469 Teño tal, pero non llelos vou dar. 48 00:03:10,569 --> 00:03:14,050 E estou anoxado, e iso faime sentir culpable. 49 00:03:14,134 --> 00:03:16,643 Teño problemas de ira, si, 50 00:03:16,729 --> 00:03:20,229 pero iso explica por que non podo compartir químicos. 51 00:03:20,229 --> 00:03:21,469 Son medicinais. 52 00:03:21,550 --> 00:03:24,647 O caso é que resulta que o can non marchara moi lonxe. 53 00:03:24,728 --> 00:03:27,784 Escoitárame executar xente, 54 00:03:27,865 --> 00:03:30,147 asustárase e agochárase nos paneis. 55 00:03:30,229 --> 00:03:31,810 Ao final volveu 56 00:03:32,469 --> 00:03:35,289 cando comecei a asar unha das persoas que matara. 57 00:03:35,371 --> 00:03:40,326 Oxalá caese na conta antes de executar todos os demais reis. 58 00:03:40,409 --> 00:03:44,789 Pero fíxeno o mellor que puiden coa información que tiña nese momento. 59 00:03:44,874 --> 00:03:47,283 Sen ánimo de abreviar, 60 00:03:47,369 --> 00:03:50,769 eu non sabía que precisaba dun can para celebrar o Nadal 61 00:03:50,851 --> 00:03:53,921 ata que tentei celebralo sen el. 62 00:03:54,003 --> 00:03:57,569 E logo non é patético? Ódiome a min mesmo." 63 00:03:59,229 --> 00:04:00,229 Grazas, Bob. 64 00:04:00,313 --> 00:04:03,902 Aquí vos vai unha melodía do Nadal que vos ha relaxar máis axiña 65 00:04:03,985 --> 00:04:08,117 ca unha barreira hematoencefálica chea de químicos gasosos. 66 00:11:01,785 --> 00:11:04,873 Ola, son o DJ don Nova Vegas, 67 00:11:04,956 --> 00:11:10,215 e imaxinarte aí sentada escoitando relaxada en roupa interior 68 00:11:10,300 --> 00:11:14,280 pon a miña imaxinación a 45 rpm. 69 00:11:14,359 --> 00:11:15,700 Velaquí vai unha canción. 70 00:15:30,200 --> 00:15:32,759 Veredes, encántame escoitar estes vellos discos, 71 00:15:32,759 --> 00:15:37,291 pero non tanto coma escoitar as vosas historias. 72 00:15:37,382 --> 00:15:39,259 Quero saber de vós. 73 00:15:39,342 --> 00:15:42,767 Velaquí temos un pequeno relato do Nadal de Sluggins Rex, 74 00:15:42,849 --> 00:15:47,143 que escribe dende as Siltlands coa seguinte reminiscencia: 75 00:15:48,545 --> 00:15:52,136 "A xente igual se queixa do Nadal no Ermo, 76 00:15:52,220 --> 00:15:54,720 pero é mellor que nos Refuxios. 77 00:15:54,804 --> 00:16:00,269 Dígovolo eu, que o ano pasado celebrei o Nadal nun refuxio e foi unha merda. 78 00:16:00,353 --> 00:16:03,674 Montaron a celebración do Nadal en plan festa hawaiana 79 00:16:03,759 --> 00:16:06,020 e foi patético e charramangueiro. 80 00:16:06,105 --> 00:16:09,747 Déronme a probar o porco ao estilo kalua 81 00:16:09,833 --> 00:16:12,275 e resulta que era unha salchicha de cóctel. 82 00:16:12,360 --> 00:16:15,232 Vaia decepción. 83 00:16:15,317 --> 00:16:17,931 E mira que levaba anos sen estar con xente. 84 00:16:18,017 --> 00:16:20,973 Pois aínda así decateime do lamentable que foi. 85 00:16:21,060 --> 00:16:23,200 Supoño que pode considerarse un regalo do Nadal 86 00:16:23,200 --> 00:16:25,879 saber que un é máis interesante 87 00:16:25,967 --> 00:16:28,509 que todos os refuxiados. 88 00:16:28,599 --> 00:16:32,344 Iso faime pensar que quizais Papá Noel me escoita. 89 00:16:32,433 --> 00:16:38,051 Así que, Papá Noel, se estás escoitando, que volva o auténtico porco kalua. 90 00:16:38,140 --> 00:16:41,680 Todos temos visto eses porcos xigantes deambulando polo Ermo. 91 00:16:41,763 --> 00:16:46,353 Estou bastante seguro de que os vin, ou polo menos as nubes de po que levantan. 92 00:16:46,437 --> 00:16:51,736 Imaxinade que todos os oíntes nos xuntamos para unha partida de caza, 93 00:16:51,820 --> 00:16:54,340 a metade escavamos buratos xigantes, 94 00:16:54,422 --> 00:16:59,025 enchémolos con esas pedras quentes que hai agora que nunca se apagan 95 00:16:59,108 --> 00:17:04,333 e a ver se conseguimos que o cabrón do porco saiba a kalua. 96 00:17:05,039 --> 00:17:06,819 Eu heino probar. Prometido. 97 00:17:06,907 --> 00:17:11,775 Podedes quedar a mirar se me saen tumores na cara ao momento 98 00:17:11,864 --> 00:17:14,714 como aquela vez que volveron cultivar millo." 99 00:17:14,802 --> 00:17:16,951 A min paréceme ben, Sluggins. 100 00:17:17,039 --> 00:17:19,380 Serei o primeiro en unirme á túa partida de caza. 101 00:17:20,159 --> 00:17:24,019 Quen recoñece esta melodía clásica do Nadal? 102 00:22:42,193 --> 00:22:46,916 Esteades escoitando todas as dedicatorias ou non, 103 00:22:47,000 --> 00:22:49,940 eu sempre vos hei querer. 104 00:22:50,459 --> 00:22:51,680 Nada pode cambiar iso. 105 00:27:18,549 --> 00:27:22,009 Amigos, quérovos a todos e cada un de vós. 106 00:27:22,349 --> 00:27:25,909 Sinto o voso amor volvendo a min coma un sonar. 107 00:27:26,190 --> 00:27:29,430 Golpéame forte coma unha onda expansiva. 108 00:27:29,513 --> 00:27:32,265 Seguide mandando dedicatorias. 109 00:36:17,250 --> 00:36:19,630 Velaquí unha carta de Angry Ron. 110 00:36:20,429 --> 00:36:26,809 Ron di: "Estou anoxado porque soan as mesmas cancións do Nadal ano tras ano. 111 00:36:26,899 --> 00:36:29,860 A min xa non me din nada. 112 00:36:29,949 --> 00:36:36,679 Que terá que ver coa miña vida a canción sobre un neno que naceu a 8000 km? 113 00:36:36,769 --> 00:36:39,389 Eu respondo á arte que reflicte a miña experiencia. 114 00:36:39,478 --> 00:36:45,052 Por favor, pon algunha cousa moderna que se compuxese no Ermo." 115 00:36:45,142 --> 00:36:48,198 Síntoo, Ron, se cadra estás enfadado, 116 00:36:48,289 --> 00:36:51,650 pero estas cancións son as únicas que temos na emisora de radio. 117 00:36:51,734 --> 00:36:56,285 Todas as demais perdéronse en incendios provocados por saqueadores. 118 00:36:56,369 --> 00:37:02,508 Así que por quinta vez esta noite soará God Rest Ye Merry Gentlemen. 119 00:45:44,859 --> 00:45:48,743 Seguimos con máis felicitacións e dedicatorias do Nadal. 120 00:45:48,827 --> 00:45:53,922 Velaquí temos unha de Andy C., que di: "Encántanme as vellas melodías, 121 00:45:54,005 --> 00:45:56,845 pero atragóaseme un pouco cantar panxoliñas do Nadal 122 00:45:56,929 --> 00:46:00,349 sabendo que levo comido máis de cen persoas." 123 00:46:00,440 --> 00:46:05,418 Tranquilo, Andy, deixaremos que os discos canten por ti. 124 00:46:05,510 --> 00:46:10,090 Andy segue dicindo: "Cantar Rudolph, o reno do nariz encarnado 125 00:46:10,090 --> 00:46:12,230 custoume moito logo de matar un home. 126 00:46:12,589 --> 00:46:15,170 Pero logo de devorar toda a súa familia, 127 00:46:15,256 --> 00:46:20,592 non fun quen de a seguir cantando sen me desfacer en bágoas. 128 00:46:20,679 --> 00:46:23,432 É que lle resta felicidade ao Nadal 129 00:46:23,519 --> 00:46:27,435 comer as persoas coas que adoitabas celebralo. 130 00:46:27,521 --> 00:46:31,524 Agora que sei a que sabe a vesícula biliar humana, cantaría 131 00:46:31,609 --> 00:46:33,675 Noite de paz. 132 00:46:33,761 --> 00:46:36,903 Como podo pensar en algo que non sexa a bile? 133 00:46:36,989 --> 00:46:38,619 É fácil cantar as palabras, 134 00:46:38,697 --> 00:46:40,949 pero esas palabras xa non significan nada. 135 00:46:41,037 --> 00:46:44,409 E que é unha zorra? 136 00:46:45,284 --> 00:46:49,401 Diría que en 400 anos nunca escoitei os cascabeis dunha zorra. 137 00:46:49,489 --> 00:46:52,409 Podo matar e comer os meus amigos e veciños. 138 00:46:52,499 --> 00:46:56,522 Pero iso da zorra tirada por renos non me di nada. 139 00:46:56,611 --> 00:47:02,959 Botáronme dunha cea familiar por dicir que estabamos comendo a meu curmán. 140 00:47:03,049 --> 00:47:06,349 Nunca fales de quen estás comendo mentres o estás comendo. 141 00:47:06,435 --> 00:47:10,195 A xente coa que estaba di que dá arcadas. 142 00:47:10,281 --> 00:47:14,862 Eu iso non podo aseguralo, pero podo asegurar que amola a xente. 143 00:47:14,949 --> 00:47:17,409 Oxalá non comera tanta xente. 144 00:47:17,493 --> 00:47:20,828 Así tería compañía que me faría sentir mellor." 145 00:47:20,911 --> 00:47:23,998 Verás, Andy C., non podo facerte sentir mellor 146 00:47:24,081 --> 00:47:28,543 porque acabas de relatar os actos dunha persoa diabólica. 147 00:47:28,627 --> 00:47:31,379 Pero que te xulgue Deus. 148 00:47:31,462 --> 00:47:33,256 Velaquí un vello clásico. 149 00:55:56,349 --> 00:56:00,049 George Washington Thizz, de Sandy Gulch, di: 150 00:56:00,049 --> 00:56:03,150 "A guerra nunca cambia. O Nadal tampouco. 151 00:56:03,150 --> 00:56:06,230 Todos os anos as mesmas cancións. Non te decataches? 152 00:56:07,670 --> 00:56:09,650 Pois a min gústame, George. 153 00:56:10,089 --> 00:56:14,190 Verás, vivir nun lugar onde nunca sabes ben onde estás 154 00:56:14,274 --> 00:56:18,656 por estares rodeado de dunas móbiles de area 155 00:56:18,739 --> 00:56:24,666 fai que vexa as cancións do Nadal como estrelas que me guían durante o ano. 156 00:56:24,750 --> 00:56:28,589 Cando as escoito, sei que o Nadal non anda lonxe. 157 01:00:57,480 --> 01:01:02,059 Son o DJ don Nova Vegas e encántame o teu estilo. 158 01:01:02,142 --> 01:01:05,108 Atráesme, oíches? 159 01:06:56,746 --> 01:07:01,216 Velaquí unha carta dun vello ouvinte, P., de D. E. 160 01:07:01,550 --> 01:07:03,950 Di: "Todos os anos escoito o teu programa." 161 01:07:04,031 --> 01:07:05,094 Grazas, P. 162 01:07:05,176 --> 01:07:10,247 "E penso na xente coa que pasei os anteriores Nadais, 163 01:07:10,330 --> 01:07:11,789 coméndoos ou matándoos. 164 01:07:12,390 --> 01:07:15,750 Como Jimmy Cain, que viña comigo cantar panxoliñas 165 01:07:15,832 --> 01:07:19,653 para distraer as nosas vítimas mentres lles roubabamos. 166 01:07:20,275 --> 01:07:23,888 Púxose un pouco pesado coa súa metade do botín, 167 01:07:23,972 --> 01:07:26,131 así que lle metín unha bala nos miolos. 168 01:07:26,962 --> 01:07:31,364 Ou en Melissa, que decoraba os corredores ao grande 169 01:07:31,447 --> 01:07:34,354 e enchía o noso contedor colapsado 170 01:07:34,437 --> 01:07:37,926 con toda clase de bichos luminosos radioactivos 171 01:07:38,008 --> 01:07:40,126 coma se fose a decoración do Nadal. 172 01:07:40,832 --> 01:07:44,861 Saíronlle tumores malignos e tiven que acabar co seu sufrimento. 173 01:07:46,730 --> 01:07:49,310 E como esquecer a Big Sarah, 174 01:07:49,394 --> 01:07:52,893 que capitaneaba a alegre zorra 175 01:07:52,978 --> 01:07:56,562 cando a enganchamos a unhas Brahmins cabreadas 176 01:07:56,647 --> 01:08:01,085 e percorremos xuntos case 200 quilómetros polo Ermo. 177 01:08:01,170 --> 01:08:03,170 Non foi agradecida abondo, 178 01:08:03,470 --> 01:08:06,070 así que tamén lle metín unha bala nos miolos. 179 01:08:06,584 --> 01:08:13,100 Pero penso moito nela porque me levou moito tempo secar 180 01:08:13,185 --> 01:08:17,643 e despois devorar a súa abundante carne da perna. 181 01:08:17,729 --> 01:08:18,988 Tiña unhas pernas enormes e magníficas. 182 01:08:19,095 --> 01:08:23,416 Non dende un punto de vista sexual, senón alimentario. 183 01:08:24,590 --> 01:08:27,649 Atopei un quiste enorme nunha das pernas 184 01:08:27,734 --> 01:08:30,152 que tiña un dente completamente desenvolvido. 185 01:08:30,652 --> 01:08:34,781 Por favor, ponme Angels We Have Heard on High." 186 01:17:27,372 --> 01:17:29,916 Son o DJ don Nova Vegas. 187 01:17:29,999 --> 01:17:32,543 E mentres nos teñamos un ao outro, 188 01:17:32,626 --> 01:17:36,672 non viviremos totalmente sós na miseria. 189 01:17:37,340 --> 01:17:40,859 Velaquí unha carta de Hard Ted, de Heartland. 190 01:17:41,569 --> 01:17:44,580 Ted di: "Por favor, pon Let It Snow. 191 01:17:44,663 --> 01:17:46,545 Boto en falta a neve. 192 01:17:46,630 --> 01:17:49,390 Era moi fría, creo, 193 01:17:49,473 --> 01:17:54,032 pero non coma o frío que sentes ao lamber uranio sen querer, 194 01:17:54,115 --> 01:17:59,342 ou coma o frío que tes ao durmir nun recuncho balorento. 195 01:17:59,426 --> 01:18:03,692 Oxalá puidese ver neve que non fose metal radioactivo 196 01:18:03,775 --> 01:18:06,535 desprendendo lascas ardendo. 197 01:18:06,619 --> 01:18:09,239 Recordo cando a neve 198 01:18:09,321 --> 01:18:13,943 caía dende unha… Como se chama? Nube? 199 01:18:14,027 --> 01:18:17,982 Estaba intentado recordar como era andar subido nunha zorra, 200 01:18:18,065 --> 01:18:21,562 pero por algún motivo, cando penso en zorras só me vén á cabeza 201 01:18:21,646 --> 01:18:26,309 a imaxe de pel desprendéndose de cadáveres carbonizados e ósos crebados. 202 01:18:26,393 --> 01:18:29,016 O ano pasado pareceume ver neve, 203 01:18:29,099 --> 01:18:34,969 pero resulta que eran un lote de térmites que saían voando dun celeiro. 204 01:18:35,052 --> 01:18:37,218 O que queira que houbese nese celeiro 205 01:18:37,300 --> 01:18:41,464 debía ser moito peor ca unha praga de térmites. 206 01:18:41,547 --> 01:18:44,504 E isto é o que cavilo ultimamente." 207 01:18:45,004 --> 01:18:48,042 Coma todos, Ted. Bo Nadal. 208 01:18:48,126 --> 01:18:49,541 Toma uns químicos 209 01:18:49,625 --> 01:18:54,330 a ver se dás esquecido por completo a túa situación. 210 01:29:11,409 --> 01:29:13,408 E ata aquí chegamos, amigos. 211 01:29:15,240 --> 01:29:16,240 Seguide vivos aí fóra. 212 01:29:17,680 --> 01:29:18,680 Tecnicamente eu non o estou. 213 01:29:18,756 --> 01:29:21,965 Despídese de vós don Nova Vegas. 214 01:29:22,539 --> 01:29:27,659 Bo Nadal a todos e boa noite.